Richard Patrick

músico estadounidense

Richard Patrick, nado en Needham (Massachusetts) o 10 de maio de 1968, é un músico estadounidense. É o líder da banda Filter, un dos membros fundadores do supergrupo Army of Anyone, e traballou como guitarrista de xira en Nine Inch Nails.

Infotaula de personaRichard Patrick

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Needham, Massachusetts, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónBay High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , músico , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoReprise Records Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRobert Patrick Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0665912 Rottentomatoes: celebrity/richard_patrick_2
Twitter: RichardPatrick Last fm: Richard+Patrick Musicbrainz: 5bcda370-1cd4-40ce-89a5-6ec6a0a7fc79 Discogs: 189454 Allmusic: mn0000852032 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nine Inch Nails

editar

Despois de coñecer a Trent Reznor nunha tenda de música de Cleveland, Patrick traballou como guitarrista de xira na encarnación ao vivo da banda de Reznor Nine Inch Nails. Eztivo no grupo de 1989 ata 1993 e a súa única contribución gravada pode escoitarse ao final do tema "Sanctified", do álbum Pretty Hate Machine. Patrick tamén apareceu nos vídeos musicais de "Down in It", "Head Like a Hole", "Wish", e nun dos dous vídeos promocionais de "Gave Up" (xunto con Marilyn Manson). Decidiu abandonar o grupo durante a gravación do álbum The Downward Spiral en 1993.

Filter

editar

Despois de saír de Nine Inch Nails, Patrick formou a súa propia banda, Filter, con Brian Liesegang, o cal deixou o grupo despois de gravar o seua álbum de estrea, Short Bus, editado en 1995. Catro anos despois Richard Patrick editou o segundo álbum de Filter, Title of Record, coa axuda do guitarrista Geno Lenardo.

O terceiro disco do grupo, The Amalgamut, lanzouse no ano 2002, cancelando Patrick a meirande parte dos concertos da súa xira de promoción para rehabilitarse dos seus problemas co alcol, que levaban con el varios anos.

Despois de cinco anos de hiato, Filter editou o seu quinto álbum o 13 de maio do 2008 co título Anthems for the Damned. Patrick gravou as voces a ameirande parte dos instrumentos, agás as baterías, interpretadas por Josh Freese. Nesa época tamén traballou con Wes Borland e John 5 nun feixe de cancións.

O quinto traballo da banda, The Trouble with Angels, foi editado o 17 de agosto do ano 2011. Patrick gravou o álbum coa banda da xira de Anthems for the Damned, formada por Mikea Fineo, Mitch Marlow e John Spiker.

Army of Anyone

editar

Mentres escribía os temas para o cuato disco de Filter, Patrick chamou aos irmáns DeLeo de Stone Temple Pilots para que o axudasen a compoñer un tema. O resultado foi unha canción chamada "A Better Place". Debido á quimica que existiu entre os tres nesta composición, decidiron formar un supergrupo que recibiría o nome de Army of Anyone.

O 25 de setembro do 2005 anunciouse a formación de Army of Anyone, e, ademais de Dean e Robert DeLeo, uniuse á banda Ray Luzier, o antigo batería de David Lee Roth.

Army of Anyone, o seu único álbum, foi lanzado o 14 de novembro do 2006. O seu primeiro sinxelo, "Goodbye", acadou o nñumero 3 da lista estadounidense Mainstream Rock Tracks. O 26 de maio do 2007 o grupo realizou o seu último concerto en El Paso, Texas.