Dream Wife (grupo musical)
Dream Wife é unha banda baseada en Londres cun son que mestura punk rock, pop e indie rock.[1][2][3] O grupo está composto por Rakel Mjöll (voz principal), Alice Go (guitarra e voces) e Bella Podpadec (baixo e voces).[4]
Dream Wife | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 2016-presente |
Xénero(s) | punk rock, pop punk, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Lucky Number Music |
Membros | Alice Go Rakel Mjöll Bella Podpadec |
Na rede | |
https://dreamwife.co | |
En 2018 a banda foi incluída na lista da revista Rolling Stone das "13 mellores cousas que vimos" nese ano no festival Lollapalooza.[5] Kev Geoghegan e Paul Glynn de BBC Music dixeron que Dream Wife "era unha banda asombrosa e unha das novas bandas máis comentadas de a 2018".[6] Joe Lynch de Billboard escribiu "Dream Wife é indiscutibelmente unha das bandas de rock en vivo máis emocionantes que xurdiron nos últimos anos".[7]
Historia
editarA vocalista Rakel Mjöll naceu en Islandia e pasou oito anos da súa infancia vivindo en Santa Clara e San Jose, California.[8] Tivo formación en jazz e ópera na súa adolescencia en Reiquiavik.[7] A baixista Bella Podpadec, criada en Somerset, coñeceu á guitarrista Alice Go na Mid-Somerset Battle of the Bands.[9] As tres mulleres asistiron á Universidade de Brighton e no ano 2014 formaron a banda como un proxecto da escola de arte.[4] O trío tivo a idea de formar unha "banda de rapazas falsa" e graváronse a si mesmas compoñendo as cancións que finalmente interpretarían na exposición dunha galería de arte.[4][10] A película foi rodada como un mockumentary inspirado por This Is Spinal Tap.[2][4][10] Tras graduarse a banda mudouse a Londres.[1][2][11]
A banda colleu o seu nome da comedia romántica de 1953 Dream Wife, protagonizada por Cary Grant e Deborah Kerr.[4] As súas letras a miúdo abordan cuestións relacionadas co feminismo, os roles de xénero, a imaxinería corporal e a obxectificación sexual.[1][2][10][12] Os membros da banda citaron como infliencias a artistas como Be Your Own Pet, Sleigh Bells, Le Tigre, Debbie Harry, Grimes, David Bowie e Madonna.[2][4][7][10] Durante os seus concertos o grupo é coñecido por promulgar unha política de "bitches-to-the-front" onde piden á audiencia que permitan ás mulleres que queiran facer mosh xuntas que se coloquen preto do escenario.[6][12]
En 2016 a banda publicou o seu primeiro EP autotitulado a través de Cannibal Hymns. O EP foi gravado na casa dos pais de Go en Somerset co seu pai tocando a batería. O ano seguinte publicaron outro EP titulado Fire. O título estivo inspirado en parte polo feito de que as tres membros da banda naceran baixo sígnos astrolóxicos de lume.[1][13] Ese mesmo ano xiraron polo Canadá e tamén tocaron en festivais como o Iceland Airwaves en Reiquiavik e o South by Southwest en Austin, Texas.[2][3][4]
En 2018 editaron o seu álbum de estrea, Dream Wife, con críticas positivas: Joe Goggins de The Independent deulle 4 de 5 estrelas e destacou que "publicaron un disco de estrea que non soa como un traballo DIY; é unha peza pulida e segura de punk melódico".[12] Leonie Cooper de NME deulle 10 de 10 e escribiu: "Maldita sexa, estivemos esperando moito tempo por unha banda como Dream Wife".[11] Emma Swann de DIY puntuouno con 4 de 5 e dixo: "Ás veces temos as bandas que queremos: ás veces - como no caso de Dream Wife - tamén son as bandas que necesitamos".[14]
A banda continuou o lanzamento do seu disco cunha extensa xira por Europa e Norteamérica, abrindo para The Vaccines e Sunflower Bean nalgúns dos seus concertos nos Estados Unidos e o Canadá, para The Kills noutras datas nos Estados Unidos e para Garbage no Reino Unido, Alemaña e Francia.[1] Ese mesmo ano a banda actuou en varias cidades de Australia como parte do St Jerome's Laneway Festival. No outono de 2018 Dream Wife comezou a súa primeira xira por Norteamérica como cabeza de cartel.[15]
Orixinalmente a banda saía de xira cunha caixa de ritmos, pero agora está acompañada polo batería Alex Paveley.[3][16]
En 2020 a banda lanzou o seu segundo álbum de estudio, So When You Gonna..., con críticas xeralmente positivas. O son do disco comparouse co de varias bandas lideradas por mulleres, como Yeah Yeah Yeahs.[17]
O 9 de xuño de 2023 Dream Wife publicou o seu terceiro álbum de estudio, Social Lubrication.[18]
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Dream Wife | 2018 | Lucky Number |
So When You Gonna... | 2020 | Lucky Number |
Social Lubrication | 2023 | Lucky Number |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Dream Wife: 'We don't fit that mould of how people think women in music should be'". Independent. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Review: Dream Wife, 'Dream Wife'". NPR Choice. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-03-12.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Canadian dream inspired Dream Wife, fast-rising band playing Toronto on Saturday | The Star". thestar.com (en inglés). Consultado o 2019-03-12.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Lester, Paul (2016-02-19). "New band of the week: Dream Wife (No 91)". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-03-11.
- ↑ Klinkenberg, Althea Legaspi,Brendan; Legaspi, Althea; Klinkenberg, Brendan (2018-08-06). "Lollapalooza 2018: The 13 Best Things We Saw". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-03-11.
- ↑ 6,0 6,1 Glynn, Kev Geoghegan and Paul (2018-05-25). "Six acts to discover at Biggest Weekend" (en inglés). Consultado o 2019-03-13.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Dream Wife on Accidentally Creating 'A Party Album' & Why Bands Are Like Marriages". Billboard. Consultado o 2019-03-12.
- ↑ "Dream Wife Hops the Pond - March 16, 2017". SF Weekly (en inglés). 2017-03-16. Consultado o 2019-03-12.
- ↑ "A Chat With: Dream Wife". ANCHR Magazine (en inglés). Consultado o 2019-03-12.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 "Dream Wife: Dream Wife". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-03-13.
- ↑ 11,0 11,1 Cooper, Leonie. "Dream Wife - 'Dream Wife' review". NME (en inglés). Consultado o 2019-03-13.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "Dream Wife stick two fingers up at the patriarchy with their live show in Manchester - review". The Independent (en inglés). 2018-03-26. Consultado o 2019-03-13.
- ↑ "London Band Dream Wife Have Made The Perfect Song For Leo Season". The FADER (en inglés). Consultado o 2019-03-13.
- ↑ Swann, Emma. "Dream Wife - Dream Wife". DIY (en inglés). Consultado o 2019-03-13.
- ↑ "Meet Dream Wife: the U.K. punk band redefining 'girl power'". www.phillyvoice.com. Consultado o 2019-03-13.
- ↑ Foster, Amelia. "Dream Wife’s feminist fury rocks the Entry". City Pages. Consultado o 2019-03-13.
- ↑ Wadia, Helena (2020-07-01). "Dream Wife – 'So When You Gonna...' review: the swagger of Yeah Yeah Yeahs and the sneer of riot grrrl". NME (en inglés). Consultado o 2023-06-10.
- ↑ "Social Lubrication, by Dream Wife". Dream Wife (en inglés). Consultado o 2023-06-10.