Confusion Is Sex

primeiro álbum da banda de rock Sonic Youth

Confusion is Sex é o primeiro álbum de Sonic Youth, orixinalmente editado en 1983 polo selo independente Neutral Records. Foi reeditado no ano 1995 pola DGC con máis temas tirados do EP Kill Yr. Idols. A imaxe da portada é un bosquexo feito pola baixista Kim Gordon do guitarrista Thurston Moore. Esta imaxe foi usada en carteis de concertos nas primeiras etapas da banda.

Confusion Is Sex
Álbum de Sonic Youth
Publicadofebreiro de 1983
Gravación1982 - 1983
Duración35:40 (orixinal)
50:00 (reedición)
Xénero(s)no wave
Selo(s)Neutral Records
Producido porSonic Youth, Wharton Tiers, John Erskine
Cronoloxía
Sonic Youth Confusion Is Sex Kill Yr Idols

O álbum é a segunda edición da banda, despois do EP Sonic Youth lanzado en 1982. Inicialmente foi concibido como un sinxelo, pero a banda decidiu gravar todas as novas cancións compostas para conformar o álbum.[1]

As cancións do álbum saíron dunha segunda sesión de gravación das mesmas, despois de que as cintas das sesións orixinais fosen borradas accidentalmente cando Thurston Moore ou Lee Ranaldo as transportaron dentro do seu amplificador de guitarra de camiño a unha actuación en Europa, descoñecendo que o imán do altofalante podía borrar as cintas.

A portada do disco é un bosquexo de Thurston Moore feito por Kim Gordon usado no cartel dun dos seus primeiros concertos, o 8 de maio de 1981. A contraportada é a fotocopia dunha fotografía da banda en directo.[2]

Gravación editar

Confusion Is Sex foi gravado por Wharton Tiers no seu estudio en Chelsea, Manhattan (que establecera no soto dun edificio onde traballaba como supervisor). Gravouse principalmente durante o curto período de Jim Sclavunos como batería da banda, encargándose da meirande parte das baterías do álbum. Cando as sesións estaban a piques de rematar Sclavunos decidiu deixar o grupo e Bob Bert foi convidado a regresar.[3] Bert aparece en "Making the Nature Scene" e a versión ao vivo de The Stooges "I Wanna Be Your Dog". Confusion Is Sex é o único álbum de Sonic Youth no cal o guitarrista Lee Ranaldo toca o baixo, concretamente na canción "Protect Me You".

A letra de "The World Looks Red" foi escrita por Michael Gira da banda Swans, que despois usaría a mesma letra na canción "The World Looks Red/The World Looks Black" do álbum de Swans de 2016 The Glowing Man.[4]

O tema de The Stooges "I Wanna Be Your Dog" gravouse ao vivo o 15 de novembro de 1982 en Raleigh, Carolina do Norte, durante a xira Savage Blunder que a banda realizou con Swans.[1] Ranaldo gravou o tema "Lee Is Free" só na súa casa con dúas gravadoras de cinta.[5]

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Sonic Youth (Kim Gordon, Thurston Moore, Lee Ranaldo, Jim Sclavunos e Bob Bert), agás "The World Looks Red", por Michael Gira, toda a música composta por Sonic Youth, agás "I Wanna Be Your Dog", por the Stooges.

Cara A
N.º TítuloVoces Duración
1. "(She's in A) Bad Mood"  Moore 5:36
2. "Protect Me You"  Gordon 5:28
3. "Freezer Burn/I Wanna Be Your Dog" (versión de The Stooges)Gordon 3:39
4. "Shaking Hell"  Gordon 4:06
Cara B
N.º TítuloVoces Duración
5. "Inhuman"  Moore 4:03
6. "The World Looks Red"  Moore 2:43
7. "Confusion Is Next"  Moore 3:28
8. "Making the Nature Scene"  Gordon 3:01
9. "Lee Is Free"    3:37
Cancións extra da reedición en CD de 1995 (EP Kill Yr Idols)
N.º TítuloVoces Duración
10. "Kill Yr Idols"  Moore 2:51
11. "Brother James"  Gordon 3:17
12. "Early American"  Gordon 6:07
13. "Shaking Hell (Live)"    3:15

Persoal editar

Sonic Youth
Peroal técnico
  • Wharton Tiers – produción, técnico de son
  • John Erskine – técnico asistente

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Confusion Is Sex". sonicyouth.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 2020-08-29. 
  2. Browne, David, 1960-. Goodbye 20th century : a biography of Sonic Youth (First Da Capo Press edition ed.). New York. ISBN 0-306-81603-2. OCLC 176894836. 
  3. Chick, Stevie. (2008). The psychic confusion : the Sonic Youth story. London: Omnibus. ISBN 0-8256-3606-X. OCLC 213468808. 
  4. "SWANS". first-avenue.com (en inglés). Consultado o 2020-08-29. 
  5. "TRIBUTE: Celebrating 35 Years of Sonic Youth’s Debut Album ‘Confusion Is Sex’". Albumism (en inglés). Consultado o 2020-08-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar