Ian Williams
Ian Williams, nado o 31 de agosto de 1970, é un guitarrista e cantautor estadounidense de rock. Fíxose coñecido polo seu tapping de guitarra tocando en bandas como Don Caballero, Storm & Stress e no presente en Battles. É coñecido pola súa técnica de guitarra cunha soa man, moitas veces mentres toca os teclados ou Ableton Push simultaneamente coa outra man.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1970 (54 anos) Johnstown, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Tasmanian Conservatorium of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Instrumento | Guitarra e voz |
Biografía
editarWilliams naceu en Pittsburgh, Pensilvania, e pasou parte da súa infancia en Malaui, antes de regresar aos Estados Unidos cando estaba en sexto grao.[1] Graduouse na Universidade de Pittsburgh, onde estudou historia e ciencias políticas.
Carreira musical
editarNa súa adolescencia Williams foi batería e vocalista da banda de Pittsburgh Sludgehammer.[2]
Williams uniuse aos pioneiros do math rock de Pittsburgh Don Caballero como segundo guitarrista en 1992, estando na banda ata 2000. Tamén tocou no grupo de vangarda baseado en Chicago Storm & Stress de 1997 a 2000. Williams trasladouse á cidade de Nova York a principios da década de 2000 e formou Battles en 2002 xunto co batería/percusionista John Stanier, o baixista/guitarrista Dave Konopka, e o guitarrista/teclista/vocalista Tyondai Braxton.[3]
Williams é ben coñecido polo seu enfoque para tocar coa técnica do finger tapping a guitarra e usa o sistema loops Echoplex de Gibson. A súa propensión ao tapping de guitarra permítelle acompañarse ao teclado nas actuacións ao vivo, utilizando unha man para cada instrumento.
Williams fixo un cameo no filme de 2000 High Fidelity aparecendo como un cliente da tenda de discos (pouco despois de que o personaxe de John Cusack anuncie: "Agora venderei cinco copias de The Three E.P. de The Beta Band"). Tamén tivo pequenos cameos nos filmes Heaven's a Drag (1994) e Bloodmoon, unha película de acción de artes marciais de 1997.
Notas
editar- ↑ "TUBA CITY: Verbal Battles with Ian Williams". web.archive.org. 2009-02-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2009. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ "T&G25; #13 - Storm & Stress". Chunklet. 2012-03-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ "Battles Songs, Albums, Reviews, Bio & More | A...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-26.