Caribou (músico)

Daniel Victor Snaith, tamén coñecido artisticamente polos nomes Caribou, Manitoba e Daphni é un músico e produtor canadense.

Infotaula de personaCaribou

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Dan Snaith Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Victor Snaith Editar o valor em Wikidata
29 de marzo de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Dundas, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesManitoba (2001–2004)
Caribou (2004–)
Daphni (2013–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto
Imperial College London
Parkside High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , músico , produtor musical , cantante , matemático Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica electrónica, folktronica (pt) Traducir, Rock psicodélico, Noise pop, Shoegazing, pop psicodélico, Dream pop, intelligent dance music, Neo-psicodelia, electronica (pt) Traducir, Deep house e electronic dance music (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBatería, sintetizador, baixo, guitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDomino Records
City Slang (en) Traducir
Merge Records
The Leaf Label (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiVictor Snaith (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNina Snaith (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcaribou.fm Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3090276 Facebook: caribouband Twitter: caribouband Instagram: cariboumusic MySpace: cariboumanitoba Bandcamp: cariboubandSouncloud: caribouband Spotify: 4aEnNH9PuU1HF3TsZTru54 iTunes: 45464574 Last fm: Caribou Musicbrainz: 20ffdffa-9e17-4968-98ca-3434064b00bb Songkick: 5879539 Discogs: 438883 Allmusic: mn0000609590 Deezer: 3892 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Snaith gravou orixinalente co nome artístico de Manitoba, pero despois de ser ameazado cunha demanda por parte de Richard "Handsome Dick" Manitoba, antigo membro da banda de punk rock The Dictators, cambiou o seu nome polo de Caribou. Os anteriores álbums de Snaith foron entón reeditados co seu novo nome, e The Milk of Human Kindness foi edirado no ano 2005 a través de Domino Records. Snaith dixo que a situación era "como The Smiths demandando a John Smith ou algo así".

Cando realiza concertos, Snaith normalmente vai acompañado dunha banda de directo e toca a percusión. Foron excompañeiros seus de banda o baixista Andy Lloyd de Born Ruffians e o batería Peter Mitton, agora produtor da radio CBC. Na actualidade a súa banda en directo está composta por Snaith, Ryan Smith, Brad Weber e John Schmersal. As súas actuacións tamén adoitan a incluír complexas proxecións de vídeo nunha gran pantalla.

O seu álbum de 2007 Andorra gañou o Polaris Music Prize, e o seu traballo de 2010 Swim estivo entre os favoritos neses mesmos premios. En xuño de 2013 Jiaolong, editado baixo o nome artístico de Daphni, foi nomeado para o Polaris Music Prize.

En decembro de 2011 Caribou foi o comisario do festival All Tomorrow's Parties "Nightmare Before Christmas" en Minehead, Inglaterra, xunto con Battles e Les Savy Fav.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

EPs e sinxelos editar

Como Manitoba editar

  • People Eating Fruit EP (30 de outubro de 2000)
  • "Paul's Birthday" CDS (26 de febreiro de 2001)
  • give'r EP (26 de novembro de 2001)
  • If Assholes Could Fly This Place Would Be an Airport 12" (13 de xaneiro de 2003)
  • "Jacknuggeted" CDS (24 de febreiro de 2003)
  • "Hendrix with Ko" CDS (14 de xullo de 2003)

Como Caribou editar

  • "Yeti" CDS/12" (22 de marzo de 2005)
  • Tour-Only CD (Super Furry Animals Tour, Fall 2005)
  • Marino (DVD) (novembro de 2005)
  • "Melody Day" CDS (agosto de 2007)
  • Tour-Only CD (setembro de 2007)
  • "She's the One" (marzo de 2008)
  • Tour-Only CD (abril de 2010)
  • Caribou Vibration Ensemble – live album featuring Marshall Allen (ATP 2010)

Como Daphni editar

  • Resident Advisor, febreiro de 2011 (5 pistas do episodio #246)[1][2]
  • Daphni Edits Vol. 1, 12" [Resista], marzo de 2011
  • Pinnacles / Ye Ye, 12" split w/ Four Tet [Text], marzo de 2011
  • Daphni Edits Vol. 2, 12" [Resista], agosto de 2011
  • JIAOLONG001, 12" [Jiaolong], outubro de 2011
  • Ahora, 12" [Amazing Sounds], novembro de 2011

Notas editar

  1. Benson, Denise (3 March 2011). "Caribou's Dan Snaith reveals new project, Daphni". Eye Weekly. Consultado o 19 May 2011. [Ligazón morta]
  2. Hughes, Josiah (15 February 2011). "Caribou's Dan Snaith Introduces New Daphni Project". Exclaim!. Consultado o 19 May 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar