Courtney Michelle Love, nada como Courtney Michelle Harrison o 9 de xullo de 1964, é unha roqueira e actriz estadounidense, coñecida por ser guitarrista e vocalista da banda de rock alternativo Hole, e tamén polo seu matrimonio co líder de Nirvana Kurt Cobain.

Modelo:BiografíaCourtney Love

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Courtney Michelle Love Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Courtney Michelle Harrison Editar o valor en Wikidata
9 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCourtney Michelle Love
Courtney Michelle Cobain
Love Michelle Harrison
Coco Rodriguez
Courtney Love Cobain
Courtney Michelle Menely Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
EducaciónPortland State University (en) Traducir
San Francisco Art Institute
Trinity College Dublín
Drogheda Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e Composición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, actriz de cinema, artista discográfico, compositora de cancións, compositora, cantante, actriz, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo, Grunge, punk rock e Post-grunge Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, voz, baixo e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSympathy for the Record Industry Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKurt Cobain (1992–1994), morte do cónxuxe
James Moreland (1989–1989), nulidade Editar o valor en Wikidata
FillosFrances Bean Cobain
 () Kurt Cobain Editar o valor en Wikidata
PaisHank Harrison Editar o valor en Wikidata  e Linda Carroll Editar o valor en Wikidata
ParentesPaula Fox, avoa materna
Paul Hervey Fox, mother's mother's father
Elsie Fox, mother's mother's mother Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcourtneylove.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001482 Allocine: 24144 Rottentomatoes: celebrity/courtney_love Allmovie: p43419 TV.com: people/courtney-love
Facebook: courtneylove Twitter: Courtney Instagram: courtneylove MySpace: courtneylove Youtube: UCX8L2exHT9rqfpCC0TCx57A BNE: XX1174275 Spotify: 4vI0xGbQl2cMnMiagUEBOj iTunes: 3292794 Last fm: Courtney+Love Musicbrainz: 31d2041c-985d-48f7-b6e2-2a70cdf14853 Songkick: 14135 Discogs: 267484 Allmusic: mn0000109414 WikiTree: Harrison-6499 Deezer: 6912 Genius: Courtney-love Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Infancia

editar

Courtney Love naceu en 1964 en San Francisco, California, onde os seus pais se coñeceran e casaran. A súa familia formou parte da escena hippie dos anos 60. Linda Carroll, a nai de Love, medrara nunha familia católica rica, pero aventurouse e integrouse na subcultura de San Francisco onde coñeceu a Hank Harrison. O pai de Courtney traballou un tempo como road manager de The Grateful Dead, e Love apareceu na contraportada do seu álbum de 1969 Aoxomoxoa, sentada baixo unha árbore entre os membros da banda e varios roadies e músicos.

Os seus pais divorciáronse cando Courtney tiña cinco anos, e a nai acusou ao pai de darlle LSD con tres anos. O pai negou esta acusación pero finalmente a custodia quedou nas mans da nai. Love pasou o resto da súa infancia nas comunas hippies de Oregón, onde xunto coas súas tres irmanexas e a súa nai se mudaron a Eugene. A súa nai estudou alí psicoterapia na Universidade de Oregón, e casou novamente. Love era intimidada na escola e chamada "pee girl" (nena mexo) debido a que as súas roupas adoitaban a estas sucias, e foi enviada a varios terapeutas e conselleiros tras ter manifestado problemas de ira.

En 1972 a nai de Love mudouse a Nova Zelandia coas irmanastras pero deixou a Courtney nos Estados Unidos ao coidado da familia dun amigo. Ao pouco tempo marchou a Portland, Oregón para vivir co seu ex-padrasto, e, aos 12 anos, solicitou unirse ao Mickey Mouse Club, sendo rexeitada tras ler un poema de Sylvia Plath na súa audición.

Adolescencia

editar

Aos 14 anos Love foi arrestada por conduta criminal e roubo despois de roubar unha camiseta, sendo enviada a un centro de detención para mozos. Sería enviada durante un tempo coa súa nai a Nova Zelandia, pero, debido a que se negou a estar con ela, regresou aos Estados Unidos, onde foi admitida no Hillcrest Youth Correctional. Entre os anos 1978 e 1980 Love pasaría por unhas 20 centros de menores e casas de acollida.

Aos 16 anos Love escapou do sistema xuvenil de Oregón e obtivo a emancipación legal da súa familia. Posteriormente viaxou a Inglaterra, Irlanda e o Xapón, vivindo dun fondo creado para ela polos pais adoptivos da súa nai. Mentres estivo en Irlanda Love estivo dous semestres no Trinity College de Dublín e traballou de fotógrafa para Hot Press. Déronlle 500 dólares cada mes e comezou a coller traballos en clubs de striptease para gañar cartos extra. En Inglaterra trasladouse á casa do músico de Liverpool Julian Cope, de The Teardrop Explodes, e comezou a ir con regularidade a concertos de rock. Tamén se fixo amiga de Ian McCulloch, de Echo and the Bunnymen.

Love regresou a Portland aos 17 anos, e formou parte da escena punk rock da cidade. Segundo ela traballou como DJ na emisora comunitaria de radio KBOO, e escribiu un artigo baixo o nome "Courtney Michelle" no fancine punk MRR.

Aínda que seguía sendo menor de idade, Love volveu traballar como bailarina exótica en varios locais de Portland, mentíndolle aos donos dos clubs para conseguir os traballos. Cos seus ingresos como stripper puido alugar un apartamento en Northwest Portland con dous amigos. Entre 1980 e 1982 viaxou frecuentemente pola costa oeste dos Estados Unidos buscando as escenas musicais locais da zona e nesa época adoptou o nome "Courtney Love".

Carreira musical

editar

Primeiros proxectos

editar

Love comezou a súa carreira musical cun breve paso como vocalista de Faith No More. Segundo Love, presentouse nun concerto en San Francisco en 1982 cun vestido de noiva e basicamente "esixiu" entrar na banda para substituír o seu cantante. Tiña 18 anos e estivo pouco tempo na banda, aínda que posteriormente conservaría a amizade con Roddy Bottum.

Aos 20 anos, en 1984, Love coñeceu a Kat Bjelland en Portland e as dúas comezaron unha amizade marcada pola experimentación coas drogas. Ámbalas dúas estaban moi interesadas na música e decidiron formar unha banda xuntas chamada Sugar Babydoll. A parella recrutou á baixista Jennifer Finch nos Ánxeles, da que Love era amiga. A banda non durou moito tempo e separouse en 1985.

Love e Bjelland mudáronse a San Francisco o ano seguinte e formaron unha banda chamada The Pagan Babies, xunto con Deidre Schletter e Janis Tanaka, pero o grupo desfíxose despois de gravar unha demo. Finalmente, Love tocou o baixo na banda de Kat Bjelland Babes in Toyland en Minneapolis durante pouco tempo ao ser expulsada do grupo.

Love asistiu brevemente a varias universidades entre 1985 e 1987 durante as súas distintas mudanzas, pasando entre seis meses e un ano en cada unha. Estivo na Portland State University, na San Francisco State University e no San Francisco Art Institute, pero nunca investiu o suficiente tempo para graduarse.

Sen éxito ata o momento nos seus proxectos musicais, Love, unha inexperimentada actriz, enviou unha audición en cinta ao director Alex Cox, que lle valeu un pequeno papel na película biográfica de Sid Vicious Sid and Nancy (1986). Impresionado por Love, Cox ofreceulle 40.000 dólares por un papel protagonista na súa seguinte película, Straight to Hell (1987), filmada en España en 1986. Love non quedou satisfeita coa experiencia e o "baixo nivel de popularidade" que lle reportou e regresou a traballar como streapper, onde era recoñecida e fotografada polos clientes dun bar de McMinnville, Oregón. Love retirouse posteriormente a Alasca durante varios meses onde continuou traballando de streapper para manterse, ao mesmo tempo que escribía cancións coas que aspiraba a formar unha banda.

Formación de Hole

editar
Artigo principal: Hole.

En 1989 Love mudouse aos Ánxeles insatisfeita pola actuación e aprendeu a tocar a guitarra para formar unha nova banda. Puxo un anuncio no fanzine Flipside que poñía: "Quero iniciar unha banda. As miñas influencias son Big Black, Sonic Youth e Fleetwood Mac". A este respondeu o guitarrista Eric Erlandson, xunto cunha ducia de músicos. Love finalmente elixiu a Erlandson. Despois de que pasasen un feixe de baixistas e baterías, Love e Erlandson recrutaron ao baixista Jill Emery e á batería Caroline Rue para a banda, a cal recibiría o nome de Hole.

Coincidindo coa formación de Hole, Love coñeceu e casou con "Falling" James Moreland, vocalista de The Leaving Trains. Love diría anos despois que os dous casaron como "unha broma", e aos poucos meses anularon o matrimonio.

Hole realizou o seu primeiro concerto en novembro de 1989, despois de tres meses de ensaios, e editou sinxelos co selo independente de Long Beach Sympathy for the Record Industry. O seu primeiro sinxelo, titulado "Retard Girl", apareceu na primavera de 1990, e foi producido polo entón xa exmarido de Love James Moreland. Un ano despois a banda lanzou o segundo sinxelo, "Dicknail", a través de Sub Pop Records.

Influenciados polos sons e o estilo das bandas de no wave, Love buscou á Kim Gordon, baixista de Sonic Youth, para producir o seu primeiro álbum, unha proposición que Gordon aceptou. O álbum de estrea de Hole, Pretty on the Inside, foi editado en setembro de 1991 a través do selo Caroline Records e foi producido por Gordon e por Don Fleming, da banda Gumball. Tivo boas vendas para ser unha edición independente, e recibiu críticas favorables na prensa musical alternativa británica, chegando ao posto 59 da lista británica de álbums en outubro de 1991. Love saíu de xira con Hole para promocionar o traballo nos Estados Unidos e a esta seguiulle outra por Europa e o Reino Unido.

Durante este período, Love fixérase amiga de moitas figuras da escena do rock alternativo, como Michael Stipe de R.E.M. e Billy Corgan de The Smashing Pumpkins (co cal saíu durante un tempo). En xaneiro de 1989, Love tivo o seu primeiro encontro co líder de Nirvana Kurt Cobain en Portland no club nocturno Satyricon, onde traballara na súa adolescencia. Cobain e a súa banda, que nese momento aínda se movían polo underground, tocaran nese club esa noite. Love e Cobain comezaron a saír en 1991 e casaron en 1992. Tiveron a súa única filla, Frances Bean Cobain, no mes de agosto de 1992.

Éxito comercial

editar

O matrimonio entre Love e Cobain durou ata 1994, cando no mes de abril Cobain foi atopado morto na casa da parella en Seattle cun disparo na cabeza co cal se suicidou. Os dous estiveran en centros de rehabilitación distintos en California nesa época debido ao seu abuso da heroína; Cobain abandonou o centro durante o tratamento e desapareceu, regresando a Seattle sen dicirllo a ninguén. O seu corpo atopouse o día 8 de abril, catro días antes da edición do segundo álbum de Hole, Live Through This. Celebrouse un memorial por Cobain dous días despois no Seattle Center, cunha mensaxe pregravada de Love lendo a nota de suicidio de Cobain. Preto do final da vixilia Courtney chegou ao parque e entregou roupa de Kurt aos que aínda quedaban alí.

A traxedia na vida persoal de Love ocorreu durante o maior logro de Hole ata o momento; Live Through This, gravado no outono de 1993 en Atlanta, podía atraer moita atención, non só por ser o primeiro álbum comercial da banda, senón tamén pola coincidencia da súa aparición aos poucos días da morte de Kurt Cobain. O álbum contaba cunha nova formación, con Kristen Pfaff no baixo e Patty Schemel na batería; Jill Emery e Caroline Rue deixaran o grupo en 1992. Menos de dous meses despois do lanzamento do disco, o 16 de xuño, Kristen Pfaff morreu dunha suposta sobredose de heroína. Love recrutaría entón á baixista de 22 anos Melissa Auf der Maur para a xira que irían empezar. Durante os meses previos a esta xira, Love raramente apareceu en público. [[Ficheiro:Courtneylovecarnegiehall2009.jpg|miniatura As actuacións de Hole en 1994 e 1995 destacaron polo estado emocional de Love nesa época, alterando algunhas das letras da cancións, dedicándolle temas a Cobain e a Pfaff, provocando aos seareiros, lanzando guitarras á audiencia, ou poñéndose a berrar no escenario. Moitos seguidores descontentos de Nirvana, partidarios da teoría que dicía que Love asasinara a Cobain, chegaron a lanzarlle cartuchos de escopeta ao escenario.

O carácter dramático da xira saíu á luz pública o 4 de xullo de 1995 mentres tocaba no Lollapalooza, Love pegou á cantante de Bikini Kill, Kathleen Hanna, na cara, despois de tirarlle un cigarrillo aceso. Hanna ao parecer fixera unha broma sobre a filla de Love disparándose nun armario. Despois do incidente, Hanna presentou cargos, e Love declarouse culpable e asistiu a clases para controlar a súa ira.

A pesar das traxedias recentes na vida de Love e á emocional xira, Live Through This foi un enorme éxito comercial e de crítica. Spin e Village Voice declarárono álbum do ano e no mes de novembro foi certificado ouro, e en abril de 1995 chegaría a ser platino.

Os temas do álbum tratan do embarazo, a violación, as relación de conformidade, o abuso a nenos e o suicidio. Live Through This foi declarado un dos mellores álbum de todos os tempos pola revista Rolling Stone na súa lista dos 500 mellores álbum aparecida no 2003.

Hiato e Celebrity Skin

editar

Despois do éxito de Live Through This, Hole parou as súas actividades a comezos de 1996, mentres Love actuaba en varias películas. En 1997 a banda editou un álbum recompilatorio, My Body, the Hand Grenade, a través do selo City Slang, que contén material dende as primeiras gravacións do grupo en 1989 ata 1995.

Mentres My Body, the Hand Grenade chegaba ás tendas, Hole atopábase no estudio gravando o seu seguinte álbum, Celebrity Skin, que ten un son máis pop rock que os seus traballos anteriores. O disco foi lanzado en setembro de 1998 e destacou polo seu estilo comercial, recibindo boas críticas. Celebrity Skin chegou a ser multi-platino e encabezou as listas do "mellor do ano" para Spin, Village Voice e outras publicacións. Erlandson continuaba sendo o principal guitarrista, Melissa Auf der Maur encargouse do baixo e dos coros, e a batería Patty Schemel foi substituída por un músico de sesión durante a gravación. Este é o único álbum da banda en ter un sinxelo no número 1 da lista Modern Rock Tracks, "Celebrity Skin".

Durante a edición e promoción de Celebrity Skin, Love e Fender deseñaron unha guitarra Squier de baixo prezo, chamada Vista Venus (ao igual que fixo Kurt Cobain en 1994, facendo o deseño da súa Fender Jag-Stang). O instrumento tiña unha forma inspirada nos corpos sólidos de guitarras Mercury, Stratocaster e Rickenbacker, cunha pastilla sinxela e unha pastilla humbucker.

Hole saíu de xira por Australia en 1999 para promocionar o álbum, e polos Estados Unidos tocou conxuntamente con Marilyn Manson. As dúas bandas burlábanse entre si no escenario, e finalmente Hole abandonou a xira citando a obriga de pagar o 50% dos custos de Marilyn Manson como principal razón. Os vocalistas de ámbalas dúas bandas dixeron na MTV que non había animosidade e que estaban contentos de rematar a xira. Hole rematou de xirar ese ano sendo a súa banda abreconcertos Imperial Teen.

Traballo en solitario

editar

Con Hole parado, Love formou un "supergrupo de punk rock feminino" chamado Bastard durante o outono de 2001, contando con Schemel, a co-líder de Veruca Salt Louise Post, e a baixista Gina Crosley, que recomendou Post. A pesar de que completaron unha demo, o proxecto nunca chegou a bo termo: conflitos entre Love e Crosley, e despois entre Love e a baixista substituta Corey Parks, de Nashville Pussy, levaron á desaparición do grupo. O 24 de maio do 2002 Hole anunciou oficialmente a súa separación no medio dun litixio en curson co Universal Music Group.

Un feixe de problemas legais rodearon a Love a comezos do 2003, cando a atención pública centrouse nela por varios arrestos e cargos por drogas, sobre todo despois do lanzamento do seu álbum en solitario, America's Sweetheart. Love comezara a compoñer o álbum con Linda Perry en 2002.

America's Sweetheart, editado por Virgin Records en febreiro do 2004, foi acollido pola crítica con opinións variadas. Spin falou del como un "acto asombroso da vontade artística, digno sucesor do álbum de 1995 Live Through This" e outorgoulle 8 estrelas sobre 10, mentres que Rolling Stone dixo que, "para as persoas que gozan vendo ás celebridades desmoronarse, America's Sweetheart debería ser máis divertido que un maratón dos Osbournes".

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar