Mirrored é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock experimental Battles, publicado o 14 de maio de 2007 no Reino Unido e o 22 de maio nos Estados Unidos a través do selo Warp Records. Esta é a primeira vez que o grupo incorpora voces destacadas e letras nas súas cancións, xa que o seu anterior EP era completamente instrumental (á parte do beatboxing nos temas "Dance" e "Fantasy" e as voces sen palabras en "B + T", "IPT-2" e "BTTLS"). O primeiro sinxelo do álbum, "Atlas", foi editado no Reino Unido o 2 de abril de 2007, e foi usado no xogo da PlayStation 3 LittleBigPlanet, no nivel "The Construction Site". Tamén foi usado nos programas da televisión británica Skins, Top Gear e Torchwood, ademais de por Honda para o seu Civic Type R europeo. Mirrored apareceu nas listas de mellores álbums de 2007 de varias publicacións, como Time, NME, The Guardian e Pitchfork.

Mirrored
Álbum de Battles
Publicado14 de maio de 2007
Gravación2006
Duración51:52
Xénero(s)math rock, rock experimental
Selo(s)Warp Records
Cronoloxía
EP C/B EP Mirrored Tonto+

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Battles. 

N.º Título Duración
1. "Race : In"   4:50
2. "Atlas"   7:07
3. "Ddiamondd"   2:33
4. "Tonto"   7:43
5. "Leyendecker"   2:48
6. "Rainbow"   8:11
7. "Bad Trails"   5:18
8. "Prismism"   0:52
9. "Snare Hangar"   1:58
10. "Tij"   7:03
11. "Race : Out"   3:29
Canción extra no Xapón
N.º Título Duración
12. "Katoman"   2:08