Aérospatiale SA 315B Lama

O Aérospatiale SA 315B Lama é un helicóptero francés dun motor desenvolvido para cumprir os requistos operativos en ambientes quentes e de gran altitude das Forzas Armadas da India. Combina a célula máis lixeira do Aérospatiale Alouette II cos compoñentes e o motor do Alouette III. O Lama ten un rendementoexcepcional a gran altitude; o 21 de xuño de 1972 o tipo estableceu un récord de altitude absoluto para helicópteros de 12 442 metros que non sería superado ata setembro de 2017.

Aérospatiale SA 315B Lama
Aerospatiale SA-315B HB-XTM.jpg
Tipohelicóptero utilitario
FabricanteAérospatiale, Helibras, Hindustan Aeronautics Limited
Primeiro voo17 de marzo de 1969
Introducidoxullo de 1971

O helicóptero foi fabricado baixo licenza por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) na India, coñecido como o Cheetah; HAL posteriormente desenvolveu unha versión mellorada, impulsada polo motor Turbomeca TM 333-2M2, coñecida como Cheetal. HAL tamén fabricou unha versión armada, comercializada como Lancer. O modelo tamén foi producido baixo licenza por Helibras en Brasil co nome de Gavião.

Deseño e desenvolvementoEditar

O SA 315B Lama foi deseñado orixinalmente para cumprir un requerimento do Servizo Aéreo do Exército de Nepal e a Forza Aérea da India para un helicóptero capaz de relizar operacións en condicións quentes e altas. No Himalaia incluso os helicópteros medios relativamente potentes non podían operar de xeito efectivo, polo que os dous países desexaban un vehículo aéreo capaz de traballar nese ambiente desafiante.[1] Para conseguir o rendemento desexado Aérospatiale elixiu combinar elementos de dous pupulares helicópteros da compañía, o Aérospatiale Alouette II e o Aérospatiale Alouette III, para producir un novo aparello especializado en tarefas a alta altitude. O novo helicóptero, chamado Lama, estaba impulsado polo motor Turbomeca Artouste do Alouette III e os seus sistemas dinámicos, e equipouse cunha versión reforzada da célula do Alouette II.[1][2]

 
SA-315B Lama

O 17 de marzo de 1969 o primeiro SA 315B, equipado cun motor Artouste IIB, realizou o seu primeiro voo.[1] O 30 de setembro de 1970 o tipo obtivo o seu certificado de aeronavegabilidade e entrou en servizo en xullo de 1971. Debido ao seu bo rendemento a alta altitude, o Lama fíxose rapidamente popular con operadores de todo o mundo, sebdo frecuentemente despregado en ambientes montañosos.[1] Ao igual que a serie Alouette, o modelo podía realizar varios roles, como transporte lixeiro de pasaxeiros, tarefas agrícolas, exploración de gas e petróleo, ou loita antiincendios. Entre as tarefas das variantes militares do Lama estaba o enlace, observación, fotografía, rescate, transporte e ambulancia. O SA315B é particularmente axeitado para áreas montañosas debido ao seu rendemento e pode transportar cargas de ata 1 000 kg. En decembro de 1976 68 operadores pediran un total de 191 unidades.[3]

Un bo número de SA 315B Lama foi fabricado baixo licenza na India por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) co nome Cheetah. Despois de tres décadas dende o inicio da produción na India, HAL aínda recibía pedidos para exportar o Cheetah orixinal. Xunto co Alouette III, o Cheetah foi un produto clave para HAL; a experiencia fabricando este modelo axudou posteriormente ao desenvolvemento de helicópteros avanzados propios como o HAL Dhruv.[4] Durante os anos 90 HAL desenvolveu un helicóptero de ataque lixeiro baseado no Cheetah, bautizado como Lancer.[5]

En 2006 HAL propuxo unha variante modernizada para o Exército da India designada como Cheetal. O principal cambio foi a adopción dun moderno e máis potente motor Turbomeca TM 333-2M2 no lugar do Artouste. Outras melloras son novos avisos de advertencia, un gravador de voces de cabina, sistema de monitorización de voo, horizonte artificial, e eectrónicas modernizadas. Ese ano a Forza Aérea da India ordeonou 10 Cheetal.[6][7] En febreiro de 2013 anunciouse que os exércitos da India e do Nepal asinaran un contrato duns 55 millóns de dólares para a adquisición urxente doutros 20 Cheetal.[7][8]

VariantesEditar

 
HAL Cheetah do Exército indio.
SA 315B Lama
Derivado do SE 3150, foi deseñado para operacións a alta altitude usando un motor turboeixo de 650kW Turbomeca Astazou IIIB. Esta versión aínda mantén o récord absoluto de altitude para todos os tipos de helicópteros dende 1972: 12 442 m.
HB 315B Gaviao
Versión brasileira construída baixo licenza do SA 315B Lama.[9]
HAL Cheetah
Versión india construída baixo licenza do SA 315B Lama.[9]
HAL Lancer
Variante armada para combate. Os cambios inclúen blindaxe composto, vidro temperado, e visor de disparo. Entre o armamento inclúense dous postos de armas desechables, cada unha delas cunha metralladora de 12,7 mm e ata tres foguetes de 70 mm.[10][11]
HAL Cheetal
Variante modernizada equipada co motor Turbomeca TM333-2M2. A velocidade aumentouse a 210 km/h e o alcance a 560 km.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The Mountain King". Vertical. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "Aérospatiale SE 313B Alouette II". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  3. "SA.315B Lama". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  4. Kjelgaard 1982, pp. 1772-1773
  5. "High hopes". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  6. "Cheetal". HAL. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "HAL’s Cheetal Meets Indian Army’s Urgent Needs". AINonline. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  8. "Army, HAL sign Rs 300 cr deal for 20 Cheetal choppers". Business Standard. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 Chant 2014, p. 348
  10. "Army turns to HAL for Lancer supply". The Times of India. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  11. "Lancer". HAL. Consultado o 28 de outubro de 2018. 

BibliografíaEditar

  • Kjelgaard, Chris. "HAL spools up." Flight International, 18 de decembro de 1982.