Cary Grant

actor estadounidense de orixe inglesa

Archibald Alexander Leach, coñecido como Cary Grant, nado en Bristol o 18 de xaneiro de 1904 e finado en Davenport o 29 de novembro de 1986, foi un actor estadounidense de orixe inglesa. Chegou a ser un dos actores de Hollywood máis populares durante décadas, non só polo seu atractivo físico, senón tamén pola súa elegancia, o seu encanto e a súa agudeza. Del dicíase que actuaba ben ata de costas.[1] Traballou con moitas grandes divas do cinema de Hollywood da súa época: Marlene Dietrich, Mae West, Grace Kelly, Marilyn Monroe, Rita Hayworth, Katharine Hepburn, Sophia Loren, Joan Fontaine, Ingrid Bergman, Ginger Rogers, Doris Day, Deborah Kerr e Audrey Hepburn entre outras. O personaxe de James Bond inspírase parcialmente nel. Segundo a lista do American Film Institute, está considerado a segunda estrela masculina máis importante dos primeiros cen anos do cine estadounidense.

Cary Grant
Nome completoArchibald Alec Leach
Nacemento18 de xaneiro de 1904
LugarBristol
Falecemento29 de novembro de 1986
LugarDavenport
CausaIctus
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino Unido
Educado enBishop Road Primary School, Fairfield Grammar School e Fairfield High School
PaiElias James Leach
NaiElsie Kingdom
Cónxuxe(s)Virginia Cherrill, Barbara Hutton, Betsy Drake, Dyan Cannon e Barbara Harris
FillosJennifer Grant
Profesiónactor de cinema, escritor, autobiógrafo, actor de teatro, produtor de cinema, empresario, humorista, artista de circo e actor
Na rede
IMDB: nm0000026 Allocine: 925 Rottentomatoes: celebrity/cary_grant Allmovie: p28204 TCM: 75180 TV.com: people/cary-grant IBDB: 78289
Musicbrainz: 3a7bfafe-7471-4f18-aacd-4ea535da3a98 Discogs: 639110 WikiTree: Leach-1751 Find a Grave: 1667 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cary Grant

Adoitaba desempeñar papeis de galán, simbolizando a elegancia.

Filmografía editar

Notas editar

  1. "Cary Grant: la doble cara del ‘gentleman’". El país. 1 de febreiro de 2013. Consultado o 1 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar