Kittilä

Coordenadas: 67°39′25″N 24°54′30″L / 67.65694, -24.90833

Kittilä (en saami de Inari: Kittâl, en saami setentrional: Gihttel) é un concello de Finlandia situado na provincia de Laponia, que goza de sona por ser un lugar turístico. En Kittilä atópase unha das máis coñecidas estacións de esquí de Finlandia, Levi. O concello contaba cunha poboación de 6 354 habitantes no 2018 e esténdese nunha área de 8 262,97 km², dos cales 168,71 km² son auga. A densidade de poboación é de 0.79 habitantes por km².

Kittilä
Kittilä.vaakuna.svg
Kittilän kirkko.JPG
Localización
Kittilä.sijainti.suomi.2007.svg
PaísFinlandia
RexiónLaponia
SubrexiónTunturi-Lappi
Xeografía
Superficie8 262,97 km² km²
Demografía
Poboación6 354 hab. (2018)[1]
Densidade0,78 hab./km²
Outros datos
AlcaldeSeppo Maula
Páxina web oficial

O 5 de xuño de 2006 anunciouse que unha corporación mineira canadense, Agnico-Eagle Mines, abriría unha nova mina de ouro en Kittilä. Os expertos pensan que os depósitos conteñen polo menos tres millóns de onzas de ouro puro. Espérase que a mina produza ao redor de 150 onzas de ouro ao ano, durante 13 anos, polo menos.[2] A explotación a ceo aberto comezou en setembro de 2007 e a produción en maio de 2008.[3] A minaría do pozo de Suuri comezou con 2500 toneladas por día que incrementaron até 3000 toneladas a finais de 2009.[4]

O Aeroporto de Kittilä está operado polas compañías aéreas Finnair e FinnComm.

NotasEditar

  1. National Land Survey of Finland (ed.). ""Area of Finnish Municipalities 1.1.2018"" (PDF). Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  2. Agnico-Eagle Mines Limited 2011.10.20
  3. Lovejoy, Carl (xaneiro-febreiro de 2009). "Mining Magazine" 200 (1/2). Londres: 16–19. ISSN 0308-6631. 
  4. Paduada, Mike (agosto de 2009). "CIM Magazine" 4 (5). Montreal. ISSN 1718-4177. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

 
Estación de Esquí de Levi en Kittilä