Noise pop
O noise pop é un subxénero do rock alternativo desenvolvido a mediados dos anos 80 no Reino Unido e nos Estados Unidos que mestura ruído disonante ou feedback, ou ámbolos dous, coa instrumentación melódica e elementos que adiatan a atoparse na música pop, facéndoo máis melódico que o noise rock.
Noise pop | |
---|---|
Orixe musical | rock alternativo, noise rock, power pop |
Orixe cultural | mediados dos 80 no Reino Unido e os Estados Unidos |
Instrumentos típicos | voz, batería, guitarra eléctrica, teclados, baixo, sintetizadores |
Derivados | shoegazing |
Historia
editarO noise pop foi descrito como "o punto medio entre o bubblegum e a música de vangarda". Combina a composición tradicional de cancións pop con ruído, guitarras distorsionadas e zunidos. The Velvet Underground foi unha grande influencia no xénero, cos seus experimentos con feedback e distorsión nos seus primeiros álbums. Algunhas das primeiras bandas estadounidenses de rock alternativo como Sonic Youth e Dinosaur Jr., que mesturaban estruturas de temas rock con guitarras distorsionadas, foron os precursores inmediatos. The Jesus and Mary Chain está considerado o primeiro grupo noise pop, e o seu álbum de estrea, Psychocandy, guiaría o xénero. Outra importante banda dos inicios é Yo La Tengo. Posteriormente o noise pop dos 80 sería fonte de inspiración para o movemento shoegaze británico. O noise pop continuou sendo influente no indie rock dos anos 90.