Battles é unha banda estadounidense de rock experimental, fundada no ano 2002 na cidade de Nova York por Ian Williams (antigo membro de Don Caballero e Storm & Stress). Na actualidade está composta polo guitarrista e teclista Ian Williams, o guitarrista e o batería John Stanier (anteriormente en Helmet, Tomahawk e The Mark of Cain). Anteriormente tamén tocaron en Battles o compositor e vocalista Tyondai Braxton e o guitarrista e baixista Dave Konopka (antigo membro de Lynx). A banda editou catro álbums de estudio ata a data, sendo o máis recente Juice B Crypts, editado no ano 2019.

OrixeNova York,
Período2002 - presente
Xénero(s)rock experimental, art rock
Selo(s) discográfico(s)Warp Records
MembrosIan Williams
John Stanier
Dave Konopka
Antigos membrosTyondai Braxton
Artistas relacionadosHelmet, Storm & Stress, Tomahawk, Don Caballero, The Mark of Cain, Lynx
Na rede
http://www.bttls.com/
IMDB: nm2834019 Facebook: battlestheband Twitter: Battles Instagram: battlestheband MySpace: battlestheband Youtube: UC3euYYHIO5EuHHcY4S5Z_HA Bandcamp: battlesSouncloud: battles Spotify: 3EMSpwRtkvUTxfB4aS5xnA iTunes: 33568718 Last fm: Battles Musicbrainz: 8522b9b6-b295-48d7-9a10-8618fb80beb8 Songkick: 70427 Discogs: 238372 Allmusic: mn0000778960 Deezer: 1198 Genius: Battles Editar o valor en Wikidata

O grupo está recoñecido como un dos m¡ais innovadores do math rock das décadas de 2000 e 2010, loubando a cr¡itica o seu son único. En 2007, Pitchfork escribiu que "Battles fixo máis por estender a idea dunha have banda de carne e óso mellorada pola tecnoloxía que ninguén outro dende Disco Inferno".[1]

Historia

editar

Battles formárona no ano 2002 o guitarrista e teclista Ian Williams, o batería e percusionista John Stanier, o baixista e guitarrista Dave Konopka e o guitarrista, teclista e vocalista Tyondai Braxton.[2]

Despois de máis dun ano de sesións de improvisación a banda gravou co seu amigo Emery Dobyns nos Dubway Studios de Nova York. En xuño de 2004 publicaron o EP C a través de Monitor Records e no mes de setembro apareceu o B EP a través de Dim Mak Records.[2] A banda tamén publicou o sinxelo "Tras" antes de fichar por Warp Records. Warp recompilou esas primeiras gravacións e lanzounas como un álbum, titulado EP C / B EP, en febreiro de 2006.

O seu primeiro álbum de estudio, Mirrored, foi gravado por Keith Souza no estudio Machines with Magnets e editado o día 14 de maio de 2007, precedido polo sinxelo "Atlas". Este foi elixido pola NME Sinxelo da semana e chegou a ser número 1 no Dandelion Radio Festive Fifty. O álbum tivo recensións positivas e apareceu en varias listas do mellor de 2007.[3][4] O grupo tocou no festival All Tomorrow's Parties de 2007 e no programa da BBC Later With Jools Holland. Antes do final do ano Battles colaborou con United Visual Artists nun vídeo para o tema "Tonto".[5] Nos seguintes anos a música de Battles foi usada en videoxogos como LittleBigPlanet, curtametraxes, programas de televisión, e nas bandas sonoras das películas Twilight Saga: Eclipse e Big Fan.[6]

Braxton deixou o grupo en agosto de 2010, indicando que non desexaba saír de xira a pesar de que Battles xa tiña unha serie de concertos programados para o seguinte ano. Falando sobre a súa marcha en 2013 a The Brag, Braxton apuntou a unha "división de longa duración" entre el e os seus compañeiros de banda.[7]

O segundo álbum de Battles, Gloss Drop, publicouse o día 6 de xuño de 2011 e contou con invitados como Gary Numan, Kazu Makino e Yamantaka Eye. A banda realizou unha xira na primavera para promocionar o disco.[8][9] No mes de decembro dese mesmo ano o grupo foi a comisaria do festival de All Tomorrow's Parties "Nightmare Before Christmas" en Minehead, Inglaterra, xunto con Les Savy Fav e Caribou.[10] Dende febreiro a abril de 2012 a banda editou unha serie de catro EPs en vinilos de 12", titulada Dross Glop, con remesturas dance de todos os temas de Gloss Drop realizadas por varios artistas, como Gui Boratto, Kode9 e Hudson Mohawke. Un álbum recompilatorio coas 11 remesturas (máis unha non incluída nos EPs, "Sundome") foi lanzado o 16 de abril de 2012.[11]

O seu terceiro álbum, La Di Da Di, publicouse o día 18 de setembro de 2015 a través de Warp Records. O disco estivo precedido por unha sesión ao vivo de catro temas do álbum en Nova York. O streaming só estivo dispoñible durante 24 horas nun loop constante.[12]

Konopka deixou a banda en 2018, aínda que a súa marcha non foi confirmada ata maio de 2019.[13] Battles realizou o seu primeiro concerto como dúo no mes de xullo de 2019 no Dour Festival en Bélxica. O seu cuarto álbum, Juice B Crypts, apareceu o 18 de outubro dese ano. O disco conta con colaboracións de Shabazz Palaces, Sal Principato de Liquid Liquid, Xenia Rubinos e Merrill Garbus de Tune-Yards.[14]

En decembro de 2021 anunciouse que a banda xiraría por América do Norte en abril e maio de 2022 como abreconcerto na xira de Primus A Tribute to Kings.[15]

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Mirrored 2007 Warp Records
Gloss Drop 2011 Warp Records
La Di Da Di 2015 Warp Records
Juice B Crypts 2019 Warp Records
  1. Nast, Condé. "Battles: Mirrored". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  2. 2,0 2,1 "Battles | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  3. "Best of 2007". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  4. "Albums Of The Year - 2007". NME (en inglés). 2016-10-10. Consultado o 2020-08-07. 
  5. Battles (8 de abril de 2014). Battles - Tonto (YouTube). 
  6. "Battles". IMDb. Consultado o 2020-08-07. 
  7. "Tyondai Braxton". The Brag (en inglés). 2013-12-20. Consultado o 2020-08-07. 
  8. "Buzzgrinder.com » Battles Announce Tour Dates in Support of New Album". web.archive.org. 2011-05-25. Archived from the original on 25 de maio de 2011. Consultado o 2020-08-07. 
  9. "The Battles Variable". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  10. "Event Info - Nightmare Before Christmas curated by Battles/Caribou/Les Savy Fav". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  11. "Battles". www.facebook.com. Consultado o 2020-08-08. 
  12. "Battles 'NYC Live Session' (video)". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-08-08. 
  13. Ward, Justin (2019-05-31). "Battles Announces Departure of Dave Konopka, Promise "More To Come"". LIVE music blog (en inglés). Consultado o 2020-08-08. 
  14. "Battles return with new album, Juice B Crypts". FACT Magazine (en inglés). 2019-08-07. Consultado o 2020-08-08. 
  15. Pearis, Bill. "Primus extend Rush tribute tour into 2022 with Battles, Black Mountain & Black Angels". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar