Furniture + 2

EP de Fugazi

Furniture + 2
EP de Fugazi
Data de edición: outubro do 2001
Lanzamento:
Datas de gravación: xaneiro - febreiro do 2001
Estudio(s) de gravación: Inner Ear Studios
Duración: 8:51
Xénero musical: post-hardcore
Selo discográfico: Dischord
Producido por: Ian McKaye, Don Zientara, Fugazi
Cronoloxía
3 Songs Furniture + 2 -

Furniture + 2 é un EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, editado en outubro do 2001 polo selo Dischord Records. Foi gravado en xaneiro e febreiro do 2001, ao mesmo tempo que o seu derradeiro álbum, The Argument.

Os temas "Furniture" e "Hello Morning" son de finais dos anos 80, e de feito "Furniture" foi interpretada no primeiro concerto da banda en 1987. Partes de "Number 5" proveñen de "Turkish Disco", unha canción gravada como demo en 1997 e editada en Instrument Soundtrack en 1999.

Listaxe de cancións editar

  1. "Furniture" – 3:35
  2. "Number 5" – 3:09
  3. "Hello Morning" – 2:06