Eric Erlandson

músico estadounidense

Eric T. Erlandson, nado o 9 de xaneiro de 1963 nos Ánxeles (California), é un músico estadounidense coñecido por ser cofundador e guitarrista da banda de rock alternativo Hole.

Infotaula de personaEric Erlandson

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
San Pedro, Estados Unidos, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLoyola Marymount University (en) Traducir
San Pedro High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , compositor de cancións , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Hole (1989–2002) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSympathy for the Record Industry Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0259517 Facebook: Eric-Erlandson-147617441922044 Twitter: eric_erlandson Musicbrainz: b3461bc9-768d-40fe-8d47-c93c2c0e2789 Songkick: 2289619 Discogs: 295368 Allmusic: mn0000188210 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Erlandson naceu e medrou en San Pedro, un distrito dos Ánxeles. A súa familia é procedente de Suecia. Durante os seus anos de universidade traballou na cadea de tendas de discos Licorice Pizza. Posúe un título de grao en económicas, coa especialización en mercadotecnia, obtido na Loyola Marymount University, onde o seu pai, Theodore Erlandson, foi decano.

Antes de formar Hole, Erlandson traballou na Capitol Records. Tiña amizade con Kurt Cobain e Courtney Love e chegou a saír coa actriz Drew Barrymore, que é a madriña da filla de Cobain e Love, Frances Bean. Tamén tivo unha relación coa baixista de Hole Kristen Pfaff, que morreu dunha sobredose de heroína dous meses despois da edición do segundo álbum da banda, Live Through This.

Hole editar

A mediados de 1989 Eric respondeu a un anuncio posto por Courtney Love na revista Flipside e xunto coa baixista Lisa Roberts, irmá da actriz Julia Roberts, formarían Hole. Realizarían os seus primeiros concertos coa batería Caroline Rue e o guitarrista Mike Geisbrecht. Roberts foi substituída por Jill Emery e Geisbrecht deixaría a banda antes da gravación do seu primeiro álbum, Pretty on the Inside, aparecido en 1991.

Pretty on the Inside chegou a ter bastante éxito no underground británico. Rue deixou a banda en abril de 1992 e entraron no grupo a batería Patty Schemel e a baixista Kristen Pfaff. Hole asinou un contrato con selo DGC en 1992, e un ano despois comezou a gravar o seu álbum Live Through This.

En maio do 2002 Eric e Courtney Love anunciaron oficialmente a disolución de Hole a través da súa páxina web, indicando que "non gravarían ou xirarían máis xuntos".

No ano 2009, Love anunciou que o seu seguinte álbum en solitario, Nobody's Daughter, sería editado baixo o nome de Hole e falou dunha reunión da banda, co guitarrista Micko Larkin substituíndo a Erlandson. Auf der Maur foi a primeira en responder á noticia, dicindo que iso poñía en perigo unha reunión real de Hole, e Erlandson afirmou que el e Love "tiñan un contrato". Posteriormente revelouse que ese contrato era para previr calquera reforma sen que ambos estivesen involucrados.

Outros proxectos editar

Durante 1996, Erlandson formou un proxecto de curta vida, Rodney & the Tube Tops, con Thurston Moore de Sonic Youth e outros músicos. Editaron un sinxelo, "I Hate The '90s", e o proxecto disolveuse pouco despois. Cando Hole se desfixo, compuxo temas coa actriz Bijou Phillips e colaborou no álbum de estra en solitario de Melissa Auf der Maur, titulado Auf der Maur, tocando a guitarra na canción "Would If I Could". Saíu de xira coa banda do seu amigo Bill Bartell, White Flag, e actuou dúas veces cun grupo onde estaba o vocalista John Wolfington e o batería Blackie Onassis de Urge Overkill. No 2007, Erlandson formou o proxecto de improvisación RRIICCEE, co seu veciño Vincent Gallo. A banda xirou polos Estados Unidos e o Canadá, e tocaron no Fuji Rock Festival no Xapón. Erlandson entón deixou o grupo.

O 31 de outubro do 2010, Erlandson actuou cunha nova banda, Empty Bird, no Show Cave de Los Angeles. Na actualidade está compoñendo cancións coa icona folk Donna Carson.