Caroline Records
Caroline Records é un selo discográfico que comezou como unha subsidia de Virgin Records durante principios e mediados dos anos 70. O selo orixinalmente especializouse en poñer a prezo accesible discos de artistas principalmente de rock progresivo e jazz, que consideraban que non tiñan un gran tirón no mainstream ou atractivo comercial, pero que a miúdo tiñan un grande interese pola súa creatividade.
Caroline Records | |
---|---|
Compañía nai | EMI |
Fundado en | 1973 |
Fundador | Richard Branson |
Distribuidoras | Virgin Records |
Xénero(s) | punk rock, new wave, jazz, rock progresivo, krautrock, música experimental, música industrial, música electrónica |
Orixe | Reino Unido, Estados Unidos |
Localización | Londres, Nova York |
http://www.carolinerecords.com/ | |
A súa primeira edición foi Outside the Dream Syndicate de Toni Conrad e Faust en 1973. O seu logotipo orixinal foi unha variación do dos "xemelgos" de Virgin deseñado por Roger Dean.
Tanto a súa rama británica como a estadounidense son subsidiarias de Caroline Music, que inclúe a Caroline Distribution e á súa vez pertence a EMI. Caroline ten ou tivo un feixe de selos subsidiarios como Astralwerks, Gyroscope, Caroline Blue Plate, Rocks the World, Scamp e Passenger.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina do selo (en inglés)