Le Tigre é unha banda estadounidense de rock electrónico formada por Kathleen Hanna (antes en Bikini Kill) e Johanna Fateman en 1998 en Nova York. Tamén contou con Sadie Benning dende 1998 ata 2001 e JD Samson durante o resto da existencia do grupo. Le Tigre é coñecido polas súas letras sociopolíticas de esquerdas, tratando cuestións do feminismo e a comunidade LGBT. Le Tigre mesturaba a franqueza e as políticas do punk con samples travesos, pop ecléctico e electrónica lo-fi. O grupo tamén incorporou elementos multimedia e de performance aos seus concertos, que a miúdo estaban apoiados por artistas afíns como The Need.

Le Tigre
OrixeNova York,
Período1998 - 2011
2016
2022 - presente
Xénero(s)rock electrónico, electroclash, dance-punk
Selo(s) discográfico(s)Mr. Lady, Strummer, Universal
MembrosKathleen Hanna
Johanna Fateman
JD Samson
Antigos membrosSadie Benning
Artistas relacionadosBikini Kill, Julie Ruin, The Julie Ruin, MEN
Na rede
http://www.letigreworld.com/sweepstakes/
IMDB: nm3092015 Facebook: LeTigreWorld Twitter: letigreworld MySpace: letigre Spotify: 2n6FviARgtjjimZXu18uRM iTunes: 20922037 Last fm: Le+Tigre Musicbrainz: 2d67239c-aa40-4ad5-a807-9052b66857a6 Songkick: 468695 Discogs: 40310 Allmusic: mn0000147316 Deezer: 374 Genius: Le-tigre Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Formación e Le Tigre editar

Tras a disolución de Bikini Kill en 1998, Kathleen Hanna editou un álbum en solitario baixo o pseudónimo de Julie Ruin e mudouse a Nova York, onde quería interpretar as cancións de Julie Ruin ao vivo. Como non quería tocar o material soa, recrutou a Johanna Fateman, que coñecera nun concerto de Bikini Kill anos antes. Sadie Benning, que axudara a facer un video musical para a canción de Julie Ruin "Aerobicide", tamén se uniu a elas para axudar coa parte visual e para traducir a música en material interpretable. Estas actuación nunca chegarían a acontecer.[1]

Porén, mentres Benning aínda estaba en Chicago, Hanna e Fateman comezaron a compartir casetes entre as tres membros da banda con cancións que finalmente se converterían en material de Le Tigre. Elixiron ese nome dunha das moitas bandas hipotéticas feitas por Hanna ao redor de 1994.[2]

A banda fichou polo selo Mr. Lady Records, xa que Hanna e Fateman coñeceran ás donas da discográfica mentres estaban en Portland, Oregón. Hanna cualificou a firma como "unha opción lóxica" debido ao maior compromiso político do selo cos seus lanzamentos musicais.[3]

O primeiro álbum do grupo, Le Tigre, apareceu en outubro de 1999. As orixinais actuación da banda consistían en Hanna, Fateman e Sadie tocando música, xunto con JD Samson, un roadie que coñeceran en setembro de 1999, que operaba manualmente unha presentación de diapositivas como complemento visual, xa que a banda non tiña cartos para mercar un proxector.[2]

From The Desk of Mr. Lady EP e Feminist Sweepstakes editar

 
A banda no ano 2000

En 2000 Benning deixou a banda. Como Le Tigre estaba no medio dunha xira dun mes de duración. perdíronlle a Samson que a substituíse nos directos. O grupo xa estivera considerando aumentar a participación de Samson como cantante ou bailarín de apoio, polo que lle pediron que se convertera nun membro oficial. Hanna comentou que "JD engadiu un toque e carisma innegables aos directos e nas xiras e gravacións sentiuse como un peixe na auga".[2]

No mes de outubro de 2001 a banda lanzou o seu segundo álbum de estudio, Feminist Sweepstakes. Neste traballo JD Samson xa aparece como membro oficial de Le Tigre.

En 2003 Le Tigre colaborou con Chicks on Speed na súa versión do tema de Tom Tom Club "Wordy Rappinghood" para o seu álbum 99 Cents, xunto con outros artistas como Miss Kittin, Kevin Blechdom, Nicola Kuperus de ADULT, e Tina Weymouth de Tom Tom Club.[4] A versión foi un éxito dance moderado en Europa, chegando ao número 5 da lista dance de Bélxica,[5] e ao 66 da lista británica de sinxelos.[6]

Contrato con Universal, This Island e hiato editar

En marzo de 2004 Le Tigre asinou un contrato con Strummer, unha filial do gran selo Universal Records,[7] nun movemento descrito por Kathleen Hanna como un factor decisivo para a banda, que estaba considerando separarse debido ao cansazo.[8] En xuño dese ano Mr. Lady pechou[9] e a banda comezou a reeditar o seu catálogo a través do seu propio selo, Le Tigre Records, con distribución de Touch & Go Records.[10]

En outubro de 2004 a banda publicou a súa estrea cunha gran discográfica, This Island. O álbum tivo un éxito moderado, vendendo unhas 90 000 copias nos Estados Unidos.[11]

Le Tigre entrou nun "longo hiato" en agosto de 2007 debido a que a banda estaba queimada pola xira de This Island e os seus membros querían "facer as súas cousas".[11][12]

Reunións editar

En 2010 Le Tigre regresou brevemente do hiato para producir o tema de Christina Aguilera "My Girls", do seu sexto álbum de estudio Bionic. O tema conta coa presenza de Peaches.[13]

Os membros de Le Tigre JD Samson e Johanna Fateman colaboraron coas activistas rusas Pussy Riot durante un concerto organizado pola revista Vice no ano 2014, interpretando o tema de Le Tigre “Deceptacon”.[14] Posteriormente, en 2015, reuníronse con Pussy Riot para gravar unha canción e un video para a serie de Netflix House of Cards.[15]

En setembro de 2016 a banda anunciou que se reuniría só para lanzar unha "canción especial". O 19 de outubro Le Tigre publicou o tema, titulado "I'm With Her", cun video de acompañamento para expresar o seu apoio á candidata á presidencia aos Estados Unidos Hillary Clinton.[16]

En decembro de 2021 a banda anunciou que volverían a xuntarse para tocar no This Ain't No Picnic Festival en 2022.[17]

En xaneiro de 2023 Le tigre anunciou que se reunirían para a primeira xira en dezaoito anos.[18] O grupo realizou 28 concertos en Europa e Estados Unidos entre maio e xullo dese ano.[19]

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Le Tigre 1999 Mr. Lady
Feminist Sweepstakes 2001 Mr. Lady
This Island 2004 Universal

Notas editar

  1. "'Le Tigre' Turns 20". Stereogum (en inglés). 2019-10-25. Consultado o 2023-12-18. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Just the Facts, Ma'am". www.letigreworld.com. 2006-04-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2006. Consultado o 2023-12-18. 
  3. "SPOTLIGHT". www.washingtonpost.com. Consultado o 2023-12-18. 
  4. "Chicks on Speed - 99 Cents". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  5. "Chicks On Speed - Wordy Rappinghood - ultratop.be". www.ultratop.be. Consultado o 2023-12-18. 
  6. "Official Singles Chart 7 March 2004 - 13 March 2004". officialcharts.com. Consultado o 18/12/23. 
  7. Cohen, Jonathan (2004-03-11). "Le Tigre Inks With Strummer/Universal". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  8. "Le Tigre - Pollstar News" (en inglés). 2005-01-24. Consultado o 2023-12-18. 
  9. "DISCORDER Farewell, Mr. Lady". web.archive.org. 2007-09-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2023-12-18. 
  10. "Le Tigre / Interviews / Silent Uproar". silentuproar.com. Consultado o 2023-12-18. 
  11. 11,0 11,1 Peters, Mitchell (2008-02-19). "Le Tigre Members Tour Behind New Project". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  12. Solarski, Matthew (2007-08-20). "The Latest on Le Tigre: DVD, Teaching, DJ Dates". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  13. Breihan, Tom (2009-06-08). "Le Tigre Working With Christina Aguilera". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  14. "VICE 20th Pussy Riot Performs Le Tigre’s Deceptacon". Consultado o 2023-12-18. 
  15. Minsker, Evan (2015-02-28). "Pussy Riot's "Don't Cry Genocide" Featuring Le Tigre Members Appears on "House of Cards"". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  16. "New Music: Le Tigre Return With Pro-Hillary “I’m With Her”". Spin. Consultado o 18/12/23. 
  17. Strauss, Matthew (2021-12-03). "The Strokes, LCD Soundsystem, and Le Tigre to Perform at 2022 This Ain’t No Picnic Festival". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  18. Blistein, Jon (2023-01-24). "Le Tigre Roar Back for First Tour in 18 Years". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  19. "Tour". Le Tigre (en inglés). Consultado o 2023-12-18.