Lee Ranaldo
Lee M. Ranaldo, nado on 3 de febreiro de 1956 en Glen Cove, Nova York, é un músico, escritor, produtor e artista visual estadounidense coñecido por ser vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da banda de rock alternativo Sonic Youth. No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Ranaldo e ao seu compañeiro Thurston Moore o 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos respectivamente.[1] No mes de maio de 2012 a revista Spin publicou unha lista dos 100 mellores guitarristas, e Ranaldo e Moore quedaron situados no número 1.[2]
Lee Ranaldo | |
---|---|
![]() Lee Ranaldo no Rock en Seine 2007 | |
Data nacemento | 3 de febreiro de 1956 (67 anos) |
Nado en | Glen Cove, Nova York ![]() |
Cónxuxe | Leah Singer |
Ocupación | guitarrista, poeta, cantante, compositor, produtor musical, cantautor, músico, artista visual, director de fotografía e artista de instalacións |
Instrumento(s) | guitarra, voz |
Selo(s) discográfico(s) | Neutral, Ecstatic Peace!, Homestead, SST, Enigma, DGC, SYR, Interscope, Matador |
Relacionado con | Sonic Youth, The Cribs, Text Of Light, Plus Instruments |
Tempo en activo | 1980 - presente |
Na rede | |
http://www.leeranaldo.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |

Ranaldo ten tres fillos, Cody Linn Ranaldo, Sage Ranaldo e Frey Ranaldo, e está casado coa artista experimental Leah Singer, coa cal ten feito moitas performances en directo con música improvisada.
Biografía editar
Ranaldo naceu en Glen Cove, Long Island, Nova York. Medrou escoitando discos dos Rolling Stones, The Kinks, Cream, Led Zeppelin, Talking Heads e Television, e graduouse na Binghamton University.
Mentres estaba na universidade tocou nunha banda experimental de punk rock chamada Fluks. En 1979 trasladouse a Brooklyn onde intentou revivir Fliks e onde se uniu a diversos proxectos como Rhys Chatham e Plus Instruments. A través de Chatham coñecería ao compositor Glenn Branca e uniuse á súa orquestra de guitarras eléctricas.[3] Un ano máis tarde Thurston Moore oganizou o Noise Festval na galería de arte White Columns e convidouno a formar parte do seu grupo, no que tamén estaba a súa moza Kim Gordon, nacendo así Sonic Youth. Ao pouco tempo uniríaselles o batería Richard Edson.
Ademais da súa actividade con Sonic Youth, Ranaldo ven sendo unha figura moi activa na escena musical de Nova York, gravando e colaborando con numerosos artistas, producindo discos, e publicando varios libros.[3]
Entre as gravacións en solitario de Ranaldo atópanse Dirty Windows, unha colección de textos falados con música; Amarillo Ramp (For Robert Smithson), pezas para guitarra; e Scriptures of the Golden Eternity. Escribiu tamén libros, moitos dos cales inclúen imaxes e fotografías da súa muller, como Bookstore, Road Movies e Jrnls80s.
Discografía en solitario editar
Álbums editar
Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
From Here to Infinity | 1987 | SST Records, Blast First | |
Scriptures of the Golden Eternity | 1993 | Father Yod, Drunken Fish Records | |
Dirty Windows | 1999 | Barooni | |
Amarillo Ramp (For Robert Smithson) | 2000 | Starlight Furniture Co. | |
Outside My Window The City Is Never Silent - A Bestiary | 2002 | Chocolate Monk, Hell's Half Halo | |
Music for Stage and Screen | 2004 | Les Disques Du Soleil Et De L'Acier | |
Ambient Loop for Vancouver | 2006 | Important Records | |
Maelstrom from Drift | 2008 | Three Lobed Recordings | |
Between the Times and the Tides | 2012 | Matador Records | |
Last Night on Earth | 2013 | Matador Records | con The Dust |
Acoustic Dust | 2014 | El Segell | con The Dust |
Electric Trim | 2017 | Mute Records |
EPs e sinxelos editar
- A Perfect Day EP (1992)
- Broken Circle / Spiral Hill EP (1994)
- Countless Centuries Fled Into The Distance Like So Many Storms EP (2008)
Recompilatorios editar
- East Jesus - 1995
Notas editar
- ↑ http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-of-all-time-19691231/lee-ranaldo-19691231
- ↑ "SPIN's 100 Greatest Guitarists of All Time .". spin.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 03 de febreiro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 Billboard (ed.). "Biografía en Billboard". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |