Óblast de Múrmansk
entidade federal de Rusia
O óblast de Múrmansk (en ruso: Му́рманская о́бласть) é unha entidade federal de Rusia (un óblast). Está situado no noroeste do país, sendo a súa capital a cidade de Múrmask. Ocupa unha superficie de 144.900 km², e acolle unha poboación de 892.534 persoas (segundo o censo do 2002).
XeografíaEditar
Xeograficamente está situado principalmente na península de Kola, e forma parte da máis extensa Laponia, rexión que se estende por catro países. O óblast de Múrmansk linda coa república de Carelia (Rusia), co condado de Finnmark (Noruega) e Lappi (Finlandia). O condado sueco de Norrbotten está moi próximo tamén.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óblast de Múrmansk |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |