Lingua saami de Inari

Lingua urálica

A lingua saami de Inari (Anarâškielâ) é unha lingua urálica falada polo pobo saami de Inari en Finlandia. Trátase dunha lingua saami que ten aproximadamente 300 falantes, dos que a meirande parte son de mediana ou avanzada idade e viven no concello de Inari. Segundo o Parlamento Saami de Finlandia, 269 persoas empregan o saami de Inari acotío como a súa primeira lingua. É a única das linguas saamis que se fala exclusivamente en Finlandia e está clasificada como unha lingua en grave risco de desaparecer porque moi poucos rapaces a aprenden.

Lingua saami de Inari
Anarâškielâ
Falado en: Finlandia
Rexións: Laponia
Total de falantes: 300 (segundo o censo de 2001)[1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis orientais
   Lingua saami de Inari
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: Lingua minoritaria recoñecida en Finlandia[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: smn
ISO 639-3: smn
Mapa
Status

O saami de Inari está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]
  1. "Anaras: The Inari Sàmis". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  2. Consello europeo (ed.). "To which languages does the Charter apply?". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar