Acuario do Grove

acuario no Grove, na provincia de Pontevedra.

Coordenadas: 42°29′02″N 8°53′27″O / 42.483777777778, -8.8909722222222

O acuario do Grove é un dos dous acuarios galegos e un dos sete parques zoolóxicos de Galicia. Está situado no concello pontevedrés do Grove. Foi construído en 1997 en Punta Moreiras, na península do Grove. En 2011 foi obxecto dunha reinauguración tras anos pechado.[1] Contén diversos expositores entre os que se atopan 22 tanques que albergan diferentes especies de auga doce e salgada, como os tiburóns, así como un tanque de londras. Tamén conta cunha sección de aves, o Aviarium.[2]

Acuario do Grove
PaísGalicia
CidadeO Grove
TipoMariño, oceánico
DirectorRebeca Aguinaga
Construción1997
Na rede
https://acuariodogrove.es/
editar datos en Wikidata ]

Cada ano é visitado por máis de 100.000 persoas.[3]

Notas editar

  1. "O Acuario do Grove reinaugurase o día 21 en Punta Moreiras". Faro de Vigo. Consultado o 29 de xullo de 2022. 
  2. "O Acuario do Grove, unha ventá aberta ao ecosistema mariño das costas galegas". El Español. Consultado o 29 de xullo de 2022. 
  3. "O Acuario do Grove.". Galiciainfo.es. Consultado o 29 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar