Dámosche a benvida á Galipedia, Jockerouac!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 9 de xaneiro de 2021 ás 17:23 (UTC)Responder

Axudas ortográficas

editar

Ola Jockerouac. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 9 de xaneiro de 2021 ás 23:43 (UTC)Responder

Prevalencia

editar

Ola Jockerouac. Creaches o artigo prevalenza, que eu entendo que en galego debería ser prevalencia. Fixen un par de pescudas e, se ben non atopei nin prevalencia nin prevalenza, atopei valencia. Miraches prevalenza nalgunha fonte que poida decidirnos por esa forma? Moitas grazas. Para todas as dúbidas que teñas, estou aquí para axudar. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de xaneiro de 2021 ás 19:07 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

editar

Ola Jockerouac.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2021 ás 08:39 (UTC)Responder

Ana Dopazo González

editar

Boas, o artigo Ana Dopazo González, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 4 de marzo de 2021 ás 09:35 (UTC)Responder

Acuario do Grove

editar

Boas noites, Kerouac. No artigo sobre o acuario do Grove dis que posúe "22 tanques que albergan diferentes especies de auga doce e salgada, tiburóns e mamíferos mariños". Hai xa anos que non entro no Acuario -creo que desde o ano 2000- pero paréceme imposible que teña tanques con mamíferos mariños. O tamaño das instalacións fai imposible expor estes animais, e a ausencia de calquera mención na web do establecemento reforza a idea de que non forman parte das súas especies. Outra cousa é que teñan (hai anos si que tiñan pero xa non sei se seguirán téndoa agora) un tanque para recuperación de exemplares varados, sexan golfiños, toniñas, lobos mariños ou tartarugas, que levaban alí a ser atendidos polos compañeiros da CEMMA (inimigos acérrimos de cetáceos en catividade), pero eran estancias ocasionais, ata que se recuperaran e eran liberados, ou ata a morte do animal, e non se permitía o acceso ó público a esa sección. Tamén tiñan, e supoño que seguirán alí expostos, esqueletos de cetáceos varias especies de cetáceos e unha reprodución en poliestireno ou resina que fixera un da SGHN de Ferrol. Intentarei confirmar este dato la proxima semana. Mentres tanto, un saúdo, Pedro Lameiro (conversa) 31 de xullo de 2022 ás 00:25 (UTC)Responder

Wikidata

editar

Ola, Jockerouac! Como vai?

Quería darche as grazas e os parabéns pola creación e mellora de artigos. Non obstante, quería tamén pedirche que cando crees un artigo novo, lle fagas o elemento correspondente en Wikidata, e cando fagas unha tradución, engadas a descrición e a etiqueta do artigo en galego ao elemento en Wikidata xa existente. Por exemplo, ao artigo Síndrome do intestino irritable correspóndelle o d:Q838966, que aínda non ten descrición nin etiqueta en galego. E o artigo Acuario do Grove aínda non ten Q en Wikidata.

Anímote a probar a facelo, botándolle un ollo a elementos similares xa existentes para facerte unha idea de como levalo a cabo. Como o ves?

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de agosto de 2022 ás 06:05 (UTC)Responder

mover títulos

editar

Ola, Jockerouac! Para outra vez, en vez de borrar o contido dun artigo e pegalo nun título novo, emprega o botón de "mover". Así conservarase o historial do artigo, móvese tamén a páxina de conversa e fanse de forma directa os cambios en Wikidata.

Deixei como páxina de homónimos Francisco López Fernández, e como entrada para o futbolista Fran López, sen necesidade de parénteses. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de febreiro de 2023 ás 11:15 (UTC)Responder

Modelo:Usuario Wikiproxecto Celta

editar

Ola, Jockerouac! Fixen o Modelo:Usuario Wikiproxecto Celta, por se queres incluílo na túa páxina de usuario. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2023 ás 13:37 (UTC)Responder

Carlos Carvalhal

editar

Boas, o artigo Carlos Carvalhal, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 11 de marzo de 2023 ás 20:43 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos

editar

Ola Jockerouac.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 20 de maio de 2024 ás 22:28 (UTC)Responder

Interwikis

editar

Ola, Jockerouac. Como vai?

Por favor, ao creares un artigo enlázao co correspondente noutras linguas, se é que existe, ou créalle elemento en Wikidata se aínda non o ten. Isto facilita o acceso á información no control de autoridades e outros elementos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xullo de 2024 ás 11:08 (UTC)Responder

Grazas, fareino@ Jockerouac (conversa) 30 de xullo de 2024 ás 11:10 (UTC)Responder
Ola! Dúas cousiñas máis: se creas un artigo de cero, anímote a crear tamén o elemento en Wikidata correspondente e enlazalos, incluíndo as coordenadas entre outros elementos. E ao incluír referencias, non se deben traducir. Por exemplo, no artigo de Franco Cervi, o artigo do Faro de Vigo debe indicarse en castelán, non traducir o titular ao galego. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de agosto de 2024 ás 19:00 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes

editar
 

Ola, Jockerouac. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de agosto de 2024 ás 21:39 (UTC)Responder

Insisto: ao crear artigos (Marcos Alonso Mendoza) debes indicar a orixe da información (es:Marcos Alonso Mendoza), e ao traducir debes manter as referencias existentes no artigo orixinal. Ademais, procura engadir todas as categorías que lle corresponden, non só "futbolistas do Celta". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de setembro de 2024 ás 09:20 (UTC)Responder

Javier Manquillo

editar

Boas, o artigo Javier Manquillo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 27 de setembro de 2024 ás 22:24 (UTC)Responder