Psychocandy

Psychocandy é o álbum de estrea da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain, publicado en novembro de 1985 a través do selo Blanco y Negro Records. O disco está considerado un punto de referencia: a súa combinación de guitarras retroalimentadas con estruturas tradicionais de pop demostrou ser moi influente no posterior movemento shoegaze e no rock alternativo en xeral. A banda alonxaríase do seu son abrasivo co lanzamento do seu segundo traballo Darklands.

Psychocandy
Álbum de The Jesus and Mary Chain
Publicadonovembro de 1985
Estudio(s)Southern Studios, Londres
Duración38:55
Xénero(s)noise pop
Selo(s)Blanco y Negro Records
Producido porThe Jesus and Mary Chain
Cronoloxía
- Psychocandy Darklands

Antecedentes e gravaciónEditar

Despois de deixar os seus traballos en 1980, os irmáns Jim e William Reid formaron The Jesus and Mary Chain co baixista Douglas Hart. Inspirándose en Einstürzende Neubauten, The Shangri-Las e The Velvet Underground & Nico, mercaron un gravador de catro pistas Portastudio e 1983 cando o seu pai perdeu o traballo nunha fábrica local e deulle aos irmáns 300 libras da súa indemnización. A banda gravou unha cinta demo que contiña as cancións "Upside Down" e "Never Understand" e que foi escoitada polo músico de Glasgow Bobby Gillespie, que á súa vez pasoulla ao seu amigo Alan McGee de Creation Records.[1] McGee quedou impresionado coa cinta e invitou ao grupo a tocar nun evento de mostra de Creation Records en Londres, converténdose no seu representante pouco despois.[2]

Despois de máis concertos en Londres, The Jesus and Mary Chain entraron en Alaska Studios, en Waterloo, e gravaron o seu sinxelo de estrea, "Upside Down". Publicado por Creation Records en novembro de 1984 e contando cunha cara-b producida por Slaughter Joe, o sinxelo esgotou a súa primeira edición e rematou o ano no número 37 da lista Festive Fifty de John Peel.[2] Tras recrutar a Gillespie como batería a finais de 1984, The Jesus and Mary Chain asinaron coa subsidiaria de WEA Blanco y Negro Records, que fora creada polo fundador de Rough Trade Geoff Travis.[1] A banda entrou nos Island Studios para gravar co enxeñeiro Stephen Street, pero as sesións demostraron ser infructuosas volvendo a Alaska Studios para rexistrar o seu segundo sinxelo, "Never Understand". Blanco y Negro editou o sinxelo en febreiro de 1985, e en marzo dese ano comezarían a gravar o seu álbum de estrea co enxeñeiro John Loder en Southern Studios.[2] Psychocandy gravaríase en seis semanas[1] gastando 17 000 libras en custos de gravación e produción.[2]

Música e letrasEditar

Psychocandy contén catorce temas cunha duración total de 39 minutos. A súa música foi descrita como "pop bubblegum afogado na retroalimentación",[3] que fusiona "melodía con desagradables estoupidos de ruído branco".[4] Os críticos destacaron a influencia de grupos de pop clásico dos 60 como The Beach Boys e The Rolling Stones xunto co traballo das bandas de rock The Velvet Underground, The Stooges e Suicide no álbum.[2][5][6][7]

Jim Reid encargouse das voces principais neste álbum, coa excepción do tema "It's So Hard", cantado por William Reid.

Listaxe de canciónsEditar

Tódolos temas escritos e compostos por Jim Reid e William Reid, agás onde se indique.. 

N.º Título Duración
1. "Just Like Honey"   3:03
2. "The Living End"   2:16
3. "Taste the Floor"   2:56
4. "The Hardest Walk"   2:40
5. "Cut Dead"   2:47
6. "In a Hole"   3:02
7. "Taste of Cindy"   1:42
8. "Never Understand"   2:57
9. "Inside Me"   3:09
10. "Sowing Seeds"   2:50
11. "My Little Underground"   2:31
12. "You Trip Me Up"   2:26
13. "Something's Wrong"   4:01
14. "It's So Hard"   2:37
Cancións extra da edición en CD-DVD de 2011
N.º TítuloEscritor(es) Duración
15. "Suck"    2:08
16. "Ambition"  Vic Godard 3:31
17. "Just Out of Reach"    2:09
18. "Boyfriend's Dead"    1:43
19. "Head"    3:53
20. "Cracked"    3:48

Nota: a edición en CD de 1986 contén a canción extra "Some Candy Talking", entre "Taste of Cindy" e "Never Understand".

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 The Guardian (ed.). "The Jesus and Mary Chain on Psychocandy: ‘It was a little miracle’". Consultado o 18 de abril de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 The Quietus (ed.). "Brown Acid Black Leather: The Story Of The Jesus And Mary Chain's Psychocandy". Consultado o 18 de abril de 2017. 
  3. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2013-10-13). "100 Best Debut Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 
  4. "Single Review: Jesus and Mary Chain - Deluxe Reissues". DrownedInSound (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 
  5. Jones, Chris. "BBC - Music - Review of The Jesus And Mary Chain - Psychocandy". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 
  6. "The Top 100 Albums of the 1980s - Page 8". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 
  7. "Psychocandy - The Jesus and Mary Chain | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-27.