Suicide foi unha banda estadounidense de protopunk electrónico, activa intermitentemente dende 1970 ata 2016 e formada por Alan Vega (voz) e Martin Rev (sintetizadores e caixas de ritmos). A pioneira música do grupo usaba instrumentación electrónica minimalista, como sintetizadores e caixas de ritmos primitivas, e as súas primeiras actuacións eran conflitivas e adoitaban a rematar en violencia.

Suicide
OrixeNova York,
Período1970 - 2016
Xénero(s)no wave, new wave, art punk, art rock, música industrial, synthpunk
Selo(s) discográfico(s)Red Star Records, ZE Records, International Records, ROIR, Blast First, Mute Records
MembrosAlan Vega
Martin Rev
Artistas relacionadosBruce Springsteen
Na rede
http://www.limbos.org/suicide/suicidev2.htm
Spotify: 6uVeWolwyRDrT84lLsaZyW Musicbrainz: 7a0f02e0-0ab8-4a62-9e14-c6925cfaed07 Songkick: 439044 Discogs: 31055 Allmusic: mn0000487186 Editar o valor en Wikidata

A pesar de nunca chegar a ser moi populares entre o gran público, Suicide trátase dunha banda moi influente. O crítico Wilson Neate escribiu que Suicide "serían tan influentes como The Clash. Escoitar o seu álbum autotitulado de estrea de 1977 dende o punto de vista de finais do 2002 facíao obvio: os sons do synthpop, do techno e do dance industrial dance dos 80 e os 90, e do electroclash da actualidade, todos levan cara ese álbum fundacional"[1].

En novembro de 1970 un flyer da banda foi dos primeiros anuncios en usar a frase "punk music" para un concerto.[2][3]

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Suicide 1977 Red Star Records
Suicide: Alan Vega and Martin Rev 1980 Ze Records
A Way of Life 1988 Chapter 22, Wax Trax! Records
Why Be Blue 1992 Brake Out
American Supreme 2002 Mute Records
  1. "Dusted Reviews - Suicide - American Supreme". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  2. "From The Archives -Suicide- Concert Chronology / Gigography". www.fromthearchives.org. Consultado o 2020-01-20. 
  3. "Suicide Watch | The Village Voice". www.villagevoice.com. Consultado o 2020-01-20.