A Fender Jag-Stang é unha guitarra eléctrica deseñada por Kurt Cobain, líder da banda Nirvana, coa intención de facer un híbrido de dúa guitarra de Fender: a Jaguar e a Mustang. Cobain suxeríu esta idea de instrumento a Fender, e o resultado foron dous prototipos para zurdos fabricados por Larry L. Brooks, das cales só unha foi tocada polo propio Cobain.

Fender Jag-Stang

A guitarra foi enviada a Fender para que lle fixese reparacións antes de que Cobain a levase para a súa xira europea do álbum In Utero en 1994, onde rara vez foi usada ao vivo.

O prototipo de Cobain da Jag-Stang tña unha pastilla especial Fender Texas no mastro e unha DiMarzio H-3 na ponte. O modelo de produción inclúe unha pastilla sinxela "de estilo vintage" e unha humbucker de "deseño especial", cada unha delas co seu propio interruptor onde o instrumentista pode elixir as posicións de "encendido", "apagado" ou "fóra de fase". Emprega a ponte da Mustang e, como as súas predecesoras, ten unha escala curta de 24 polgadas.

Orixinalmente fabricouse no outono de 1995, despois da morte de Kurt Cobain, e Fender Japan re-lanzou a Jag-Stang dous anos despois de que fose deixada de fabricar en 2001 debido á demanda existente. Fender suspendeu a importación da Jag-Stang dende o Xapón en maio do ano 2006.

A Sonic Blue Jag-Stang de Cobain regaloulla Courtney Love ao guitarrista de R.E.M., Peter Buck, despois da morte do seu marido. Se lle pode ver tocando a guitarra (modificada para ser tocada por un destro) no vídeo musical de "What's the Frequency, Kenneth?". Mike Mills, tamén de R.E.M., tocou a mesma guitarra ao vivo na canción "Let Me In", que é un tributo a Kurt Cobain.