Twin/Tone Records

Twin/Tone Records foi un selo discográfico baseado en Minneapolis, Minnesota que operou entre 1977 e 1994 e axudou a varios grupos locais a recibir atención nacional. A discográfica naceu da escena punk rock da cidade, que incluía a locais como o Jay's Longhorn Bar. O selo foi creado por Peter Jesperson, o xornalista musical e deportivo local Charley Hallman, e Paul Stark. The Suburbs farían o primeiro lanzamento de Twin/Tone, co seu álbum The Suburbs en 1978, ademais de realizar o derradeiro con Viva! Suburbs! en 1994. Outras bandas que asinaron coa discográfica foron The Replacements, Babes in Toyland, Agitpop, The Jayhawks, Poster Children, Soul Asylum, The Wallets, Curtiss A e Ween. A compañía actualmente está "aparcada", editando só cantidades limitadas de material descatalogado en CDs gravables personalizados, aínda que algún do seu material máis significativo foi licenciado a Restless Records, parte de Rykodisc.

Twin/Tone Records
Logo
Tiposelo discográfico
Data de fundación1977
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.twintone.com
editar datos en Wikidata ]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar