Suicide: Alan Vega and Martin Rev
Suicide: Alan Vega and Martin Rev é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de protopunk Suicide, publicado en maio de 1980 a través do selo ZE Records.[1] O disco foi producido por Ric Ocasek de The Cars. Gravouse en xaneiro de 1980 e Ocasek deulle ao teclista Martin Rev equipamento novo para tocar no traballo, mentres que Alan Vega distanciouse da música do álbum para concentrarse nas voces. Michael Zilkha, de ZE, meteu presión para darlle ao álbum un son máis orientado á música dance, agardando que o músico dance Giorgio Moroder producise o traballo.
Suicide: Alan Vega and Martin Rev | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Suicide | ||||
Publicado | maio de 1980 | |||
Gravación | xaneiro de 1980 | |||
Estudio(s) | Power Station | |||
Duración | 40:33 | |||
Xénero(s) | synth-pop | |||
Selo(s) | ZE Records | |||
Produtor | Ric Ocasek | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O álbum foi listado na lista de mellores disco dese ano da revista NME. Alan Vega sentiu que "nada grande (para o grupo) pasara" tras o seu lanzamento inicial. Tanto Vega como Rev publicaron álbums en solitario tras a edición deste disco.
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Martin Rev e Alan Vega.
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Diamonds, Fur Coat, Champagne" | 3:21 | |||||||
2. | "Mr. Ray (to Howard T.)" | 5:14 | |||||||
3. | "Sweetheart" | 3:37 | |||||||
4. | "Fast Money Music" | 3:08 | |||||||
5. | "Touch Me" | 4:24 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Harlem" | 6:38 | |||||||
2. | "Be Bop Kid" | 2:13 | |||||||
3. | "Las Vegas Man" | 4:10 | |||||||
4. | "Shadazz" | 4:25 | |||||||
5. | "Dance" | 3:23 |
Notas
editar- ↑ "Suicide - Suicide: Alan Vega · Martin Rev". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-01-20.