A Way of Life é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de protopunk Suicide, publicado no ano 1988 a través do selo Chapter 22 Records.[1] Posteriormente, un ano máis tarde, tivo unha maior distribución global a través de Wax Trax! Records. O artista visual Stefan Roloff realizou un vídeo musical para a canción "Dominic Christ" e Suicide foi a Europa para promocionar o disco interpretando o sinxelo "Surrender" para a televisión francesa. No ano 2005 foi remasterizado cunha lixeira remestura de Martin Rev e redistribuído polo subselo de Mute Records Blast First cun disco extra con material ao vivo.[2]

A Way of Life
Álbum de Suicide
Publicado1988
Gravación13 de decembro de 1987
Estudio(s)Right Track Recording
Duración39:24
Xénero(s)synth-pop, drone rock
Selo(s)Chapter 22, Wax Trax! Records
ProdutorRic Ocasek
Cronoloxía
Ghost Riders
(1986)
A Way of Life Why Be Blue
(1992)
editar datos en Wikidata ]

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Martin Rev e Alan Vega

N.º Título Duración
1. "Wild in Blue"   4:34
2. "Surrender"   3:47
3. "Jukebox Baby 96"   3:21
4. "Rain of Ruin"   4:00
5. "Suffering in Vain"   4:40
6. "Dominic Christ"   6:46
7. "Love So Lovely"   4:03
8. "Devastation"   4:00
9. "Heat Beat"   4:13
  1. "TrouserPress.com :: Suicide". www.trouserpress.com. Consultado o 2020-01-20. 
  2. "Suicide - A Way Of Life". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-01-20.