San Pedro, Estados Unidos

Coordenadas: 33°44′24″N 118°17′24″O / 33.74000, -118.29000

San Pedro é unha comunidade que forma parte da cidade dos Ánxeles, en California (Estados Unidos).

Límites de San Pedro.
Debuxo tirado de Los Angeles Times.

Foi anexionada ao municipio dos Ánxeles en 1909 e conta cun dos portos principais da rexión.

Transformouse desde ser antigamente unha comunidade pesqueira, a ser un distrito industrial, e unha comunidade residencial da clase obreira.

HistoriaEditar

San Pedro foi nomeado así na memoria de San Pedro I de Alexandría, bispo de Alexandría no século IV. A súa festividade é o 24 de novembro no calendario eclesiástico de España, e ese foi o día, en 1542, en que o navegante e explorador español Juan Rodríguez Cabrillo descubriu na baía a illa de Santa Catarina (así nomeada na honra de Santa Catarina de Alexandría), e foi reclamada para o Imperio español ao día seguiente, o día da súa festividade, o 25 de novembro.[1]

En 1602-1603, Sebastián Vizcaíno (1548 – 1624),[2] o primeiro europeo que pisou a actual California, cartografou a súa costa, incluíndo a baía de San Pedro, na Nova España.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Lauren Lloyd (2013): "Why Spanish Pronunciations Of L.A. Neighborhoods Are Making A Comeback" Arquivado 09 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. en laist.
  2. Comerciante, militar, explorador e diplomático de España que é recordado por realizar unha viaxe para cartografar as costas do océano Pacífico da actual California e ter sido o primeiro embaixador de España no Xapón.

Véxase taménEditar