Celebrity Skin

álbum de Hole

Celebrity Skin é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Hole, editado o 8 de setembro de 1998[1] a través do selo DGC Records en Estados Unidos e de Geffen Records internacionalmente. Foi o último álbum lanzado polo grupo antes da súa disolución en 2002.

Celebrity Skin
Álbum de Hole
Publicado8 de setembro de 1998
Gravaciónabril de 1997 - febreiro de 1998
Estudio(s)Conway Studios & Record Plant, Quad Studios e Olympic Studios
Duración50:23
Xénero(s)rock alternativo, post-grunge
Selo(s)DGC Records
ProdutorMichael Beinhorn e Eric Erlandson
Cronoloxía
My Body, the Hand Grenade
(1997)
Celebrity Skin Nobody's Daughter
(2010)
Na rede
Spotify: 0ZIlM7A6pZyNhfohaWjauj Discogs: 43750 Allmusic: mw0000093734 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hole pretendía que o disco diverxese significativamente do seu son anterior con influencias noise e grunge, como o que tiña Pretty on the Inside (1991) e Live Through This (1994). A banda contratou ao produtor Michael Beinhorn para gravar Celebrity Skin durante un período de nove meses que incluíu sesións nos Ánxeles, Nova York e Londres. Foi o único álbum de estudio do grupo en contar coa baixista Melissa Auf der Maur. A batería Patty Schemel tocou nas demos para o disco pero foi substituída polo batería de sesión Deen Castronovopor suxestión de Beinhorn. Este feito creou unha fenda entre Schemel e a banda, o que provocou que abandonase a xira e se separase do grupo, aínda que se lle seguiu acreditando.

A banda procurou usar Os Ánxeles e o estado de California como tema unificador e comezou a escribir o que concibiron como un "álbum californiano" en 1997. A diferenza dos lanzamentos anteriores de Hole, as cancións finais de Celebrity Skin contaron con contribucións instrumentais de varios músicos alleos á banda, principalmente Billy Corgan, quen coescribiu os arranxos musicais de cinco cancións. O antigo compañeiro de banda de Auf der Maur, Jordon Zadorozny, así como a guitarrista de The Go-Go's, Charlotte Caffey, tamén contribuíron á composición dunha canción. A vocalista Courtney Love, que escribiu todas as letras, puxo o nome do álbum e da canción principal por un poema que ela escribira e que estaba influenciado por "The Waste Land" de T. S. Eliot. Os motivos de auga e afogamento tamén destacan en todo o álbum.

Listaxe de cancións

editar
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Celebrity Skin"  Courtney Love, Eric Erlandson, Billy Corgan 2:42
2. "Awful"  Love, Erlandson, Melissa Auf der Maur, Patty Schemel 3:16
3. "Hit So Hard"  Love, Erlandson, Corgan 4:00
4. "Malibu"  Love, Erlandson, Corgan 3:50
5. "Reasons to Be Beautiful"  Love, Erlandson, Auf der Maur, Charlotte Caffey, Jordon Zadorozny 5:19
6. "Dying"  Love, Erlandson, Corgan 3:44
7. "Use Once & Destroy"  Love, Erlandson, Auf der Maur, Schemel 5:04
8. "Northern Star"  Love, Erlandson 4:58
9. "Boys on the Radio"  Love, Erlandson, Auf der Maur 5:09
10. "Heaven Tonight"  Love, Erlandson 3:31
11. "Playing Your Song"  Love, Erlandson, Auf der Maur 3:21
12. "Petals"  Love, Erlandson, Corgan 5:29
50:23
Cancións extra no Xapón
N.º TítuloEscritor(es) Duración
13. "Best Sunday Dress"  Love, Erlandson, Kat Bjelland 4:25
54:48
  1. "Courtney Love Bares Soul With Hole's Celebrity Skin". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2023. Consultado o 2023-05-13.