Fugazi
Fugazi é unha banda de post-hardcore estadounidense procedente de Washington D.C. e formada en 1987. É actualmente unha das bandas máis influentes no rock independente. O grupo atópase en hiato indefinido dende o ano 2003. Fugazi caracterízase pola súa postura ética DIY, as súas prácticas empresariais e o seu desprezo cara á industria discográfica.
Fugazi | |
---|---|
![]() Fugazi en concerto no 2002 | |
Orixe | Washington D.C., Estados Unidos ![]() |
Período | 1987 - presente (en hiato dende 2003) |
Xénero(s) | post-hardcore, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Dischord Records |
Membros | Ian MacKaye Guy Picciotto Joe Lally Brendan Canty |
Antigos membros | Colin Sears |
HistoriaEditar
FormaciónEditar
Despois da disolución da banda seminal de hardcore punk Minor Threat, Ian MacKaye (o seu guitarrista e cantante) estivo nun feixe de bandas de curta vida (entre as que destacou a banda de emocore Embrace) antes de formar un novo trío, Fugazi, co batería Colin Sears e o baixista Joe Lally, comezando a ensaiar xuntos en setembro de 1986. Sears deixou a banda para unirse a Dag Nasty e foi substituído por Brendan Canty, que anteriormente estivera en Rites of Spring.
MacKaye describe esta etapa de Fugazi como The Stooges tocando reggae. O grupo realizou o seu primeiro concerto a comezos do mes de setembro de 1987 cando aínda non tiña nome. MacKaye escolleu a palabra "fugazi" dunha compilación de historias sobre a Guerra de Vietnam, onde era usada co significado de "Fucked Up, Got Ambushed, Zipped In".[1] A banda tocou como trío durante algúns meses ata incorporar a Guy Picciotto. Picciotto orixinalmente só cantaba, pero despois dun tempo comezou a tocar a guitarra tamén.
Fugazi EP e Margin Walker - 13 SongsEditar
Fugazi realizou a súa primeira xira en xaneiro de 1988, e en xuño dese ano gravou o seu EP de estrea, Fugazi co produtor Ted Nicely. Pouco despois iniciaría unha xira por Europa que remataría en decembro.[2] Ese mes a banda gravou temas para o seu álbum de estrea, porén, non quedou contenta coas sesións. A listaxe de cancións reduciuse e finalmente editaron o EP Margin Walker en 1989. Ámbolos dous EPs foron finalmente combinados no álbum 13 Songs, publicado a finais de 1989. Ao seu regreso de Europa, Picciotto, insatisfeito con só cantar, comezou a tocar tamén a guitarra.
Repeater e Steady Diet of NothingEditar
Con Picciotto agora tamén como guitarrista a tempo completo, Fugazi pasou a compoñer os temas novos como unha banda, xa que antes encargábase Ian MacKaye en solitario. Ademais de traballar en material novo, temas que xa foran interpretados ao vivo como "Merchandise" e "Turnover" foron modificados para incluílos no seu primeiro álbum de estudio.
O seu primeiro álbum, Repeater, foi lanzado o 19 de abril de 1990 a través do selo Dischord Records, e inicialmente non entro na lista Billboard 200 nin foi un éxito comercial. Porén, a banda pasou gran parte de 1990 e 1991 de xira, realizando uns 250 concertos en 13 meses. Cara o verán de 1991 o disco chegara á cifra das 300.000 copias vendidas, e moitos grandes selos comezaron a realizarlle ofertas a Fugazi, que a banda rexeitou para continuar con Dischord.
Fugazi sempre foi coñecido pola súa posición política, percorreron o mundo promovendo un estilo de vida san e a crítica cara ás institucións e corporacións aos seus seguidores durante as súas enérxicas actuacións. Atribúeselles ser os pais do son emocore.
MembrosEditar
- Ian MacKaye: guitarra e voz.
- Guy Picciotto: guitarra e voz.
- Joe Lally: baixo.
- Brendan Canty: batería.
DiscografíaEditar
ÁlbumsEditar
Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
13 Songs | 1989 | Dischord Records | recompilatorio |
Repeater | 1990 | Dischord Records | |
Repeater + 3 songs | 1990 | Dischord Records | recompilatorio |
Steady Diet of Nothing | 1991 | Dischord Records | |
In on the Kill Taker | 1993 | Dischord Records | |
Red Medicine | 1995 | Dischord Records | |
Instrument | 1998 | Dischord Records | banda sonora |
End Hits | 1999 | Dischord Records | |
The Argument | 2001 | Dischord Records |
EPsEditar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Fugazi | 1988 | Dischord Records |
Margin Walker | 1989 | Dischord Records |
3 Songs | 1989 | Dischord Records, Sub Pop |
Furniture | 2001 | Dischord Records |