Babes in Toyland é unha banda de estadounidense de punk rock formada integramente por mulleres en Minneapolis en 1988. Os seus membros eran Kat Bjelland (guitarra e voz), Lori Barbero (batería) e Michelle Leon (baixo), a cal deixou a banda e foi substituída por Maureen Herman en 1992. Courtney Love estivo durante un breve período de tempo no grupo en 1987 como baixista, antes e ser despedida e formar Hole en 1989.

Babes in Toyland
OrixeMinneapolis, Minnesota, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1988 - 2001
2014 - presente
Xénero(s)rock alternativo, punk rock, grunge, riot grrrl
Selo(s) discográfico(s)Twin Tone, Southern, Strange Fruit, Reprise, Insipid
MembrosKat Bjelland
Lori Barbero
Maureen Herman
Michelle Leon
Antigos membrosChris Holetz
Cindy Russell
Dana Cochrane
Jessie Farmer
Courtney Love
Artistas relacionadosSugar Babydoll, Pagan Babies, Italian Whorenuns, Crunt, Koalas, Katastrophy Wife
Na rede
IMDB: nm2160660 MySpace: babesintoylandmusic Spotify: 3Xdna5z74yNICNKqdaNX9z iTunes: 496736 Last fm: Babes+in+Toyland Musicbrainz: 41593aa1-dda6-4a5a-af87-0eebf93e3775 Songkick: 2476286 Discogs: 92569 Allmusic: mn0000069060 Deezer: 8769 Genius: Babes-in-toyland Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Orixes da banda editar

A banda orixinouse por iniciativa de Kat Bjelland, a líder indiscutible de Babes In Toyland. Despois dunha adolescencia turbulenta, vivindo en varias cidades diferentes, Kat formou a súa primeira banda en 1985, Sugar Baby Doll, con Jennifer Finch (que máis tarde formou L7) e Courtney Love en San Francisco. Sugar Baby Doll non chegou a destacar, tendo só algúns ensaios esporádicos durante algún tempo. En 1987 a idea de seguir carreira nunha banda faise máis seria e Kat e Courtney múdanse para Minneapolis coa intención de formar un novo grupo. Se era común que os mozos migrasen cara Seattle durante a década dos 90 para formar bandas, iso acontecía con Minneapolis a finais dos 80. A cidade tiña unha escena das máis importantes do rock independente estadounidense, cunha gran cantidade de bandas e locais de concertos.

En Minneapolis, Lori Barbero, batería autodidacta xuntouse ás dúas, e Babes in Toyland estaba formado, con Kat na guitarra e na voz e Courtney no baixo. Courtney non durou moito na banda, rompendo unha amizade que logo transformouse en rivalidade. O concepto musical e estético de Babes in Toyland xa estaba establecido cando Courtney mudouse aos Ánxeles e formou Hole, baseado nas mesmas ideas. Kat por moito tempo acusou a Courtney de terse apropiado das súas ideas, mentres Courtney dicía que era o contrario.

Primeiro álbum editar

Deixando a Hole a un lado, Michelle Leon converteuse na nova baixista e Babes in Toyland fixo a súa estrea fonográfica con House/Arriba para o Single's Club da Sub Pop en 1990. No mesmo chegou o primeiro álbum, Spanking Machine, gravado con Jack Endino no lendario estudio Reciprocal en Seattle, lanzado pola Twin/Tone de Minneapolis.

Babes in Toyland tiña influencia do punk, pero as cancións estaban estruturadas de maneira desencontrada, alternando partes rápidas e lentas. Grazas a cancións agresivas como "He's My Thing" e "Pain In My Heart" o disco tivo unha boa repercusión, especialmente en Inglaterra, onde o estilo da banda chamou a atención. Non pasou moito ata que os medios británicos comezaron a escribir artigos sobre Babes in Toyland e o estilo de Kat Bjelland. No ano seguinte, o EP To Mother chegou ás tendas destacando os temas "Mad Pilot" e "Catatonic" e a banda pouco a pouco facíase coñecida no circuíto independente.

En Inglaterra, nunha época na que reinaban os "shoegazers", músicos que se presentaban discretamente ollando cara a abaixo mentres tocaban, o estilo agresivo e aberto de Kat era unha revolución. O xeito de vestir era un capítulo á parte, o "uniforme" de Kat (e da súa rival Courtney Love, xa en Hole), eran vestidos tipo baby-doll, maquillaxe esaxerada e botas, nun estilo que foi bautizado como "kinderwhore" polos medios.

Fontanelle editar

Ironicamente, tanto Babes in Toyland como Hole chamaron a atención de Sonic Youth, e por medio destes Babes in Toyland asinou cunha grande discográfica, a Reprise. Kim Gordon e Lee Ranaldo de Sonic Youth dedicáronse persoalmente aos seus novos afillados, Kim produciu o álbum de estrea de Hole, Pretty on the Inside, mentres Lee foi o produtor de Fontanelle, o álbum definitivo da banda de Kat Bjelland. O son volveuse máis limpo e profesional, sen perder a pegada agresiva da banda, destacando o son da batería de Lori Barbero, que desenvolveu un estilo propio que ela definía como tribal. O disco marcaba tamén a estrea da nova baixista Maureen Herman, que substituíu a Michelle Leon pouco antes das gravacións. Pero o centro das atencións en Fontanelle era Kat, coa súa voz berrando alternada con sussurros insinuantes. "Bruise Violet", unha homenaxe a Courtney Love, era o tema que máis destacaba, chegando a ser o seu videoclip bastante emitido na MTV. Destacaban tamén cancións como "Blood" e "Spun". A maior sorpresa era "Quiet Room", unha misteriosa e delicada canción instrumental.

Coa aparición de máis bandas integradas por mulleres ou con mulleres na formación forxouse o subxénero das riot grrrls, que pasou a gañar amplos espazos nos medios. Asociado a esa escena, Babes in Toyland pasou a ter máis recoñecemento. En 1993 Babes in Toyland foi convidado (por Sonic Youth) a participar do Festival Lollapalooza, na época o principal festival itinerante do rock estadounidense. Para conmemorar a participación no mesmo foi lanzado o EP Painkillers, que contiña unha nova versión de "He's My Thing", algúns temas inéditos e cancións en directo. Pero, a pesar de todo isto, a postura e o son anticomercial non fixeron de Babes in Toyland unha banda popular, aínda que ningunha banda riot grrrl chegou ao estrelato, coa excepción de Hole, que popularizou o seu son a partir do álbum Live Through This, e era odiado por boa parte das seguidoras do riot grrrl.

Nemesisters editar

Despois do Lollapalooza, Babes in Toyland estaba no momento máis importante da súa carreira, pero o seguinte disco só estivo preparado dous anos despois, Nemesisters, lanzado en maio de 1995. En Nemesisters, Babes in Toyland apostaba por unha sonoridade máis tradicional de hard rock, aínda que pesado era menos brutal que nos traballos anteriores. O primeiro sinxelo, "Sweet 69", evidenciaba o novo camiño da banda, baseado en riffs ben marcados. Pero Nemesister tamén traía unha serie de versións curiosas. Unha delas era a balada "All By Myself", de Eric Carmen (gravada ata por Celine Dion), cantada de forma intencionadamente irritante por Kat. "Deep Song", inmortalizada por Billy Holiday, gañou unha curiosa versión a capella con Lori nas voces. Para pechar o trío de versións, "We Are Family", hit da era disco, que converteron ao pop-rock na versión de Babes in Toyland.

Nemesisters non tivo unha boa divulgación e recepción da crítica. Para empeorar as cousas, a Reprise escolleu "We Are Family" como sinxelo, confundindo aos fans. Despois dun ano de xira a banda anunciou que estaba separándose para dedicarse a novos proxectos. Kat formou Katastrophy Wife, ao lado do seu marido Glen Mattson, mentres Lori formou Eggtwist.

No ano 2000 foi lanzado o álbum Lived pola discográfica Almafame, cunha serie de temas extraídos da xira do Lolapalooza. Para conmemorar o lanzamento, a banda fixo un concerto en Minneapolis, que acabou converténdose en disco un ano máis tarde, bautizado Minneapolism. Estrañamente a Alamfame colocou no mercado case simultaneamente tres discos máis, Devil e Viled, dous recompiladorios de cancións en directo e Further Adventures of Babes in Toyland, unha especie de "greatest hits" dos tres lanzamentos anteriores. Como se non bastase, saíu un novo recompilatorio, Natural Babe Killers, pola discográfica Snapper. En Inglaterra foi lanzado o álbum BBC Sessions, cubrindo as presentacións de Babes in Toyland no programa de John Peel, rematando coa avalancha de lanzamentos discutibles no mercado.

En 2001, animada pola repercusión do concerto de Minneapolis, Kat Bjelland axendou unha xira europea para Babes in Toyland. Ela non convidou a Lori e ás baixistas orixinais, optando por membros da banda británica Angelica. Lori soubo da xira pola prensa e ameazou con procesar a Kat, polo que Bjelland deixou de usar o nome de Babes in Toyland.[1]

Reunión, xira e segunda ruptura editar

Nunha entrevista con Lancer Radio no Pasadena College o 26 de xullo de 2014, Kat Bjelland e Maureen Herman confirmaron que volverían a xuntarse para compoñer material novo e realizar concertos.[2] A banda realizou o seu primeiro concerto de reunión en Pioneertown, California no Pappy And Harriet's Pioneertown Palace o 10 de febreiro de 2015.[3] O seu segundo concerto foi no The Roxy Theatre nos Ánxeles o día 12 de febreiro, onde foron presentadas por Tom Morello de Rage Against the Machine que recordou as súas experiencias tocando coa banda no Lollapalooza en 1993. No espectáculo tamén actuaron como convidados Patty Schemel, Eric Erlandson, Brody Dalle e Donita Sparks.[4]

A banda comezou unha xira internacional no mes de maio comezando con concertos en Inglaterra, Escocia, España e Italia, seguida por unha xira norteamericana que incluíu actuacións nos festivais Bumbershoot de Seattle e Montreal Pop.[5] En Minneapolis, onde se formou a banda, o trío tocou no céspede do Walker Art Center nos dous días do festival Rock the Garden, o 20 e 21 de xuño.[6]

Membros editar

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Spanking Machine 1989 Twin/Tone Records
Fontanelle 1992 Southern Records, Reprise Records
Nemesisters 1995 Reprise Records

EPs editar

Álbum Ano Selo
To Mother 1991 Twin/Tone Records
Painkillers 1993 Reprise Records

Notas editar

  1. "Babes In Conflict - Page 1 - Music - Minneapolis - City Pages". web.archive.org. 2010-09-14. Archived from the original on 14 de setembro de 2010. Consultado o 2021-04-17. 
  2. "Babes In Toyland Reunion Is On". Stereogum (en inglés). 2014-06-27. Consultado o 2021-04-17. 
  3. Swensson, Andrea. "Babes in Toyland end their 14-year hiatus with ‘magical’ California desert reunion show". Local Current Blog (en inglés). Consultado o 2021-04-17. 
  4. Fonarow, Wendy; Fonarow, Wendy (2015-02-13). "Babes in Toyland Return as Ferocious as Ever at L.A. Show". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-04-17. 
  5. Minsker, Evan. "Babes in Toyland Announce Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-04-17. 
  6. "Visceral Live Therapy: A Babes in Toyland Comeback". walkerart.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2021. Consultado o 2021-04-17.