Wikipedia:A Taberna (propostas)
Esta é a sección de propostas da Taberna | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
![]() Novas publicar |
![]() Políticas publicar |
![]() Técnica publicar |
![]() Esta sección úsase para discutir e propor novas ideas. |
![]() Axuda publicar |
![]() Imaxes publicar |
![]() Xeral publicar |
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~ " ou premendo na icona "![]() | ||||||
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 | ||||||
Proposal: Set two-letter project shortcuts as alias to project namespace globally editar
Por favor, axude a traducir á súa lingua
Hello everyone,
I apologize for posting in English. I would like to inform everyone that I created a new global request for comment (GRFC) at Meta Wiki, which may affect your project: m:Requests for comment/Set short project namespace aliases by default globally.
In this GRFC, I propose that two-project shortcuts for project names will become a default alias for the project namespace. For instance, on all Wikipedias, WP will be an alias to the Wikipedia: namespace (and similar for other projects). Full list is available in the GRFC.
This is already the case for Wikivoyages, and many individual projects asked for this alias to be implemented. I believe this makes it easier to access the materials in the project namespace, as well as creating shortcuts like WP:NPOV, as well as helps new projects to use this feature, without having to figure out how to request site configuration changes first.
As far as I can see, Wikipedia currently does not have such an alias set. This means that such an alias will be set for you, if the GRFC is accepted by the global community.
I would like to ask all community members to participate in the request for comment at Meta-Wiki, see m:Requests for comment/Set short project namespace aliases by default globally.
Please feel free to ask me if you have any questions about this proposal.
Best regards,
--Martin Urbanec (talk) 18 de febreiro de 2021 ás 14:12 (UTC)
Nomes vulgares vs. científicos editar
Cada certo tempo xorde na Galipedia se sería mellor ter os títulos das especies polo nome científico ou polo vulgar. Na wikipedia francesa os artigos teñen títulos e "subtítulo/s" en letra máis miúda: fr:Bos taurus fr:Betterave sucrière e como se pode ver nuns casos dan preferencia ao nome científico (e neste caso os "subtítulos" en vernáculo mesmo poden ser varios) e noutro ao vulgar deixando o nome científico como "subtítulo". Supoño que sería posible ter o mesmo tipo de títulos/subtítulos na Galipedia. Penso que se hai alguén interesado en ter ese sistema sería bo debatelo.--HacheDous=0 (conversa) 27 de febreiro de 2021 ás 09:51 (UTC)
- Paréceme boa idea, habería que ver a que nome se lle dá preferencia, ou se optamos por empregar o criterio da primeira persoa que editou o artigo. Un saúdo e grazas pola proposta. Piquito (conversa) 25 de marzo de 2021 ás 06:53 (UTC)
- Os nomes comúns en galego usados de forma xeral poden ser problemáticos porque non están todos ben establecidos nos vocabularios, dicionarios e uso en traballos zoolóxicos. Moitas veces é máis seguro usar polo momento o nome científico. Noutros casos hai varios nomes comúns, ás veces toda unha colección deles e en ocasións algúns deses nomes teñen ambigüidade porque se lle dá ese nome tamén a outra especie. Ademais, a consolidación do nome vai pasando por varias fases, e nomes comúns propostos en primeiro lugar son ás veces substituídos definitivamente por outros ben establecidos, que son "os que van quedar" (usados no DRAG ou en publicacións máis modernas ou en bases de datos internacionais, como Avibase) e o nome antigo xa non é o máis recomendable, polo que o criterio do primeiro editor non sempre é o máis axeitado. Por exemplo, xa non se usa "corvo viaraz", que apareceu hai anos nunha guía de aves reputada. Eu creo que é mellor facer o que faciamos ata agora: poñer o nome común sempre que estea ben referenciado e o nome científico como redirección e, cando non é así, poñer como título o nome científico. No texto dos artigos xa se explica os nomes que se lle dan ou os nomes que ten que son coincidentes na literatura internacional e, en calquera caso, o nome científico xa aparece ben visible ao principio do artigo na caixa de datos de taxon. Nesa caixa de datos poderían poñerse os dous nomes (do que é partidario, por exemplo, Xoio). Pero poñer no título da páxina nomes dobres ou triplos non me parece o mellor. E despois, como se fan as ligazóns? A todo o título dobre? Non sería económico. Son mellores as redireccións.--Miguelferig (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 17:14 (UTC)
Categorías editar
Bo día. Quería expor un par de cuestións. En primeiro lugar, se sería interesante que o apartado das categorías, dentro de cada artigo, estivese ordenado alfabeticamente. Cando hai poucas, non é moi problemático mais cando aparecen varias, queda un pouco estraño e desordenado que a primeira sexa, por exemplo, "Alumnos da universidade....", e apareza outra semellante ao final. E, a segunda cuestión: de consideralo relevante, sería posible facelo automaticamente con algún bot ou con outro farangullo semellante?. Saúdos MAGHOI (conversa) 31 de maio de 2021 ás 07:49 (UTC)
- Ao meu ver si ten sentido que as categorías estivesen ordenadas (e de feito tenden a estalo), pero non debería ser alfabeticamente, senón por relevancia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de xuño de 2021 ás 04:45 (UTC)
- Ola @Xabier Cid. Grazas por respostar. Eu indicaba o de alfabeticamente por que é un criterio obxectivo e, quizais, doado para facer automaticamente (se fose posible). O da relevancia, coido que é moi difícil de medir, e que é bastante subxectivo. É máis relevante nado en .... ou finado en...?, por exemplo. Ser profesor/alumno dunha ou outra univesidade? quizais poder ser máis obxectivo se se traballa nunha universidade cando se recibe un premio nobel, pero quizais foi traballando noutra onde comezou o traballo.... En resumo, coido que é difícil de valorar. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 09:19 (UTC)
- Ola, MAGHOI. Vou facer unha resposta un pouco máis elaborada.
- Os criterios que empregamos nos artigos deberían pensar na xente que le os artigos, e non na xente que crea os artigos (ou sexa, nosoutros). Por moito que a nós nos pareza máis sinxelo ordenar as categorías alfabeticamente, desde un punto de vista de lectura as categorías principais deben ser as primeiras, e despois debemos colocar as categorías menores (que a xente xa lerá só diagonalmente).
- Efectivamente, establecer artigo a artigo que categoría é máis importante ca outra é complexo. Pero tampouco é necesario unha perfección niso: as categorías son elementos secundarios (na navegación móbil xa nin aparecen), que probablemente sufran cambios tecnolóxicos na medida en que se consoliden outros sistemas de navegar transversalmente a Wikipedia. Son importantes, pero non son cruciais (e van selo cada vez menos).
- A maior abondamento, o esforzo de reordenar as categorías de 140 000 artigos é ben pouco produtivo.
- Dito isto, si que se poden crear unha serie de pautas orientativas do que, en xeral, é máis importante, para que teñamos como guieiro mais que poidamos saltar as veces que queiramos. Podo facelo.
- A consistencia ten pouco valor: o que importa é que a lectora Icía poida navegar a outros novelistas en galego do século XX desde Blanco-Amor (se iso é o que quere), e non tanto que as categorías do artigo Blanco-Amor teñan a mesma orde cás de An Alfaya.--Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de xuño de 2021 ás 05:29 (UTC)
- Boa tarde. Estou de acordo na maior parte das cousas que expós, con mínimos matices. Eu entendo as categorías, máis que como un sistema de navegación, como un sistema de ordenación ou de estruturación dos artigos. Pero, efectictivamente, pode haber usuarios que os empreguen dese xeito. Eu comenteino máis por unha cuestión formal, de novo a ordenación, que por outra cousa, sobre todo, porque vexo moi complicado pórlle unha orde cualitativa. Pero, se te animas, adiante. Apóiote no que poida. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 20:27 (UTC)
Dado que mudou o nome do premio a Princesa de Asturias, e tamén o título do artigo, coido que habería que mudar tamén o nome das categorías asociadas ao Premio, non vos parece? Saúdos. MAGHOI (conversa) 31 de maio de 2021 ás 09:05 (UTC)
- Parece o máis lóxico, as categorías deberían ter o mesmo título que o seu artigo principal, se logo cambia outra vez o nome xa se mudará de novo. Piquito (conversa) 31 de maio de 2021 ás 18:10 (UTC)
- Xa estamos tardando. --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2021 ás 19:23 (UTC)
Contidos de calidade propios. editar
Ola! Quería chamar a atención sobre unha tendencia presente na Galipedia dende hai xa tempo. Inicialmente nesta Wikipedia era requisito que para que un artigo fora considerado "artigo de calidade" non podía ser unha tradución doutro, a comunidade finalmente rexeitou este punto e as traducións son aceptadas como "artigos de calidade" (ou non, se se considera que os criterios na Wikipedia de orixe foron inferiores aos da nosa Wikipedia), algo que nos permitiu aumentar de xeito exponencial o número de "artigos de calidade" na Galipedia e ter artigos dun nivel altísimo. Con todo, dende que se mudou esta norma o número de artigos con contidos propios na lista de "artigos de calidade" foi reducíndose, ata o punto de que a inmensa maioría dos nosos "artigos de calidade" son traducións.
Creo que ofrecer contidos propios de calidade pode ser un moi bo reclamo para as persoas que consulten a Galipedia e que quizais poderiamos marcarnos algún tipo de obxectivo (modesto) para tentar medrar neste sentido. Ocorréuseme que poderiamos facer unha lista de artigos de temática galega para presentar a "artigos de calidade". Vendo por exemplo a Wikipedia en lingua catalá pensei en que se podería traballar en facer artigos de calidade das catedrais galegas (máis a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, primeira catedral de Galiza e de España), así como os artigos da Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela ou Ferrol, clubs deportivos como o Hockey Club Liceo da Coruña (club deportivo máis laureado de Galiza), Deportivo da Coruña (club de fútbol máis laureado de Galiza), Club Vigo Voleibol (decano do voleibol galego), libros como Sempre en Galiza ou Cantares Gallegos, personalidades da pintura e a escultura, do deporte, do cinema ou teatro e mesmo da política (da literatura tamén, pero temos uns cantos neste campo tanto na categoría "de calidade" como "bos"). Un saúdo, Piquito (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 13:59 (UTC)
- Ola @Piquito. Non vira isto, a verdade. Concordo contigo en que facer artigos dende cero con vistas a ser de calidade é un obxectivo moi desexable.Enfocalo cara as páxinas de contidos relacionados con Galicia -na miña opinión- sería un acerto. Comezar por pulir os bos a través dunha creación dunha lista paréceme acaído. Non sei se xa a creaches, pero podería crearse dentro do espezo Wikipedia como lista e darlle unha ligazón que sexa visible nas páxinas da comunidade, ao mesmo nivel que a dos artigos desexados, por exemplo. Saúdos e graciñas pola proposta. Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 14:50 (UTC)
- Ola Maria zaos! Grazas pola mensaxe e o teu interese. Non creei a lista porque sería subxectiva e non sei realmente que cousas poden ser máis importantes de Galiza, os artigos que citei eran exemplos de artigos que na miña opinión sería moi positivo que foran de calidade. Creo que a lista debería ser feita por un grupo de persoas que entenderan de diversos campos e puideran dicir que artigos sería máis interesante traballar, pero se queres podemos tentar ir creándoa a medias a ver se alguén máis se suma. Para min non é doado traballar en artigos sobre Galiza porque non teño acceso a bibliografía, ademais agora non teño moito tempo porque case todo o tempo que lle adico á Galipedia vai ao artigo do volcán de La Palma e, en menor medida, ao hóckey sobre xeo feminino. Xa me dis se queres que comecemos con ese traballo, un saúdo. Piquito (conversa) 26 de outubro de 2021 ás 09:37 (UTC)
Comunicación entre as persoas que editan a Galipedia: proposta editar
Bo día, non sei se se verá moito aquí, pero veño a darlle visibilidade a un trebello, para que quen non o coñeza saiba del e de paso achegar unha idea de proposta relacionada co tema da comunicación interna. O trebello chámase "Discussion Tools". Pode ser activado nas preferencias baixo a lapela "Características en probas".
.
Vantaxes:
- Permite editar mensaxes de conversa en modo visual e en modo fonte. Con independencia do tipo de conversa que sexa. Para quen o ten activado unha páxina de conversa do artigo que está baleira aparece cun botonciño (iso si, aínda en inglés) que fai máis sinxela a edición Isto é especialmente importante para as persoas que se inician na Wikipedia, que o fan maioritariamente co editor visual, xa que este non está habilitado nalgúns espazos (Wikipedia,por exemplo)
- Achega sempre a sinatura de quen envía, por defecto
- Permite facer mencións dun xeito máis intuitivo que o modelo:ping (que non deixa de ser un modelo, polo que as persoas que non se manexan cos modelos quedan excluídas do seu uso)
- Fai innecesario visitar a páxina de conversa doutra persoa para responder a fíos da páxina propia de conversa (envia notificación). A navegación e a busca de páxinas de usuario/a é unha dificultade engadida para as persoas recén chegadas, por máis que estea ben explicado na Axuda.
- Facendo uso da mención, envía notificacións de aviso ás partes implicadas sen abandonar a páxina de usuaria/o propia de ser o caso. Estas particularidades tamén o fan máis axeitado para as persoas recén chegadas.
A miña -reducida- experiencia indica que a comunicación (vital nun espazo colaborativo) resulta dificultosa de entender e manexar por parte das recén chegadas aquí. Levo pouco tempo usando o trebello e recomendándoo, pero diría que é moi sinxelo de usar e finalmente resulta moi cómodo. (@CoroRP poderías darme a túa opinión sobre como se manexan as editoras novas con este trebello e coa comunicación en xeral, por fa?) Outras vantaxes
- A páxina do trebello indica que está a se actualizar decontino (ou sexa, non é un proxecto morto) e que, nas enquisas de uso que fixeron, a aceptación do trebello é moi boa
- Outros proxectos xa o teñen incorporado (vender esta parte xa o deixo en mans dos burócratas). Ver tamén que se instalando por defecto en moitas wikis aquí.
Desvantaxes:
- Xera no resumo de edición un sucinto "Resposta", polo que se se quere indicar do que se falaba para que sexa consultable no historial de edicións ou en cambios recentes habería que facer unha nova edición para incluír o que sexa no resumo de edición.
- Que, ao igual que pasa con outras partes na wiki, está sen traducir ao galego. Pode ter solución.
Ata aquí a promoción do trebello. Cousas que me gustaría incluír como proposta e que se relacionan con isto:
- A páxina da Axuda de contactar con outros usuarios,[ que a min me gustaria máis que se chamase "Como contactar con outras persoas", porque o contexto é claro, pero xa é outro tema] debería incluír unha explicación do seu funcionamento xa que é un medio que se está a usar dentro da nosa comunidade. Atención á redirección dende aquí
- Derivado dese cambio tamén habería que axustar o seguinte:
- Modelo Benvida do que como inclúe o tema da imaxe da sinatura, que tamén está xenial, deberían debatirse un pouquiño os contidos para darlle coherencia
Creo que non afecta a moito máis, pero si vedes algunha outra páxina afectada, por favor indicádeo aquí abaixo.Grazas! Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 15:34 (UTC)
- Ola @Maria zaos. A min paréceme cómodo este trebello (eu o teño activado) e para a xente que empeza é máis facil de entender pero non podo contestar a túa pregunta porque, desgraciadamente, fai tempo que non pasan por aquí editoras novas... complicado o de crear un grupo de editoras! Apertas! CoroRP (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 16:09 (UTC)
- Un pregunta: ¿pode desactivarse? ¿como se desactiva? En ocasións quero comezar páxinas de conversa sen asinalas (por exemplo), e o trebello ese levaba unha tempada obrigándome a facelo. --. HombreDHojalata.conversa 20 de outubro de 2021 ás 20:18 (UTC)
- Usuario:HombreDHojalata eu nese caso, que o teño activado, o que fago é editar co código fonte. Se ves a imaxe que coloquei na conversa, verás que é posible escollelo premendo Crear a fonte na páxina vermella sen contido e no editar a fonte no resto. Para desactivalo totalmente habería que desmarcalo no menú das preferencias onde se activa. A maiores, nalgún momento futuro a comunidade terá que decidir si se opón ou acepta a instalación por defecto na Galipedia, segundo infiro eu da lectura do último informe técnico máis arriba (as comunidades que o probaron/opinaron/participaron van antes) Saúdos Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 21:12 (UTC)
- Un pregunta: ¿pode desactivarse? ¿como se desactiva? En ocasións quero comezar páxinas de conversa sen asinalas (por exemplo), e o trebello ese levaba unha tempada obrigándome a facelo. --. HombreDHojalata.conversa 20 de outubro de 2021 ás 20:18 (UTC)
Grazas. Xa atopei o que preguntaba: hai que desactivar Enable quick topic adding. This will show you an inline form for adding new topics en Especial:Preferencias. --. HombreDHojalata.conversa 21 de outubro de 2021 ás 20:02 (UTC)
Concepto hamparte. editar
Ola bo día, non sei se coñecedes o concepto de "hamparte". Anímovos a que o busquedes. Basicamente é un neoloxismo creado e divulgado por García Villarán que critica a arte conceptual moderna, por exemplo: expor un vaso de auga xenérico medio cheo cun texto complementario que explica o concepto disa obra (de hamparte). O concepto critica a gran parte dos -ismos de principios do s. XX e moitos artistas Miró ou Yoko Ono. É un concepto que está principalmente divulgado por unha persoa, por iso entendo que pode ser considerado un artigo promocional, inda así, creo -imo- que é un concepto moi relevante e do que xa teñen versado outras persoas do mundo do arte, inda que obviamente o buscares información a maior parte é referencial o creador (igual que prácticamente todos os manifestos artísticos). Entendo (pero non comparto) que poida ser considerado promocional (pero non irrelevante) por iso pregunto na taberna xa que de faceres o artigo habería que buscar moitas fontes e expor tanto o concepto como a crítica ó concepto.
Teñan un bo día. Garrote20 (conversa) 5 de xaneiro de 2022 ás 11:23 (UTC)
Sandbox link editar
Apologies for writing in English. Please feel free to translate my text.
I'm holding a global RFC regarding Sandbox link (example) at Meta: m:Requests for comment/Enable sandbox for all Wikipedias. I was told by User:Lucas Werkmeister that Galician Wikipedia as a large project does not have Sandbox link enabled.
- Does Galician Wikipedia want the Sandbox link enabled?
If there is consensus for enabling that on Galician Wikipedia, I will do that as part of the global settings. But if Galician Wikipedia does not want that, I can simply omit the Galician Wikipedia from my proposal. No hard feelings at all :) I have personally not found Sandbox links harmful in any way, shape, or form. Thanks 4nn1l2 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 02:55 (UTC)
- Concordo @4nn1l2 If we reach a consensus we will need to translate "Sandbox" in the most appropiate way. Thank you for letting us know about your proposal.
- ComentarioEntendo que a proposta tan só crea por defecto unha subpáxina de usuario/a baixo o nome zona de probas. Como indican, non semella ningún inconvinte. Non é nada sofisticado, como pode ser o modelo Taller da es.wiki, polo que non vexo mal en dicir que si. Chamámoslle zona de probas tamén ou quizais borrador, zona de traballo, supáxina de traballo etc? Maria zaos (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 22:16 (UTC)
Evento multilingüe editar
Buenos días. Como parte de nuestro plan para 2022, en el que nos proponemos trabajar la diversidad lingüística de forma regular, nos gustaría celebrar uno o dos eventos (por ejemplo uno en primavera y otro en otoño) conjuntamente con otras comunidades, tanto Galipedia como el Grupo de usuarios de Wikimedistas Vascos y Amical Wikimedia. Se podría tratar de un evento presencial o en línea, de forma simultánea, en mayo o junio. En cuanto a la temática, podríamos tratarlo y ver qué tema nos interesa a las distintas comunidades; por ejemplo en junio teníamos previsto trabajar en torno a museos, pero es solo una sugerencia. Si os parece bien, podemos fijar un día y hablar sobre todo ello en una reunión. Un cordial saludo. --Rubén Ojeda (WMES) (conversa) 16 de marzo de 2022 ás 12:00 (UTC)
- Grazas, Rubén! Interésanme estas actividades. En canto á idea de traballar en xuño arredor dos museos, poderíase afinar un pouco máis a proposta: que vos parece tratar as casas museo? E se a actividade se fai presencial, sería ideal facelo nalgunha casa museo (ou en varias á vez, claro). Respecto á data, non se me ocorre ningunha efeméride, pero podería ser interesante buscar algún día fermoso.
Se podo asistirei á reunión virtual para falar do tema. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de marzo de 2022 ás 17:47 (UTC)
- Grazas, Rubén! Interésanme estas actividades. En canto á idea de traballar en xuño arredor dos museos, poderíase afinar un pouco máis a proposta: que vos parece tratar as casas museo? E se a actividade se fai presencial, sería ideal facelo nalgunha casa museo (ou en varias á vez, claro). Respecto á data, non se me ocorre ningunha efeméride, pero podería ser interesante buscar algún día fermoso.
Wikimaratóns editar
Boas! Recentemente vin no Instagram da Galipedia (grazas Chairego apc) que a Wikipedia en catalán (creo que tamén en castelán?) estaba a facer un Wikimaratón sobre os días internacionais. O certo é que dende a Galipedia hai moito (moitísimo) tempo que non organizamos ningún maratón, e penso que sería boa idea facer dous ou tres maratóns ata o final do ano (realmente se facemos un creo que xa sería un éxito na miña opinión). Ocórrenseme varias ideas que poderiamos facer:
- Wikimaratón de concellos de España (se non gusta se pode cambiar por outro país), co obxectivo de crear todos os artigos que faltan.
- Wikimaratón para crear artigos que non existen dentro dos "artigos de calidade" e "artigos bos" (especialmente os "véxase tamén" e os "artigo principal").
- Wikimaratón de entidades subestatais: podemos facer unha lista de países de todo o mundo para facer artigos das súas divisións administrativas.
- Wikimaratón de equipos de fútbol (se é por min, doutro deporte, pero á xente que le a Galipedia entendo que lle interesa máis este :)): o que proporía sería crear todos os equipos de fútbol de España dende a primeira ata a terceira división (incluídas), e/ou os equipos femininos que compiten nos dous/tres primeiros niveis a nivel español.
- Wikimaratón dos "artigos solicitados": propoñernos un número de artigos da lista para reducila substancialmente.
- Wikimaratón de biografías de mulleres: podemos decidir se dun campo en concreto (ciencia, literatura, deporte, artes...) ou mulleres en xeral.
- Wikimaratón de obras de arte: creo que a nosa Wikipedia non está moi nutrida en xeral de artigos desta temática, polo que penso sería moi bo facelo, e no posible incluir obras de arte galegas.
- Wikimaratón da lista expandida de artigos vitais.
- Wikimaratón para completar os lugares de Galiza (e se son poucos os que quedan -non o sei- podemos meternos coas freguesías de Portugal).
Se tendes algunha outra idea de maratóns posibles ou que vos gustaría traballar sinaládea, a ver se podemos organizar algún (ou algúns) para darlle un pouco máis de visibilidade ao proxecto. Non creo que sexa preciso organizar nada presencial, se facemos varios podemos facelo, pero o que creo é que debemos facer algo para amosar nas redes e que a xente vexa que somos unha comunidade dinámica que procura o crecemento da enciclopedia, iso pode axudar a que a comunidade medre (ou non, pero por tentalo...). Graciñas a todas e todos! Piquito (conversa) 13 de xuño de 2022 ás 23:27 (UTC)
- @Piquito: Ola! Informei hai dúas semanas (Wikipedia:A Taberna (novas)#Editatón Días_Internacionais) da Editatón Días Internacionais, coorganizada por Amical, Wikimedia España, Wikimedia Portugal, o grupo de usuarios vascos, a Wikipedia en asturiano e a Galipedia. En Meta está a información para coordinarse, aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de xuño de 2022 ás 06:36 (UTC)
- Grazas @Estevoaei:! De todos xeitos poderiamos pensar en facer algo propio acorde coas necesidades específicas da Galipedia. Está claro que é interesante ter todos eses artigos de días internacionais, pero tamén que temos carencias nalgúns aspectos e poderiamos aproveitar para mellorar neses eidos. Saúdos! Piquito (conversa) 14 de xuño de 2022 ás 10:01 (UTC)
Normalización (sociolingüística) = Normalización lingüística editar
Paréceme que é o mesmo a Normalización (sociolingüística) que a Normalización lingüística. A normalización lingüística é de uso, por tanto, é social e, por tanto, é sociolingüística. Outra cousa é a normativización, pero iso ten que ser outro artigo. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 4 de agosto de 2022 ás 09:14 (UTC)
Proposta para artigo bo editar
Boas tardes. O 02-09-2022 propuxen o artigo IES Perdouro (sobre o instituto de Burela) para ser considerado como Artigo Bo. Desde entón, a proposta non recibiu ningún voto a favor nin en contra (descoñezo se foi por falta de publicidade pola miña conta, ou por outro motivo). A miña idea é mellorar ese artigo e o de Aquarium Finisterrae (e algún outro que teño en mente), ata que consiga adecuarse ao máximo ao que se esixe na Galipedia.
Por favor, avisádeme se debo dar aviso nalgún proxecto, ademais do taboleiro de novas. Un saúdo. Drow male (conversa) 19 de setembro de 2022 ás 17:03 (UTC)
- Grazas pola proposta, Drow male. No meu caso non votei por pura ignorancia, non sei como valorar ese artigo, honestamente, seguro que está moi ben pero non sei que cousas teño que mirar, non sei se houbo no centro algunha ou algún docente que destacara na literatura, a política ou a investigación (por exemplo), non sei se é relevante poñer as persoas que dirixiron o centro... De todos xeitos, non te preocupes, non é raro que as votacións se pechen con menos de cinco votos, podes consultar os arquivos e verás que todos os anos hai varias votacións que non chegan a ese número, aínda así anímote a seguir a propoñer artigos bos e de calidade, a cousa pode mudar. Un saúdo, Piquito (conversa) 19 de setembro de 2022 ás 20:49 (UTC)
Comida celebración dos 20 anos da Galipedia editar
O 8 de marzo a Galipedia terá 20 anos. Apúntaste a comer cun grupo de amigos galipedistas? Será en Ribadeo, o 11 de marzo, sábado, con xuntanza a partir das 12 da mañá. As actividades posibles serán artelladas segundo número de asistentes. A comida, accesible para desfrutar da compañía máis que do estómago (aínda está sen encargar a 6 de febreiro)
Nun primeiro intento non se deu feito. Vai un segundo intento para unha xuntanza de celebración, en torno a unha comida:
Día: sábado 13 de maio
Lugar: Ribadeo
Hora: Mediodía. Reunirémonos sobre as 12 para ver o pobo e desenrolar algunha actividade, segundo núm ero de asistentes.
O mesmo que no caso anterior, para apuntarse, enviar un correo a Agremon. Agremon(contacto) 15 de abril de 2023 ás 18:16 (UTC)
Artigos de calidade propios editar
Ola a todas e todos! Veño de pechar un par de propostas de artigos de calidade que saíron elixidos estes últimos días e quixera facer unha reflexión que abra un debate para tentar mudar esta tendencia. Contando rapidamente encontreime con que dos 232 artigos de calidade cos que conta a día de hoxe a Galipedia tan só pouco máis de 40 son artigos propios do proxecto, isto é, case 200 dos nosos artigos de calidade (en torno ao 80%) son traducións, principalmente da Wikipedia en lingua inglesa, o que na miña opinión nos acaba relegando a un papel case de sucursal desta. Recoñézome como parte do problema, xa que eu fun unha das persoas que máis activamente solicitamos mudar a política de escolla de artigos de calidade (que inicialmente non permitía escoller artigos que foran basicamente traducións), e ademais teño traducido e presentado para calidade unha chea de artigos (aínda que tamén presentei uns cantos traballos non traducidos que en ocasións non chegaron sumar o número mínimo de votos). Coa artigos bos pasa algo parecido, aínda que un pouco menos acentuado.
Quero aclarar que non estou en contra das traducións e que valoro o traballo de todas as persoas que se toman tempo en traducir artigos (en ocasións moi extensos) dende outras linguas e sigo considerando que debemos recoñecer eses traballos, mais tamén considero que deberiamos non basear o incremento dos artigos de calidade e bos nas traducións. As traducións nos valeron para medrar, agora temos un número moi alto de artigos deste tipo, de feito poderiamos destacar na portada un artigo cada semana e teriamos portadas para varios anos (mesmo sacando da lista os artigos sobre Galiza que van na súa propia sección da portada), e penso que é o momento de tentar mudar un pouco esta tendencia e amosar que este proxecto ten capacidade para facer artigos excelentes sen precisar das traducións. Con isto non digo que teñamos que deixar de presentalas, senón reducilas drasticamente (en 2022 só 2 das 10 propostas eran artigos propios, e en 2021 foron 3 de 13 se non contei mal) para que as porcentaxes vaian pouco a pouco igualándose.
Quería tentar que, entre toda a comunidade, atoparamos algunha vía para tentar mudar ou canto menos reducir esta tendencia. Creo que poderiamos traballar cada un (quen teña interese) os artigos relacionados co concello no que vivimos ou relacionado con nos, por exemplo (aínda que onde menos problemas temos é cos artigos galegos). Agradezo as vosas propostas. Grazas pola vosa participación. Saúdos, Piquito (conversa) 26 de abril de 2023 ás 10:04 (UTC)
- Piquito, o principal problema aquí é que somos un proxecto pequeno e non podemos ser moi ambiciosos se á vez queremos ser realistas. As wikipedias no seu conxunto son proxectos cooperativos e internacionais, polo que as traducións dunhas a outras non son ningún demérito e mesmo se anima a que se fagan sempre que se queira. Naturalmente, algúns artigos estarán máis adaptados á realidade galega se se fan desde aquí, pero en moitos outros é irrelevante (pensa por exemplo no artigo protón). Nas propias traducións hai que facer unha adaptación á realidade galega na medida do posible, que ás veces non é doado, pero noutras non é necesario. Hai que coidar o traballo de tradución lingüística en si, o que ás veces nalgunhas traducións automáticas de software pouco traballadas non se ve. Eu fago moitas traducións e todas as traducións que fixen fíxenas "a man", sen software, por esa razón, e ademais o softtware non serve para traducir artigos de bioloxía molecular, por exemplo. O noso proxecto necesita que se fagan moitos artigos (aínda non chegamos a 200.000 despois de bastantes anos) e fanse moitísimo máis rápido as traducións. No tempo que che leva facer un artigo longo "propio" fas polo menos 10 artigos longos de traducións. Pero hai outras razóns polas que é na práctica inviable para a maioría dos editores, como por exemplo que necesitas ter bibliografía axeitada e actualizada ou acceso a revistas científicas en Internet (non sempre gratuítas, nin moito menos). Eu teño algunha bibliografía no meu campo, pero parte dela quedou xa un pouco antiga (tratados universitarios que teñen algunhas décadas, da época en que fixen a carreira), polo que para algunhas cousas non é moi útil. Para traducires algo tes (ou é recomendable) que saber ou estar versado no tema ou disciplina da que trata (tes que entender o que está dicindo o "contido" do texto, non só traducir frases, estar familiarizado coa terminoloxía, etc), pero para facelo desde cero aínda tes que saber máis e ás veces estar máis especializado. Moi poucos editores teñen esas últimas características, o que dificultaría o avance da Galipedia. Eu nunca propuxen ningún artigo feito por min para artigo de calidade e seguirei sen facelo (aínda que me parece ben que exista esa categoría de artigos de calidade que todas as wikipedias teñen); porén, varios artigos elaborados por min foron elixidos como de calidade ou bos, a maioría dos cales eran traducións doutros artigos tamén de calidade (da wikipedia inglesa case todos) e só algún era un artigo propio. Penso que as porcentaxes que ti mencionas probablemente reflicten as porcentaxes de artigos propios e traducidos que se están a facer na Galipedia, polo que nese aspecto serían porcentaxes normais. Respecto á calidade do artigo, hai que valorala como tal segundo sexa o contido do artigo, quero dicir que eu prefiro un artigo traducido de calidade alta que un artigo propio de calidade menor; de feito, como usuario das wikipedias sempre consulto o artigo que me parece mellor das distintas wikipedias (dentro das linguas que coñezo). Se os dous artigos teñen o mesmo nivel de calidade, entón que sexa un artigo propio penso que lle dá un plus de interese, pero só nese caso. E despois, a realidade é que artigos, por exemplo dalgúns literatos galegos (que non os vamos poder traducir de ningunha parte), están lonxe de ser de calidade, o que nos indica cal é a medida das nosas posibilidades. Podemos facer boas cousas, pero sempre en pequenas cantidades, moi lentamente. As traducións solucionan en boa medida iso. Finalmente, en canto ao que propós, Piquito, de presentar máis artigos "propios" como candidatos a artigos de calidade ou bos, paréceme ben, pero sempre tendo en conta o que dixen antes, que para darlle o placet teñen que ter realmente calidade. En calquera caso, terán que presentar os artigos outros editores, porque eu nunca presento ningún.--Miguelferig (conversa) 26 de abril de 2023 ás 16:35 (UTC)
- Boa tarde. Vexo tarde esta intervención e dou a miña opinión. Paréceme axeitada a proposta de @Piquito pero susbscribo palabra por palabra o argumentado por @Miguelferig. Efectivamente, somon unha wiki pequena e, por iso, eu son partidario de ampliar o máis rápido e amplamente posible o número de artigos. Aínda que prefiro calidade a cantidade, tampouco vexo mal que haxa artigos non demasiado grandes se serven para ir creando unha certa base de usuarios e se incrementan as visitas e o uso da nosa wiki. Eu, procuro traducir artigos grandes pero, como elemento distintivo, trato de que non sexan réplicas exactas senón que collo unha lingua de base e o complemento con contido das outras wikis para facelo o máis amplo posible. E, mesmo, se é un tema que controlo ou do que teño bibliografía, incremento o contido e o número de referencias. Pero todo iso leva moito tempo e non hai que esquecer que este é un traballo voluntario e que lle roubamos tempo ao noso lecer.
- Daquela, valorando a idea de Piquito, non a vexo factible a cutro prazo. O meu obxectivo a curto prazo, máis aló das edicións normais purgando artigos do apartado de mantemento, é tentar chegar aos 200.000 que é unha cifra respectable e que, espero, nos dea unha maior visibilidade. Con máis usuarios e máis administradores, coido que si sería posible o que formula Piquito. En todo caso agradezo que, de cando en cando, el ou calquera outra persoa nos menee un pouco e non faga reflexionar. Saúdos. MAGHOI (conversa) 20 de maio de 2023 ás 17:14 (UTC)
- Miguelferig, MAGHOI, por alusións. Son perfectamente consciente do que indicades, é innegable que crear un artigo de cero é moito máis laborioso que traducilo, traballei moitos artigos dende cero e algúns dos cales chegaron a ser elixidos bos ou de calidade, polo que sei o traballo que dan. Somos un proxecto pequeno, si, pero ser un proxecto pequeno non implica ser menos ambiciosos, e ser ambiciosos tampouco implica non ser realistas... precisamos realmente ampliar rápido os artigos? Realmente ter máis artigos nos vai dar máis visitas? Tamén concordo que con máis usuarias sería máis doado o que propoño, mais o das administradoras... (?) Non creo que considerar que a medida das nosas posibilidades atendendo a que os artigos de literatos galegos (por seguir co exemplo) estean lonxe de ser artigos de calidade, o único que nos di iso é que a xente que traballa eses artigos non ten o interese en levalos a ese nivel, pero estou seguro que o poderían facer (e de feito o fixeron con varios artigos). Sobre o número de artigos (tema que saiu en ambos comentarios), fixen varias propostas sobre este tema e o debate foi como mínimo escaso (véxase esta e esta, que foron as últimas), nas últimas semanas pensei en propoñer un Wikimaratón (pensara en completar os municipios de España, pero ben podería ser calquera outra cousa ou nada en concreto máis que chegar a un número de artigos creados en X tempo), con todo non me decidín a propoñelo aquí, creo que porque en realidade non confío en que nada do que propoña aquí teña un mínimo percorrido (que é o que pasou con todas as propostas que fixen aquí dende hai un tempo)... o certo é que a taberna deixou de ser hai tempo unha ferramenta para debater temas comúns e organizar nada porque ao final a Galipedia funciona como un grupo de persoas que "fan a guerra pola súa conta", algo que non é nin bo nin malo. Grazas polas vosas achegas, saúdos, Piquito (conversa) 21 de maio de 2023 ás 22:37 (UTC)
Locucións editar
A ver, ¿non haberá algún lingüísta que se marque como tarefa para este verán crear o artigo locución? Os de Ciencias o agradeceríamos. Pedro Lameiro (conversa) 31 de xullo de 2023 ás 11:56 (UTC)
Proposta para un mellor aproveitamento de Wikidata editar
Hai uns días púxenme en contacto cun compañeiro da Wikipedia en catalán especialista en Wikidata e en modelos que extraen os datos dela para falarlle sobre a posibilidade de crear un modelo de xeografía política que permitise sacar o máximo rendemento para a Galipedia dos datos aloxados en Wikidata, algo que xa estamos facendo na nosa wiki con algúns modelos de maneira máis ou menos xeneralizada. Segundo me explicou, na súa Wikipedia teñen catro grandes modelos de táboas cos cales chegan a ilustrar até o 50% dos artigos: persoas (coma o noso modelo:biografía), organizacións (coma a noso), xeografía física (para orografía, hidrografía, ...) e xeografía política (país, rexión, cidade,...). En total, teñen unha ducia de "grandes" modelos, que podedes ver nesta ligazón. Segundo o que se ve nos exemplos, o partido que lle sacan ao seu sistema é moi alto e a información que amosan varía dependendo do tipo de artigo (sen necesidade de usar outro modelo). Con iso conseguen manter poucos modelos e moi transversais, eliminando (case sempre) o uso de parámetros manuais e evitando a desactualización constante que sofren os datos destas táboas (un aspecto moi relevante en wikipedias cunha comunidade do tamaño da nosa). A conversa que tiven con el foi moi prometedora e as vantaxes de importar o seu sistema e facelo noso son enormes. Ademais, instalar o seu sistema na nosa Wikipedia non entrará en conflito co que xa está feito. É dicir, as táboas de información que funcionan actualmente seguirán sendo as mesmas ata que decidamos mudalas gradualmente. A idea é facer unha proba cun modelo e ver como vai a cousa. Que vos parece? Temos o visto e prace da comunidade para dar un gran salto adiante na nosa Galipedia? Por suposto, calquera que queira botar unha man é máis que benvido. Un saúdo a todos.--Breogan2008 (conversa) 21 de setembro de 2023 ás 14:51 (UTC)
- Ola Breogan2008, grazas pola proposta! Eu en principio a vexo ben, aínda que habería que ver o tema máis en profundidade, porque hai artigos para os que é mellor ter modelos específicos, por exemplo eu non vexo ben empregar o modelo "biografía" para deportistas e en moitos casos hai modelos para cada deporte (xa que cada un ten as súas características e me parece lóxico que o haxa), pero si, en xeral son partidario de unificar modelos e tomar datos de Wikidata para que os actualicen (problema grande por exemplo cos de cidades, que tamén optaría por unificar, eliminando tamén o modelo dos concellos galegos e deixando un para todas as cidades/municipios do mundo que se actualice automaticamente). Un saúdo e grazas de novo, Piquito (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 08:22 (UTC)
- Boas Piquito, xenial, grazas polos teus comentarios. Por suposto, hai certos modelos específicos que manteremos, pero unha cousa moi boa que ten este sistema é que se adapta ao tipo de artigo, como o das biografías por poñer un exemplo. Se falamos dun político (ca:Katrín Jakobsdóttir) sairán os seus cargos, partidos, lexislaturas, se falamos dun futbolista (ca:Johan Cruyff) os clubs nos que xogou, títulos que gañou, goles... ou se falamos dunha cantante (ca:Shakira) influencias musicais, instrumentos, selos discográficos. Como ves o modelo é o mesmo pero a información que se amosa é moi específica de cada un, e o mellor de todo é que é 100% Wikidata. Temos que ser conscientes que non temos mans abondas para actualizar os milleiros de artigos que cambian cada día. Como digo é algo que podemos facer aos poucos e que permite manter parámetros de actualización manual. O mellor de todo é que non entra en conflito co que xa está feito. A prioridade agora sería crear un de xeografía política (cidades, concellos, departamentos, rexións...) é ver como vai funcionando. Saúdos e a seguir. Breogan2008 (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 09:59 (UTC)
- Todo o que comentas paréceme perfecto, Breogan2008, por min podemos comezar co modelo que dis a ver como funciona e logo ir facendo o mesmo con outros e ir vendo sobre a marcha e corrixindo ou dando marcha atrás se nalgún caso non funcionara. O que si, aínda que me estou a adiantar porque non ter nada que ver coa xeografía, deberiamos tentar na medida do posible que non saian datos en inglés ou portugués, que é algo que nos está a pasar con algúns artigos que toman datos de Wikidata e queda extraño (non sei se esa parte entra no proceso que indicas ou se ten unha solución sinxela, son un completo ignorante en Wikidata). En resumo, que por min pode comezar o conto xa mesmo. Saúdos e grazas de novo! Piquito (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 11:53 (UTC)
- Boas Piquito, xenial, grazas polos teus comentarios. Por suposto, hai certos modelos específicos que manteremos, pero unha cousa moi boa que ten este sistema é que se adapta ao tipo de artigo, como o das biografías por poñer un exemplo. Se falamos dun político (ca:Katrín Jakobsdóttir) sairán os seus cargos, partidos, lexislaturas, se falamos dun futbolista (ca:Johan Cruyff) os clubs nos que xogou, títulos que gañou, goles... ou se falamos dunha cantante (ca:Shakira) influencias musicais, instrumentos, selos discográficos. Como ves o modelo é o mesmo pero a información que se amosa é moi específica de cada un, e o mellor de todo é que é 100% Wikidata. Temos que ser conscientes que non temos mans abondas para actualizar os milleiros de artigos que cambian cada día. Como digo é algo que podemos facer aos poucos e que permite manter parámetros de actualización manual. O mellor de todo é que non entra en conflito co que xa está feito. A prioridade agora sería crear un de xeografía política (cidades, concellos, departamentos, rexións...) é ver como vai funcionando. Saúdos e a seguir. Breogan2008 (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 09:59 (UTC)
- @Piquito: para evitar que apareza texto noutras linguas, o que cómpre facer é engadir no elemento correspondente de Wikidata a etiqueta en lingua galega (e a ser posible tamén a descrición). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de setembro de 2023 ás 12:07 (UTC)
- Por min adiante. Conta comigo para axudar!! --Chairego apc (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 14:06 (UTC)
- Carai, Breo, boísima idea; paréceme interesantísimo. Estiven vendo a ligazón que deixaches sobre os seus exemplos e a información e a flexibilidade que ofrecen é apabullante. Eu xa pedira, noutro sitio da taberna, axuda para fusionar/eliminar modelos porque hai varios que se "pegan" entre si (ex,: batalla e acontecemento militar; país desaparecido e estado desaparecido). Eu non vexo máis que vantaxes. Na parte técnica pouco podo facer pero, noutro ámbito, axudo no que toque. De novo, parabéns.--MAGHOI (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 15:54 (UTC)
- Boas, escribo por acó para indicar, ademais da miña disposición en traballar no proceso do que falamos, que esta é unha oportunidade que non se debería deixar pasar, xa que o usuario Amadalvarez sempre ten moita tarefa entre mans e a súa oferta de colaboración é moi xenerosa.. As súas infotaulas, nas que semella que nunca para de traballar, non só teñen xa unha traxectoria consolidada en ca.wiki, senón que teñen moitos fans, especialmente en comunidades pequenas ou con poucos perfis técnicos. Ata tal punto que a marabilla da infotaula para eleccións foi premiada na categoría de Integración na Wikidatacon 2021 (sempre me lembro dela cando vexo todo o traballiño que dan os cadros de eleccións que temos acó e todos os que nos faltan aínda por facer). A súa colaboración non só implica unha transición a novas táboas/cadros/modelos, senón unha mellora no mantemento a futuro se así o acordamos: se seguimos as instrucións, logo de activalas seguindo os nomes/espazos de nomes/estrutura que nos indique, cada actualización de código que se faga necesaria podería trasladarse facilmente nosos módulos/modelos no momento en que se millore o código en ca.wiki. Isto é importante dicilo porque:
- 1.Actualmente temos táboas de campos manuais, modelos propios locais, modelos adaptados doutras wikis (de aquí e allá) que xa diverxen das de orixe e que resulta moi dificil manter axustadas ós cambios nos módulos wikimedia co paso do tempo. E o máis importante: temos táboas que toman datos de Wikidata (agás por exemplo Organización, que tira xa dun modulo de ca.wiki que soporta as infotaulas) soportadas por módulos obsoletos que deberiamos ter migrado hai xa anos. É dicir, se non avanzamos agora, xa máis atrás non se pode quedar con estes módulos, polo que ter a Amadalvarez que xa leva axudando a instalar estas infotaulas a xente doutras comunidades significaría unha revisión dos módulos que temos con problemas e unha oportunidade para simplificar a diversidade dos nosos modelos (que entendo que sempre foi un desexo de consenso) sen ter que renunciar a ter datos moi completos nas táboas/cadros, e probablemente con máis información da que mostramos actualmente nelas en moitos casos.
- 2. Estes cambios implican para el un traballo considerable, polo que ten que quedar claro que hai un apoio da comunidade detrás de xeito que non se dea marcha atrás no medio e que temos que ver, no inventario que está a facer Breogan cales serían as táboas/modelo que queremos cambiar a este modelo 100% wikidata, para poder mapear os parámetros e mirar a cantos artigos se aplican na Galipedia. Non teñen que ser todas (aínda que o catálogo de táboas de Amadalvarez non deixa de medrar abranguendo temas novos e estaria ben aproveitar ese traballo), se houbese algunha que non se axuste por algunhas pecularidades locais poderíase deixar para máis adiante para valorarmos polo miúdo a o tema de manter parámetros manuais por determinados artigos/temáticas galegas.
- 3.De cara ás actualizacións de código que indiquei no punto 1 implica que se logo de facer este proceso os modelos acabanse modificando localmente en glwiki, para poñelos ao gusto posterior d@ consumid@r, as dificultades que se deriven en posteriores actualizacións serán xa responsabilidade de Galipedia.Dende o meu punto de vista, tendo en conta a capacidade real de mantemento técnico que nos levou á situación de módulos obsoletos, é desexable deixar claro o consenso na adopción de infotaulas concretas para evitar isto e facilitar futuras actualizacións. Por iso hai que ter moi claro que se axusten dende o principio ao que queremos, que se axustarán, porque como se indica máis arriba son expansibles/adaptables: se por unha estrano caso descubrimos un campo de información no que ninguén en ningunha wiki pensou nunca agás a Galipedia, poñamos, apostaria que Amadalvarez será o primeiro en valoralo de cara a mellorar as súas infotaulas. En canto as informacións que só existen localmente nalgúns artigos, son, polo xeral, facilmente trasladables a WD no proceso. Contade comigo por suposto para isto.
- 4. O problema do texto noutras linguas é solucionable, como indicou Estevoaei (e tamén amáis de facelo a man, que é sinxelo, poderíase facer con solucións máis automatizadas a medida que vaiamos adaptando modelos).Comprométome con estes cambios, como xa viña levando as caixas que tiñan informacións WD sen etiqueta e as traducións de propiedades de WD en galego ou as formas femininas de profesións que aparecen nos cadros de biografía.
- 5.As novas infotaulas tamén rematarían con outros problemas que temos actualmente como aparecer máis dunha data de nacemento/morte etc. (mostrar varios valores de Wikidata, mostrar valores obsoletos, non primar o valor de poboación máis actualizado, etc.) que derivan do uso de módulos obsoletos para tomar datos de WD que xa indiquei arriba.
- Podemos probar cun primeiro modelo e elaborar un inventario para ir organizando o traballo. Saber de onde partimos é necesario para ver a onde vamos. Estarei uns días fóra, polo que non poderei participar nesta conversa neses días, pero aquí estou para o que se precise, vaia. Fago un chamado a @Elisardojm, porque penso que tamén lle pode interesar. Saúdos! Maria zaos (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 21:56 (UTC)
- Carai, Breo, boísima idea; paréceme interesantísimo. Estiven vendo a ligazón que deixaches sobre os seus exemplos e a información e a flexibilidade que ofrecen é apabullante. Eu xa pedira, noutro sitio da taberna, axuda para fusionar/eliminar modelos porque hai varios que se "pegan" entre si (ex,: batalla e acontecemento militar; país desaparecido e estado desaparecido). Eu non vexo máis que vantaxes. Na parte técnica pouco podo facer pero, noutro ámbito, axudo no que toque. De novo, parabéns.--MAGHOI (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 15:54 (UTC)
Grazas a todos e adiante, non queda outra. A min xa me viña preocupando especialmente o que comentas no punto 5. --. HombreDHojalata.conversa 23 de setembro de 2023 ás 09:53 (UTC)
Boas, Maria zaos, hai tempo tentárase traer uns modelos con wikidata de cawiki pero era moi complicado porque usaban moitas funcións que xa estaban en diferentes módulos que había na Galipedia, e como eses módulos eran do seu pai e da súa nai, e unha selva de familia máis, era imposible adaptalos porque había moitas cousas que modificar e eses cambios non se sabía se poderían afectar a outros modelos ou funcións da Gali. En resumo, que está todo tan embarullado e entrelazado entre versións copiadas doutras wikis e pequenos cambios/adaptacións para a Galipedia que non se puido levar adiante o proxecto. Para que estas cousas funcionen debería haber unhas librerías comúns a todos os proxectos wiki que sexan adaptables a todos, multiidioma e que sexan mantidas de forma centralizada, así non teríamos que "inventar a roda en cada wiki" e aforraríamos unha chea de tempo. Se eses módulos de cawiki son independentes doutras librerías das wikis e son multiidioma, entón serían un gran avance para as Wikipedias. O que xa digo é que non teño tempo para adicarlle a isto, síntoo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2023 ás 16:03 (UTC)
- Hola @Elisardojm. Tamén teño un mal recordo daquel intento. Creo que a situación actual é diferente. Reorientamos un pouco a nosa forma de traballar para evitar colisións entre os modelos comúns, e algúns dos máis antigos que estás usando a GLwiki necesitan unha actualización. A idea é que esta instalación non sexa invasiva co "legado" existente, aínda que haxa compoñentes que estean duplicados. Teremos tempo para renovar o grupo de infocaixas máis grandes, cando queiras.
- Respecto de ter unha biblioteca común, é un desexo histórico que tradicionalmente fracasou pola resistencia dos grandes WPs a cambiar sequera unha coma dos seus módulos para adaptarse ao común. Actualmente estase intentando co proxecto wikifunctions. Están abordando funcións que se crearon nos primeiros 2-3 anos de WP. Aínda queda moito por percorrer para chegar a casos complexos (como infocaixas) que provocan conflitos entre versións lingüísticas. En todo caso, canto máis homoxeneizados esteamos, máis preparada estará a súa implantación. Recomendo ler o documento onde explico como funcionan as Infotables de CAwiki para ser compatibles con outras WP.
- Saúdos, compañeiro. Eu conto contigo! Amadalvarez (conversa) 6 de outubro de 2023 ás 06:17 (UTC)
- Hola, @Chairego apc @Elisardojm @Estevoaei @HombreDHojalata @MAGHOI @Maria zaos @Piquito @Breogan2008.
- Os pongo al dia y explico les actividades para quienes quieran ayudar a partir de ahora.
- Si mirais Wikipedia:Wikiproxecto_modelos/Xeografía_política#Folla_de_ruta, estamos en el punto 7, es decir se ha traspasado la infobox i los módulos i modelos que no tenia GLwiki o són diferentes y requieren una adaptación sin riesgos. También Vereis el detalle en los puntos marcados como "Feito".
- En el punto 7, explico que he detectado un módulo de GL que no funciona (y tampoco se usa) y hago una propuesta que requiere vuesta aprobación. Quedan otras colisiones que he esquivado alterando el codigo estandar de la infobox instalada y que, cuando compruebe que las versiones preexistentes en GL funcionen bien con la versión nueva, volveré a dejar la infobox importada tal como la tenemos en CAwiki.
- Sobre el punto 8, ya tengo la lista de nombres internos de los paràmetros y estoy acabando una herramienta (un Excel..., nada raro) que os ayudará a crear la lista d'equivalències "nombre parámetro en GL --> nombre interno", de forma que los articulos que ahora usan plantillas antiguas y los que se hagan en adelante, podran hacer servir la nueva infobox sin necesidad de cambiar los paràmetros manuales como estan ahora. Entonces empezará el trabajo de migrar los articulos que querais que cambien.
- Le comentava a @Breogan2008 que, en las infobox con pocos articulos, antes de ponerse a hacer una tabla de conversió, resulta más facil y rápido ponerles la nueva infobox sin parametros al lado de la original y comprobar el resultado; muy fàcil, poneis
{{left|{{Xeografía política}}}}
antes de la llamada a la infobox que tenga el articulo y haceis un "Amosar os cambios". En el 80% de los casos el resultado és igual o mejor y, de esta forma, ya se puede eliminar toda la llamada antigua y dejar la nueva. - Por último, si veis errores por supuesto que lo teneis que comentar para que lo corrija. Pero si teneis alguna sugerencia (como decia el punto 3), no dudeis en comentarlo. Pensad que ahora que estoy de reformas és mas facil estudiarlo.
- Gracias y disculpas por escribir en castellano. Tenia prisa por haceros partícipes !! Amadalvarez (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 18:00 (UTC)
- Ola boas, o modelo é unha mellora incrible, antes de nada dar o meu agradecemento polo traballo que estades a facer. Como deseñador industrial gustaríame facervos a proposta de cambiar a cor do modelo de maneira que fose máis neutro, quizais máis ao estilo "de serie" de Wikipedia. O mesmo tamén me gustaría da Portada e demais Modelos, penso que dá un aspecto máis profesional e unificado. Por dar un exemplo, a Portada de Wikipedia en español está completamente unificada co resto do deseño da interface de Wikipedia, igual que os Portais.
- Penso que agora que estamos a aplicar este modelo que ofrece tantas capacidades pensar nisto tamén sería de interese.
- Un saúdo e grazas! O Breixo (conversa) 18 de novembro de 2023 ás 16:16 (UTC)
- Ola, @O Breixo. Moitas grazas polos comentarios. Aínda se está a traballar neste tema. Podes agregar as túas suxestións na conversa das páxinas de exemplo. Se a túa bagaxe tamén inclúe coñecementos de css e javascript, sería magnífico contar coa túa axuda como administrador da interface, que che permitiría poder harmonizar a identidade visual da Galipedia. Estamos moi necesitadas de máns. Déixoche o aviso que deixoi Estevoaei acó, por se non o viches. Maria zaos (conversa) 18 de novembro de 2023 ás 22:53 (UTC)
- Boas @Maria zaos, pois a verdade é que como mínimo estaría interesado en aprender sobre o tema, teño un par de compañeiros programadores que me poden ir guiando en caso de dúbida. Aínda non sei como vai o de administrador de interface pero botareille un ollo. Grazas pola resposta! O Breixo (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 01:01 (UTC)
- Ola, @O Breixo. Moitas grazas polos comentarios. Aínda se está a traballar neste tema. Podes agregar as túas suxestións na conversa das páxinas de exemplo. Se a túa bagaxe tamén inclúe coñecementos de css e javascript, sería magnífico contar coa túa axuda como administrador da interface, que che permitiría poder harmonizar a identidade visual da Galipedia. Estamos moi necesitadas de máns. Déixoche o aviso que deixoi Estevoaei acó, por se non o viches. Maria zaos (conversa) 18 de novembro de 2023 ás 22:53 (UTC)
Consulta á comunidade sobre detalliño relacionado co estilo de data no novo modelo de caixa de información xeografía política. editar
Boas! Como sabedes, estase a traballar no novo modelo de caixa de información de xeografía política. Actualmente, como se pode ver nos exemplos do modelo, as datas aparecen nel así:
- 12 maio 1982
Pódeselle engadir un axuste para que cambie a "12 de maio de 1982". En principio, creo que non é unha cuestión susceptible de moito conflito, xa que deste modo aparece xa na portada:
- Nesta versión en galego, que comezou o 8 de marzo de 2003
Pero antes de confirmar nada para que se faga o axuste, deixo este aviso por acó por se alguén ten algunha opinión diferente. Grazas pola atención! Maria zaos (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 17:01 (UTC)
- Ola, @Maria zaos. Eu prefiro coas preposicións (12 de maio de 2023) porque resulta máis natural e menos linguaxe "máquina". MAGHOI (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 17:22 (UTC)
- Eu tamén prefiro coas preposicións. Breogan2008 (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 17:55 (UTC)
- Ídem. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2023 ás 18:45 (UTC)
- Ídem. --Agremon(contacto) 21 de novembro de 2023 ás 12:52 (UTC)
- OK --. HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2023 ás 17:52 (UTC)
- Vale, vou pedir logo que o modifiquen. Graciñas! Maria zaos (conversa) 21 de novembro de 2023 ás 15:46 (UTC)