Jello Biafra
Jello Biafra, nado como Eric Reed Boucher o 17 de xuño de 1958, é o antigo vocalista e compositor da banda de punk rock estadounidense Dead Kennedys. Despois de deixar os Dead Kennedys, fíxose cargo da ifluínte discográfica independente Alternative Tentacles, que co-fundou en 1979 xunto co seu compañeiro de grupo East Bay Ray. Aínda que actuamente céntrase principalmente na spoken word, continou traballando de músico en numerosas colaboracións.
Jello Biafra | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Eric Reed Boucher |
Data nacemento | 17 de xuño de 1958 (65 anos) |
Nado en | Boulder, Colorado ![]() |
Ocupación | cantante, actor, Activista polos dereitos humanos, político, xornalista, actor de cinema, activista pola paz, compositor de cancións e ecoloxista |
Instrumento(s) | voz |
Relacionado con | Dead Kennedys, The Melvins, No WTO Combo, D.O.A., Lard, Al Jourgensen, Ministry, Pennywise, The Offspring, Pansy Division, Leftöver Crack, Nomeansno, Sepultura, Tool, Revolting Cocks, Napalm Death, Brujeria, Mojo Nixon, 1000 Homo DJs, Métal Urbain, Body Count, Tumor Circus, Butthole Surfers, Jello Biafra and the Guantanamo School of Medicine |
Tempo en activo | 1976 - actualidade |
Pseudónimo | Jello Biafra |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Politicamente, Biafra é membro do Partido Verde dos Estados Unidos e apoia activamente varias causas. Foi candidato a presidente do partido no ano 2000, rematando segundo de Ralph Nader. É un firme crente dunha sociedade libre, que utiliza a confrontación e a acción directa no nome de causas políticas. Biafra é coñecido por usar absurdas tácticas dos medios, na tradición esquerdista dos yippies, para poñer de relieve cuestións de dereitos civís e xustiza social.