Suicide (álbum de 1977)
Suicide é o álbum de estudio da banda estadounidense de protopunk Suicide, publicado en decembro de 1977 a través do selo Red Star Records. O disco foi producido por Craig Leon e Marty Thau e gravado en catro días nos Ultima Sound Studios en Nova York. O álbum conta coa electrónica minimalista de Martin Rev e ritmos duros e repetitivos combinados coas voces de Alan Vega inspiradas no rock and roll e representacións da vida urbana.
Suicide | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Suicide | ||||
Publicado | decembro de 1977 | |||
Estudio(s) | Ultima Sound | |||
Duración | 32:07 | |||
Xénero(s) | synth-punk, rock electrónico, synth-pop, electrónico, música minimalista | |||
Selo(s) | Red Star Records | |||
Produtor | Craig Leon, Marty Thau | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Tras o seu lanzamento inicial Suicide foi recibido positivamente pola prensa británica, pero tivo críticas dispares nos Estados Unidos, onde non chegou a entrar nas listas. Porén, ao pouco tempo o disco sería considerado como un fito na música electrónico e no rock. En 2013 Pitchfork nomeouno un dos mellores álbums dos anos 70 e Rolling Stone colocouno no númer 441 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[1] O disco aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2] O álbum tamén influenciou a artistas de varios xéneros como Bruce Springsteen, The Fleshtones, Spacemen 3,[3] e Peaches.
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Alan Vega e Martin Rev.
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Ghost Rider" | 2:34 | |||||||
2. | "Rocket U.S.A." | 4:16 | |||||||
3. | "Cheree" | 3:42 | |||||||
4. | "Johnny" | 2:11 | |||||||
5. | "Girl" | 4:05 |
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Frankie Teardrop" | 10:26 | |||||||
2. | "Che" | 4:53 |
Notas
editar- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2012-05-31). "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-01-20.
- ↑ Robert Dimery; Michael Lydon (23 March 2010). 1001 Albums You Must Hear Before You Die: Revised and Updated Edition. Universe. p. 58. ISBN 978-0-7893-2074-2
- ↑ Conflict, número 48, verán de 1988