O pobo saami[7] é un grupo indíxena fino-úgrico que vive na zona ártica de Laponia, que abrangue partes de Noruega, Suecia, Finlandia, a península de Kola en Rusia, e a beira entre o sur e o centro de Suecia e Noruega. Os saamis son o único pobo de Escandinavia recoñecido e protexido baixo as convencións internacionais dos pobos indíxenas. Tamén son o pobo indíxena máis setentrional de Europa.[8] As terras ancestrais dos saamis teñen unha extensión de 388.350 km², que é aproximadamente o tamaño de Noruega. As súas linguas tradicionais son as linguas saamis, que están clasificadas dentro da familia das linguas urálicas.

Pobo saami
Mari Boine, Nordiska radets musikpristagare (Bilden ar tagen vid Nordiska radets session i Oslo, 2003) (3).jpg
Sofia Jannok 20070621 Centre Culturel Suedois 8.jpg
Aili Keskitalo nyvalgt 2013.jpg
Ole Henrik Magga 140x190.jpg
Helga Pedersen2009B 140x190.jpg
Lars Pirak 01.jpg
Renée Zellweger cropped.jpg
Lisa Thomasson 140x190.jpg
Poboación
Poboación total:
163 400
Rexións principais:
Sami flag.svg Laponia 133 400
Noruega Noruega 37 890[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos 30 000[2]
Suecia Suecia 14 600[3]
Finlandia Finlandia 9 350[4]
Rusia Rusia 1 991 (2002)[5]
Ucraína Ucraína 136 (2001)[6]
Aspectos culturais
Lingua

Linguas saamis:
saami setentrional, saami de Lule, saami de Pite, saami de Ume, saami meridional, saami de Inari, saami de Skolt, saami de Kildin, saami de Ter
saami de Akkala (extinta), saami de Kemi (extinta), saami de Kainuu (extinta)

Outras linguas estatais:
Noruegués, sueco, finés, ruso
Relixión Luteranismo, laestadianismo, igrexa Ortodoxa, xamanismo saami
Territorio habitado polos saamis.
Bandeira do pobo saami.

Tradicionalmente, o pobo saami desenvolveu diversos tipos de estilo de vida, destacando como pescadores, trampeiros para o comercio de peles ou na cría de ovellas. Porén, son principalmente coñecido pola cría de renos en réxime de seminomadismo. Actualmente, un 10% dos saamis teñen relación coa cría de renos e uns 2.800 está directamente relacionados con esta actividade.[9] Por razóns medioambientais, culturais e políticas, a cría de renos está legalmente reservada aos saamis en certas rexións dos países nórdicos.

NotasEditar

  1. SSB. (ed.). "Statistic Norway". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  2. Baiki (ed.). "The International Sami Journal". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  3. Ethnologue.com (ed.). "Languages of Sweden". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  4. Parliament (ed.). "Eduskunta — Kirjallinen kysymys 20/2009". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  5. "Censo de Rusia de 2002". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  6. "Censo de Ucraína de 2001". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saami.
  8. F. Norokorpi, Yrjö. UNESCO, ed. "World Heritage and the Arctic". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  9. http://www.galdu.org/govat/doc/eng_reindeer.pdf

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar