A Thousand Leaves

álbum de Sonic Youth de 1998

A Thousand Leaves é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 12 de maio de 1998 polo selo DGC Records. Foi o seu primeiro grande traballo en ser gravado no seu estudo privado de Manhattan, chamado Echo Canyon e construído cos cartos que gañaron no festival de Lollapalooza de 1995. Como a banda tivo liberdade de tempo para traballar no seu estudio, o álbum conta con varios temas longos e de carácter improvisado que foron desenvolvidos desigualmente. Tres EPs altamente experimentais, Anagrama, Slaapkamers met slagroom e Invito al ĉielo, foron gravados de xeito simultáneo a este disco.

A Thousand Leaves
Álbum de Sonic Youth
Publicado12 de maio de 1998
Gravación1997 - 1998
Duración73:36
Xénero(s)rock alternativo, rock experimental
Selo(s)DGC Records
Producido porSonic Youth, Wharton Tiers
Cronoloxía
SYR3: Invito Al Ĉielo A Thousand Leaves Silver Session for Jason Knuth

Tras o seu anzamento o disco acadou o número 85 na lista Billboard 200[1] e o 38 na lista británica de álbums.[2] A canción "Sunday" foi editada como sinxelo contando cun vídeo musical dirixido por Harmony Korine e protagonizado polo actor Macaulay Culkin.[3] En xeral o álbum tivo unha boa recepción, loubando os críticos who praised as longas e tranquilas interaccións de guitarra entre Thurston Moore e Lee Ranaldo. Porén, algúns criticaron a forzada entrega vocal de Kim Gordon e atoparon varias cancións innecesariamente longas e pobremente construídas.

Antecedentes e gravación editar

A Thousand Leaves é a continuación do álbum de 1995 Washing Machine, que foi editado pouco despois de que a banda rematase o seu período como cabeza de cartel do festival de Lollapalooza.[4] Cos cartos que fixeron no festival decidiron construír un estudio de gravación, bautizado como Echo Canyon, na rúa Murray do Lower Manhattan.[4][5] O espazo de preto de tres anos entre Washing Machine e A Thousand Leaves representou o espazo máis longo entre álbums de estudio de Sonic Youth ata a data. O cantante e guitarrista Thurston Moore explicou que a banda precisaba un descanso, destacando que estiveran xirando sen parar durante 16 anos. Moore dixo, "Estamos tendo fillos, estamos facéndonos vellos, imos enfriarnos un pouco e a construír este taller, e seguir así, traballando esa ruta".[6] No seu estudio, a banda comezou a escribir novas cancións de improvisacións ealizadas nos ensaios.[6] Varias jams instrumentais foron editadas como EPs a través do propio selo do grupo, Sonic Youth Recordings, e distribuídas por Smells Like Records, unha discográfica independente fundada polo batería Steve Shelley.[6] Entre eses EPs estaban Anagrama, Slaapkamers met slagroom e Invito al ĉielo'.[6]

Ao ser A Thousand Leaves o primeiro álbum de Sonic Youth en ser gravado no seu propio estudio, a banda tivo máis tempo e lierdade para traballar nel.[6] Como resultado, as cancións evolucionaron de xeito desigual e foron gravadas dende unha fase temperá de desenvolvemento. Segundo o guitarrista Lee Ranaldo, o álbum é "un reflexo de onde estabamos nese momento. Non queríamos facer nada conciso. Estabamos sinxelamente tocando o que queríamos tocar. Realmente non sentíamos que o que tiñabamos que facer era producir outro disco coo Goo".[4] A canción de 11 minutos "Hits of Sunshine (For Allen Ginsberg)" inicialmente quería editarse nun dos EPs como un tema instrumental, pero finalmente foi incluída no álbum con voces.[6] O disco foi coproducido pola banda e o produtor de Confusion Is Sex Wharton Tiers. Foi masterizado por Greg Calbi en Masterdisk, en Nova York.

Edición editar

A Thousand Leaves foi publicado en vinilo, CD e casete o 12 de maio de 1998 por DGC Records.[7] A portada do álbum foi realizada pola artista Marnie Weber, e amosa un hámster e á propia Weber con 10 anos levando cornos de animais.[4] Segundo Moore, a imaxe é unha referencia ao recompilatorio Unlimited Edition da banda alemá de rock experimental Can. Orixinalmente o disco foi titulado Mille Feuille (A Thousand Leaves en francés) e a portada ía ser unha imaxe de Moore sostendo pasteis.[4] Para promocionar o álbum editouse unha versión de "Sunday" para a radio como sinxelo en abril de 1998.[6] A banda tamén promocionou o traballo cunha xira polos Estados Unidos e o Canadá dende maio a xuño dese ano.[8]

Tras o seu lanzamento A Thousand Leaves chegou ao número 85 na lista estadounidense Billboard 200 e ao 38 da list británica de álbums.[1][2] O álbum tamén entrou nas listas doutros países, como Francia, Bélxica, Suecia e Noruega.[9][10][11][12] O sinxelo "Sunday" acadou o número 72 na lista británica de sinxelos e foi finalmente publicado en vinilo e CD o 14 de xullo de 1998, contendo unha versión de Nirvana, "Moist Vagina", como unha das súas caras b.[2][13] Un videoclip dirixido por Harmony Korine e protagonizado por Macaulay Culkin foi realizado para o sinxelo.[14] A banda elixiu a Korine debido ao seu traballo nos filmes Kids (1995) e Gummo (1997), o primeiro dos cales contaba con varios actores novos que anteriormente apareceron no vídeo musical do sinxelo de 1993 "Sugar Kane", incluída a actriz estadounidense Chloë Sevigny. Cara ao mes de xullo de 1999 o álbum levaba vendidas 54.000 copias nos Estados Unidos segundo Nielsen SoundScan.[15], e no ano 2005 levaba unhas vendas de 66.000 unidades.[16]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth. 

N.º TítuloVoces Duración
1. "Contre le sexisme"  Gordon 3:55
2. "Sunday"  Moore 4:52
3. "Female Mechanic Now on Duty"  Gordon 7:43
4. "Wildflower Soul"  Moore, Gordon (coros) 9:04
5. "Hoarfrost"  Ranaldo 5:01
6. "French Tickler"  Gordon 4:52
7. "Hits of Sunshine (For Allen Ginsberg)"  Moore 11:05
8. "Karen Koltrane"  Ranaldo, Moore (coros) 9:20
9. "The Ineffable Me"  Gordon 5:21
10. "Snare, Girl"  Moore 6:38
11. "Heather Angel"  Gordon 6:09
73:36

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Billboard (ed.). "Sonic Youth nas listas da Billboard". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Official Charts (ed.). "A Thousand Leaves nas listas británicas". Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  3. Senses of cinema (ed.). "When Korine Filmed Culkin:(Dis)placing the Child Star in Sunday". Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Browne, David (2008). Goodbye 20th Century: A Biography of Sonic Youth. Da Capo Press. ISBN 0-306-81515-X. 
  5. Music Times (ed.). "6 Albums Named After The Place Where They Were Recorded: The Beatles, Bob Dylan, And More". Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Morris, Chris (11 de abril de 1998). "Geffen's Sonic Youth Turn Over Sound With 'Leaves'". Billboard 110 (15): 14–64. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  7. Sonic Youth (ed.). "A Thousand Leaves". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  8. MTV (ed.). "Sonic Youth Preparing To Release 'A Thousand Leaves' As Tour Looms". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  9. Lescharts.com (ed.). "A Thousand Leaves nas listas francesas". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  10. Ultratop (ed.). "A Thousand Leaves nas listas belgas". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  11. Swedishcharts.com (ed.). "A Thousand Leaves nas listas suecas". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  12. Norwegiancharts.com (ed.). "A Thousand Leaves nas listas norueguesas". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  13. Sonic Youth (ed.). "Sunday". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  14. MTV (ed.). "Thurston Moore Talks About Teaming With Harmony, Macaulay For New Video". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  15. Los Angeles Times (ed.). "Emerging From Under Rock". Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  16. S/FJ (ed.). "You Thought I Was Backing Out". Archived from the original on 12 de agosto de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2016.