Gumball foi unha banda estadounidense de rock alternativo fundada en Nova York no ano 1990. A formación orixinal consistía en Don Fleming (voces e guitarra), Eric Vermillion (voces e baixo) e Jay Spiegel (batería). En 1992 engadiuse un cuarto membro, Malcolm Riviera (guitarra e teclados), que tocara anteriormente con Fleming e Spiegel en Velvet Monkeys.

Gumball
OrixeNova York, Estados Unidos
Período1990 - 1994
Xénero(s)rock alternativo, post-punk, grunge
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Primo Scree, Paperhouse
MembrosDon Fleming
Jay Spiegel
Eric Vermillion
Malcolm Riviera
Na rede
MySpace: officialgumball iTunes: 81687462 Musicbrainz: af284aeb-b258-4b45-b351-126995cb41c1 Songkick: 248273 Discogs: 301082 Allmusic: mn0000643128 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Despois de que a banda de Fleming e Spiegel B.A.L.L. se desfixese en 1990, os dous uníronse brevemente a Dinosaur Jr. e editaron un sinxelo a través do selo Sub Pop. Deixaron o grupo pouco despois do lanzamento do seinxelo. Jay Spiegel convidou ao seu amigo Eric Vermillion, membro de The Stump Wizards, para que tocase con eles. Vemillion accedeu e finalmente deixou The Stump Wizards. Despois de menos dunha semana de ensaios, o novo trío realizou o seu primeiro concerto.

No outono de 1990 Gumball entrou no estudio, e o seu primeiro lanzamento saíu pouco despois a través de Paperhouse/Sire en Inglaterra. A edición era un EP de 12" cos temas "All the Time"/"Yellow Pants"/"Gettysburg".

Ao pouco tempo Gumball asinou un contrato co selo Caroline Records. Gravaron e editaron o álbum Special Kiss e iniciaron unha xira ao lado de Mudhoney, Sonic Youth e outras bandas indie estadounidenses a principios dos 90.

En 1991, o A&R de Columbia Records Jim Dunbar aproximouse a Gumball ofrecendolle un contrato de dous álbums. Pouco despois este foi asinado e a banda entrou no estudio para gravar o seu disco Super Tasty. As sesións realizáronse en Wisconsin co produtor Butch Vig, que máis tarde se encargaría do Nevermind de Nirvana.

Añinda que Gumball gravou Super Tasty como trío, un cuarto membro, Malcolm Riviera, uniuse ao grupo pouco despois da edición do álbum. Os catro comezaron a ensaiar e a principios de 1993 fixeron unha xira de promoción.

Despois de xirar polos Estados Unidos, Europa e o Xapón, Gumball regresou ao estudio no outono de 1993 para gravar Revolution on Ice. O traballo foi lanzado por Columbia/Sony en 1994 e a banda realizou unha xira de promoción durante ese ano.

Columbia exerceu a súa opción de despedir á banda despois das decepcionantes vendas de Revolution on Ice. O grupo publicou un CD ao vivo polo seu propio selo a finais de 1994 chamado Tokyo Encore, pweo a principios de 1995 Gumball decidiu deixalo antes de buscar outra discográfica.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Special Kiss 1991 Primo Scree
Super Tasty 1993 Columbia Records
Revolution On Ice 1994 Columbia Records
Tokyo Encore 1994 T.E.C. Tones