Frances Bean Cobain

artista estadounidense

Frances Bean Cobain, nada nos Ánxeles (California) o 18 de agosto de 1992, é unha artista visual estadounidense. É a única filla do líder de Nirvana, Kurt Cobain, e da líder de Hole, Courtney Love.

Modelo:BiografíaFrances Bean Cobain

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHighland Hall Waldorf School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista, xornalista, modelo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRiley Hawk (2023–)
Isaiah Silva (2014–2017), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaRiley Hawk (2021–2023) Editar o valor en Wikidata
PaisKurt Cobain Editar o valor en Wikidata  e Courtney Love Editar o valor en Wikidata
ParentesHank Harrison, avó materno
Linda Carroll, avoa materna
Paula Fox, bisavó
Paul Hervey Fox, tataravó
Elsie Fox, tataravoa
Donald Leland Cobain, avó paterno
Wendy Elizabeth Fradenburg, avoa paterna
Leland Elmer Cobain, paternal grandfather's father
Iris Maxine Labrot, paternal great-grandmother
John Arthur James Cobain, father's father's father's father
Grace Almeda Gibson, father's father's father's mother Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4769966 Twitter: The_SpaceWitch Instagram: thespacewitch Musicbrainz: 6d492469-b289-43b4-8ca8-bf0d8e9d387a WikiTree: Cobain-54 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O nome de Frances foi elixido en honor de Frances McKee, a guitarrista do dúo indie rock The Vaselines. O segundo nome, Bean, foi elixido porque Kurt pensou que parecía un feixón na ecografía. O seu padriño é o cantante de REM, Michael Stipe e Drew Barrymore é a súa madriña.

En agosto do 2006 foi fotografada pola revista Elle vestindo o famoso suéter e os pantalóns de pixama do seu pai como parte dun artigo no cal os fillos de famosas estrelas de rock vestían pezas dos seus pais. Ela explicou "Vestín os seus pixamas porque en 1992 el casou coa miña nai en Hawai vestíndoos, polo que crin que sería adorábel se os vestía hoxe. El era demasiado preguizoso como para usar un esmoquin e casou en pixama!

En xullo de 2010, Cobain presentou unha colección das súas obras de arte titulada "Scumfuck" baixo o pseudónimo de "Fiddle Tim" na Galería A Luz de Xesús nos Anxeles

O 4 de agosto do 2012 Cobain participou nunha exposición grupal titulada "A MiXTAPE" utilizando o seu propio nome. Os artistas debían elixir unha canción pola cal debían ser inspirados a crear. Frances elixiu a canción "Black" da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain. A mestura eléctrica de cancións estivo dispoñíbel en formato dixital en iTunes.

O 30 de outubro do 2012 Cobain anunciou que a súa primeira exposición solista tería lugar en febreiro e sería posibilitada pola artista e cantante Jessicka.

Outros traballos

editar

Segundo a revista Rolling Stone, o título e a portada do box set de 2005, Sliver: The Best of the Box, foron elixidos por Cobain.

Cobain traballou como pasante de Rolling Stone de xuño a agosto de 2008.

Cobain apareceu como vocalista invitada na canción My Space do álbum Evelyn Evelyn de Evelyn Evelyn, que foi lanzado o 30 de marzo de 2010. Amanda Palmer de Evelyn Evelyn aclarou que Cobain foi unha das 20 artistas que cantaron a mesma liña e cuxas voces foron mesturadas na gravación.