Butthole Surfers

Butthole Surfers é unha banda estadounidense de rock alternativo fundada polo vocalista Gibby Haynes e os guitarristas Paul Leary e Jonathan Grisham en San Antonio, Texas no ano 1981. O grupo tivo varios cambios na súa composición, pero o seu núcleo, formado por Haynes, Leary e o batería King Coffey, leva xunta dende 1983. Teresa Taylor foi segunda batería entre 1983 e 1985, 1986 e 1989, e no ano 2009. Pola banda pasaron varios baixistas, destacando entre eles Bill Jolly e Jeff Pinkus.[1][2]

Butthole Surfers
Butthole Surfers.jpg
OrixeSan Antonio, Texas, Flag of the United States.svg
Período1981 - presente
Xénero(s)noise rock, avant-garde, hardcore punk, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Alternative Tentacles, Touch and Go, Latino Buggerveil, Rough Trade, Capitol, Surfdog, Hollywood
MembrosGibby Haynes
Paul Leary
King Coffey
Jeff Pinkus
Teresa Taylor
Artistas relacionadosThe Jackofficers, Honky, P, Gibby Haynes & His Problem, Rubble, Carny, Drain, The Hugh Beaumont Experience, Daddy Longhead, Fearless Iranians from Hell, Shockabilly, The Marching Plague, Melvins, USA/Mexico
Páxina webbuttholesurfers.com

Coas súas raíces na escena hardcore punk dos 80, Butthole Surfers rapidamente se fixo coñecida polos seus directos caóticos, o seu humor negro e un son que incorporaba elementos da psicodelia, o noise, o punk rock e, posteriormente, da electrónica.[3]

Aínda que respetados polos seus iguais e cunha devota base de fans, Butthole Surfers tivo moi pouco éxito comercial, a pesar de ser respectados polos seus compañeiros e de contar cunha devota base de fans, ata a publicación en 1996 de Electriclarryland.[4] O álbum contiña o exitoso sinxelo "Pepper", o cal chegou ao número 1 da lista da Billboard Modern Rock Tracks ese ano.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbum Ano Selo Observacións
Psychic... Powerless... Another Man's Sac 1984 Touch and Go, Fundamental
Rembrandt Pussyhorse 1986 Touch and Go, Red Rhino Europe
Locust Abortion Technician 1987 Touch and Go
Hairway to Steven 1988 Touch and Go
piouhgd 1991 Rough Trade Records
Independent Worm Saloon 1993 Capitol Records
The Hole Truth...and Nothing Butt 1995 Trance Syndicate recompilatorio
Electriclarryland 1996 Capitol Records
Weird Revolution 2001 Surfdog, Hollywood

NotasEditar

  1. Azerrad, Our Band, p. 289
  2. Lieck, "Reissuing the Butthole Surfers: Tongue-in-Cheek Terror", Austin Chronicle vol. 18 Nº 52
  3. "How Did It Come to This?". The Rumpus.net (en inglés). 2009-03-06. Consultado o 2020-09-28. 
  4. Azerrad, Our Band, p. 274-311

BibliografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar