Laponia, Finlandia
Laponia (en finés: Lappi; en saami: Lappi; en sueco: Lappland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Até finais de 2009 foi unha das seis provincias coas que contaba a organización político-administrativa rexional da República de Finlandia. A súa capital administrativa é a cidade de Rovaniemi. A Laponia finlandesa forma parte dunha rexión xeográfica máis grande chamada Laponia.
Laponia Lapin maakunta Lapplands landskap | ||
---|---|---|
| ||
Estado | ![]() | |
Capital | Rovaniemi | |
• Poboación | 59.967 (2010) | |
Lingua oficial | As tres | |
Forma de goberno | Rexión de Finlandia | |
Timo Korva | ||
Rexión | 1936 | |
Superficie | Posto 1º | |
• Total | 98.984 km² | |
• % auga | 6 | |
Fronteiras | 1.723 km | |
Costas | n/d km | |
Poboación | Posto 10º | |
• Total | 184.000 (2009) hab. | |
• Densidade | 1,9 hab./km² | |
Fuso horario | UTC+2 | |
• Horario de verán | UTC+3 | |
Dominio de Internet | .fi | |
Código ISO | LL | |
A provincia de Laponia tiña soamente uns 186.500 habitantes (2004), que representan o 3,6% da poboación de Finlandia. A densidade de poboación é claramente a máis baixa do país. As cidades máis notables da rexión, ademais da súa capital, son Kemi, Tornio, Kemijärvi e Inari.
Os concellos da provincia cooperan nun Consello Rexional. Laponia fai fronteira coa rexión de Ostrobotnia do Norte ao sur, sendo bordeada tamén polo Golfo de Botnia ao suroeste, co Condado de Norrbotten de Suecia ao oeste, Noruega ao norte e co Oblast de Múrmansk de Rusia ao leste. Nalgunhas partes do mundo, como o Reino Unido, Irlanda e a propia Finlandia considérase a esta rexión como o fogar de Joulupukki, Pai Nadal ou Papá Noël.
ConcellosEditar
A rexión de Laponia conta con 21 concellos, dos cales catro son cidades (en letra grosa):
Antigos concellosEditar
- Alatornio (en sueco Nedertorneå)
- Karunki (en sueco Karungi)
- Kemijärven maalaiskunta
- Petsamo (en saami Skolt Peäccam) (en saami setentrional Beahcán)
- Rovaniemen maalaiskunta (en sueco Rovaniemi landskommun) (en saami setentrional Roavvenjárgga dálongielda)
SubrexiónsEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laponia, Finlandia |