Benvida á Galipedia, Lles!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2018 ás 09:34 (UTC)Responder

Modelo:Biografía editar

Ola, Lles. O asunto das formas masculinas/femininas no artigo de Gerda Lerner creo que ten que ver coa información de Wikidata que le o Modelo:Biografía. Habería que adaptar o modelo para que lese as formas femininas. Vou deixar unha mensaxe en Conversa modelo:Biografía. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xaneiro de 2018 ás 10:17 (UTC)Responder

cita web editar

Ola, Lles; entendo que cando me dis que "usando a interface de citas introduce un parámetro obsoleto" te refires ao que puxeches en Conversa:Maternidade, non?

O Modelo:Cita web non usa o parámetro "coautores"; cando varias persoas comparten a autoría debes usar "nome1" "apelidos1", "nome2" "apelidos2" etc.. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 10:39 (UTC)Responder

Vexo que xa solucionaches o problema. A interface avisa de que se detectou un problema, de cara a que calquera persoa o poda solucionar. En certo modo é como o detector de homónimos, o corrector ortográfico ou o detector de ligazóns rotas; o que fan é sinalar os erros, para que quen o vexa o corrixa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 13:46 (UTC)Responder
Pero xa o solucionaches ti. Mellor saber cal é o problema e aprender a solucionalo, non? :) A idea na Wiki é ir aprendendo sempre! Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 13:57 (UTC)Responder
Pero cal é a túa proposta? Non acabo de comprender a que te refires. Na es:Plantilla:Cita web de Wikipedia en castelán existe o parámetro "coautores", que está en desuso porque a tendencia é usar "nombre#" e "apellido#". Se por confusión alguén engade na Wikipedia en galego o parámetro "coautores" no modelo de cita, sempre vai dar erro e sempre vai haber que solucionalo manualmente. O que se pode facer é que apareza unha suxestión dos parámetros "nome2" e "apelido2". Vou deixar aviso na páxina de Conversa modelo:Cita web por se alguén con coñecementos técnicos pode facer iso. Un saúdo --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 15:18 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos editar

Ola Lles.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 31 de xaneiro de 2018 ás 16:16 (UTC)Responder

Ola Lles.
Se activas o detector que che dixen, verás as ligazóns a páxinas de homónimos marcadas en amarelo, por exemplo na páxina Conversa:Maternidade.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2018 ás 10:24 (UTC)Responder

Maternidade editar

Ola, Lles;

Se consideras que Maternidade debe ser artigo de seu, coas correspondentes referencias e fontes, crea o artigo maternidade. Se despois alguén considera que o contido se debe fusionar con Nai pois pode debaterse, pero se ti cres que merece artigo propio, pois adiante. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de febreiro de 2018 ás 20:56 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Lles.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2018 ás 13:23 (UTC)Responder

Ola, Lles; co do recoñecemento referíame non só ás traducións; tamén ao creares un artigo partindo de cero, procura indicar no resumo de edición a orixe da información, para que quede no historial e se saiba de onde veñen as fontes. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2018 ás 13:33 (UTC)Responder
No corpo do artigo cómpre incluír as referencias, pero ao que me refiro e que é bo indicar no resumo da edición de onde se toma a información. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2018 ás 13:45 (UTC)Responder

Libro de estilo editar

Boas Lles, veño de revisar algúns dos artigos que creaches e puiden ver que en moitos casos non segues o Libro de estilo da Galipedia á hora de editalos. Imaxino que se debe a que moitos deles son traducidos coa ferramenta de tradución automática desde o orixinal na lingua que sexa, pero lembra que despois debes revisar os contidos para arranxar as ligazóns internas e poñer o formato correcto ás seccións. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 16:56 (UTC)Responder

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia editar

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Boas Lles, parabens pois tras as últimas edicións que fixeches metichete entre os 250 usuarios con máis edicións feitas. Podés consultalo nesta ligazón.--Alfonso mande 3 de marzo de 2018 ás 14:04 (UTC)Responder

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo editar

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Datos 8 de marzo Día, Día da Muller editar

Ola, Lles. Vexo que se me adiantou Elisardo, e pásame un pouco como a el. Lin sobre o tema aquí, na Wikipedia en inglés e na de lingua española, e vexo que hai certa confusión sobre a orixe. Coa modificación de Elisardo está algo mellor, pero creo que habería que arranxar o artigo con máis vagar (non me refiro á portada, que tamén, senón ao Día Internacional da Muller e outros artigos relacionados. Se tes animas, adiante. --Atobar (conversa comigo) 8 de marzo de 2018 ás 10:07 (UTC)Responder

Prepucio editar

Estou a ver o historial do artigo prepucio. Nestes casos en vez de borrar a información dun artigo e pasala a outro, é mellor usar a opción "mover" para conservar o historial do artigo. Podes facelo cunha das lapelas que tes na caixa superior, a carón da de editar. Alí asígnaslle o novo nome ao artigo e listo, e despois podes editar o nome vello para crear unha páxina de homónimos ou o que sexa necesario. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 14:14 (UTC)Responder

Eugenia Pereira editar

Ola, Lles. Sabes en cal universidade estudou Eugenia Pereira Rodríguez? Fíxenlle o elemento correspondente en Wikidata, d:Q50398123. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de marzo de 2018 ás 15:17 (UTC)Responder

sororidade editar

Ola, Lles; anímaste a crear o artigo Sororidade? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2018 ás 14:54 (UTC)Responder

Re:Premio Manuel Beiras editar

Vin que modificaches a táboa, xa te amañaches ou precisas máis axuda? O asistente de táboas é unha boa axuda para modificalas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2018 ás 10:35 (UTC)Responder

Querela das mulleres editar

Boas Lles, o artigo Querela das mulleres, que creaches ti, ten un aviso de que ten algúns problemas, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 11:38 (UTC)Responder

RE:Modelo divindade editar

Tes Wikipedia:Lista de modelos pero non é unha lista actualizada, o mellor sería que buscaras nas categorías de modelos de cada tema en Categoría:Caixas de información. Para saber como crear un modelo, tes Axuda:Modelos, pero antes de crear un novo, case pediríache que me consultaras para ver se é realmente necesario, porque últimamente estamos procurando unificar modelos en vez de facer outros novos para facilitar o seu uso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)Responder

Wikidata editar

Ola, Lles; como vai?

Que tal te levas con Wikidata? Fixen o elemento correspondente a María José Arceo. Se te animas a ir creando ti os seguintes dos artigos que crees de cero na Wikipedia, sería fantástico. Por certo: ao crear artigos novos procura indicar de onde tomas a información no resumo da edición ou na páxina de conversa. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2018 ás 22:28 (UTC)Responder

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey editar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)Responder

erros ortográficos editar

Ola, Lles. Non entendo moi ben algunhas das edicións que estás a facer, como por exemplo esta. O detector de erros ortográficos actívase de forma voluntaria, e en calquera caso non ten sentido poñer esas indicacións en títulos ou apelidos que están en castelán. Creo que estás cargando os artigos de contido de forma innecesaria. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de abril de 2018 ás 08:44 (UTC)Responder

Pasouche en varias ocasións e non tiña claro se o facías a propósito ou se era un erro, por iso preguntei. Se cadra revisa as túas últimas achegas, e verás que a maioría son pequenas agás algunhas nas que hai un gran aumento de contido, como en Arma, Michael Jackson ou Golpe de estado en Tailandia en 2006. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de abril de 2018 ás 09:20 (UTC)Responder

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia editar

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:38 (UTC)Responder

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada editar

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:47 (UTC)Responder

RE:Proxectos pedagóxicos editar

Boas, ese contido está no modelo da cabeceira, Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Menú, xa o amañei. Moitas grazas pola túa revisión :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2018 ás 08:03 (UTC)Responder

Artigos curtos editar

Ola, Lles. Vexo que estás a crear moitos artigos curtos e deixalo co marcador enprogreso, por exemplo Every Breath You Take‎. Se che é posible, tratar de deixalos cando menos en 2.000 kb. É unha cifra razoable que, sen ser oficial, medio pactamos hai un tempo; así se evita que outros editores teñan que ir detrás das novas entradas e que se amplíe de forma continua a listaxe de artigos con problemas. Como é natual, pode haber casos en que che resulte difícil chegar a esa cifra de kbs (que con todo non deixa de ser moi baixa e asumible), mais polo xeral é bastante sinxelo darlle ese fondo mínimo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22 de abril de 2018 ás 09:07 (UTC)Responder

Bytes, bytes. Non chegamos a poñer unha cantidade fixa deles, pero entre Banjo, Elisardojm, eu... e non sei se alguén máis chegamos á conclusión de que 2 kb bytes era unha boa cifra para retirar un marcador de artigocurto e similar. A cuestión permite certa flexibilidade, porque pode haber algunha entrada puntual que para chegar a iso realmente non dea, e outros moitos artgios que con 2.000 bytes non encha nin a metade do cabezallo. --Atobar (conversa comigo) 23 de abril de 2018 ás 08:59 (UTC)Responder
-Atobar, ás veces o artigo non chega aos 2000 kb, pasoume agora coa aplicación Exeria ou onte con Elas son Artistas ou con Somos a curta!, mais si penso que é interesante que estean. No caso de Exeria non se vai desenvolver máis e nos outros xa se desenvolverán no futuro. Lles (conversa) 4 de maio de 2018 ás 07:37 (UTC)Responder

RE:Día Internacional das Rapazas nas TIC editar

Segundo a web das Nacións Unidas, o 26 é o Día Mundial da Propiedade Intelectual. Pero, segundo a Unión Internacional de Telecomunicacións, o cuarto xoves de abril é o Día Internacional das Rapazas nas TIC, como non é unha data fixa, cada ano coincide nun día diferente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2018 ás 22:12 (UTC)Responder

desenvolvemento de artigos editar

Ola, Lles; por favor, desenvolve un pouco máis os artigos que crees. Nas referencias pon que o Premio de Xornalismo Johán Carballeira vai xa pola edición número 15, pero tal e como redactaches parece que este ano foi a primeira vez que se celebrou. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de maio de 2018 ás 08:28 (UTC)Responder

Ola, Estevo(aei), foi así como o atopei na primeira fonte. Logo liguei a segunda, onde viña a acta, porque a atopei buscando se era maiúscula ou minúscula. Lles (conversa) 2 de maio de 2018 ás 08:34 (UTC)Responder

Pois a iso me refiro; que non te quedes só nas dúas primeiras referencias, busca máis información sobre o tema, porque dá de si e é unha mágoa que quede así unha entrada desleixada e incompleta. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de maio de 2018 ás 08:41 (UTC)Responder
Ola, Lles; insisto no que che dixen hai unhas semanas. Por favor, desenvolve os artigos que creas, procura non deixalos como simples bosquexos. Facendo unha procura en Google hai un feixe de resultados para Nastasia Zürcher que poden resultar de utilidade, pero tal e como está agora o artigo non ten apenas contido. O mesmo pasa con artigos que creas de premios e certames, que os deixas a medias sen info de todas as edicións.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de maio de 2018 ás 10:02 (UTC)Responder
Ola, Lles; volvo insistir no mesmo. Creaches o artigo Premio Literario Nortear, mais tal e como o redactaches parece que só houbo unha convocatoria, non se sabe por quen está convocado, non se indica que de que xénero literario é o certame... Por favor, desenvolve máis os artigos, e ao incluír referencias usa o formato axeitado (Modelo:Cita novas, Modelo:Cita web...) incluíndo o título do enlace, a data, o medio...
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de novembro de 2018 ás 12:39 (UTC)Responder

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada editar

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Toponimia editar

Boas, pois a escolla dos topónimos está organizada en Wikipedia:Toponimia, e segundo pon aí, os nomes dos artigos deben ser os nomes que haxa en galego deses lugares, sempre e cando haxa algunha referencia. No resto dos casos úsase o nome oficial. Hai tamén unha Lista de exónimos en galego na que se van recollendo fontes e formas de exónimos para que sexa máis doado atopalos.

Sobre o artigo Casco Antiguo de Pamplona, non estou seguro que esa sexa a denominación oficial, "casco antiguo" non me parece que forme parte do nome, para min iso é o nome común dunha zona de Pamplona. Eu penso que ese artigo debería titularse Zona vella de Pamplona, non? Non mirei máis detalles no corpo do artigo, se tes algunha dúbida en concreto, coméntama e revísoa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2018 ás 15:41 (UTC)Responder

21 Días co Galego editar

Non sei quen es pero quero darche as grazas por ter creado a entrada 21 Días co Galego, dei con ela de casualidade e fíxome moita ilusión. Son Pilar Ponte. --Aprofa (Dime algo aquí) 8 de xuño de 2018 ás 14:07 (UTC) Moitísimas grazas, es moi amable, ando por aquí pero non dou feito nada de proveito, quizais algún día... Realmente o que me apetecía era aprender a que o meu alumnado puidese colaborar coa wikipedia pero é un proxecto pendente xa durante varios anos. Saúdos. --Aprofa (Dime algo aquí) 10 de xuño de 2018 ás 21:31 (UTC) Ola, non, non sabía de ningunha das dúas páxinas. Van ser a miña primeira tarefa en canto remate o curso. Moitas grazas por avisar. Saúdos. --Aprofa (Dime algo aquí) 17 de xuño de 2018 ás 21:17 (UTC)Responder

Nike editar

Vexo ben que moveras a páxina da marca Nike cara Nike, Inc. pero esqueciches arranxar as ligazóns referidas á marca que agora redirixen cara unha páxina de homónimos. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 16:53 (UTC)Responder

Xa conseguiron solucionalo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 10:54 (UTC)Responder

Datos en foto de Nigrán editar

Boas Lles, a foto Ficheiro:Nigrán Mauthausen.jpg non ten a información de orixe, tes que indicar de onde saeu. Para iso tes que editar a páxina e onde pon "source=" engadir a fonte da foto, se é unha páxina web tes que poñer a dirección, se é unha foto orixinal túa podes poñer "Traballo propio" ou o modelo {{own}}, etc. Este é o problema que ten subir as fotos directamente á Galipedia, que hai que facer máis cousas a man :). Se precisas axuda ou tes calquera dúbida, contacta comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 08:43 (UTC)Responder

RE:Pregunta editar

É que sóname moito a slogan publicitario..., é máis neutral non dicir nada sobre ese aspecto xa que é subxectivo. En "permanente actualización" chega con que se engada unha entrada nova cada día? É igual que as outras seccións teñan unha actualización de tempo menor? Sería máis permanente a actualización se se fixera cada hora? Eu que sei..., tampouco está referenciado..., ou eu non vin a referencia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2018 ás 09:38 (UTC)Responder

IIF editar

Ola! Sabes se hai referencias en lingua galega para o nome de Instituto de Investigacións Feministas? De non ser así, debería moverse o artigo a Instituto de Investigaciones Feministas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xuño de 2018 ás 10:26 (UTC)Responder

RE:Borrado editar

Borrei o artigo que tiña mal o título, xa vin que moviches o outro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 12:49 (UTC)Responder

Non, quedou perfecto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 12:54 (UTC)Responder

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright editar

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Seguindo coa asociación editar

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradores editar

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:21 (UTC)Responder

Fenda de xénero e nesgo de xénero editar

Ola! vin que cambiache nesgo de xénero por fenda de xénero. Eu creo que neste caso o cambio non é adecuado ao contexto: a fenda de xénero é un feito obxectivo susceptible de ser medido (como a fenda dixital) cuantitativamente, mentres que nesgo de xénero é máis xenérico, e normalmente é analisado dende o punto de vista cualitativo máis que cuantitativo. É dicir, para min a fenda de xénero é a consecuencia palpable do nesgo de xénero, por iso non serían intercambiables. Non sei se ti o ves así. Un saúdo--Maria zaos (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 08:50 (UTC)Responder

Grazas pola suxestión de crear un artigo independente, pero dubido que teña tanto coñecemento: o comentario que fixen era como eu o vía e teño entendido, pero non teño referencias a man tampouco para poder xustificalo con máis peso. (Non era para que o cambiaras de entrada , era máis ben por debater un pouco ;) )
Por outra banda, non dispoño de moito tempo nin teño moito xeito editando, polo que me adico a cousas pequeniñas case sempre. Pero tereino en conta e hei buscar fontes, polo menos para ter algo adiantado: se alguén se anima a redactalo eu encantada .:)Maria zaos (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 12:22 (UTC)Responder

Ola de novo! Pois para min a primeira frase da introdución "A fenda de xénero na Wikipedia refírese a unha crítica da enciclopedia en liña Wikipedia segundo a cal a natureza e a cantidade do seu contido son tendencialmente influenciados polo feito da maioría dos seus editores ser do sexo masculino" en realidade fala do nesgo, non da fenda. A fenda -insisto, para min- sería o resto do artigo, as diferencias de participación en función do xénero, que darían como resultado esa visión máis "parcial" da que fala a primeira frase da introdución. Un saúdoMaria zaos (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 12:31 (UTC)Responder

O título do artigo está ben, os contidos falan da fenda,o que non casa é esa primeira frase.

O nesgo de xénero seríao por causa da fenda de xénero (entre outras cousas claro), non é que a fenda de xénero sexa a consecuencia do nesgo de xénero. A falta de representatividade (fenda) levaría a unha visión/discurso menos plural e sesgada (nesgo) da realidade A primeira frase da introdución é algo confusa, semella que dí exactamente o contrario. Saúdos--193.144.83.74 17 de setembro de 2018 ás 12:51 (UTC) esta era eu sen as claves --Maria zaos (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 07:51 (UTC)Responder

Lles, non entendo moi ben por que agora se chama nesgo de xénero, podía terse mantido (supoñendo que ías facer outra entrada distinta para nesgo, que igual non era a intención agora que o penso). Como ben dis a primeira frase tiña que casar co corpo do artigo. O corpo do artigo céntrase na fenda. De todos xeitos lendo de novo o artigo creo que queda ben: a introdución dá a definición de nesgo e o corpo xustifica a existencia deste fenómeno a través do análise da fenda de xénero na Wikipedia. Semellame unha solución moi atinada, xa que en realidade o interese principal está no nesgo, por tocar os cinco piares da WP.( As accións para combatir a fenda de xénero serían as accións estratéxicas concretas, ou sexa outra cousa ao meu entender). Sempre e cando non se faga outro titulado "fenda de xénero na wikipedia", ou sexa, que se desdoblen as entradas, a min paréceme que quedou bastante redondo coa solución de pasalo/titulalo nesgo. Bo traballo! Nota: non vou poder pasar pola Gali nas próximas semanas, saúdos.--Maria zaos (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 07:51 (UTC)Responder

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación editar

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:22 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo editar

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)Responder

Gañadores editar

Ola, Lles. Revertín a túa edición. Cando un termo é correcto, non é preciso desdobralo. Amais, guiámonos polo criterio do primeiro editor. Por outra banda, a cuestión do xenérico xa se debateu por extenso, votamos e decidimos por clara maioría que o criterio sexa este. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13 de setembro de 2018 ás 11:04 (UTC)Responder

Re: Pregunta editar

Boas Lles, a opción de mover unha páxina sen deixar redirección é exclusiva dos administradores. As páxinas que ligan co artigo movido téñense que cambiar unha por unha, pero tamén se pode facer máis axiña coa axuda dun bot. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 09:13 (UTC)Responder

Síntoo, pero non entendo moi ben que redirección é a que queres borrar. --Chairego apc (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 09:50 (UTC)Responder
  Feito! --Chairego apc (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 10:25 (UTC)Responder

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia editar

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia editar

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Results from global Wikimedia survey 2018 are published editar

1 de outubro de 2018 ás 19:25 (UTC)

Linguaxe inclusiva editar

Boas Lles, xa ves como está a conversa, eu non vexo que se avance e tampouco quero botar meses con este tema, non sei como o ves ti. Teño dúas ideas para intentar avanzar, a ver o que che parecen:

  • facer unha enquisa preguntando ós usuarios que están a favor ou en contra de cambiar o libro de estilo para engadir o uso da linguaxe inclusiva. Se a maioría está a favor, teríamos que abrir unha segunda fase para buscar a redacción do cambio do libro de estilo, non vale engadir que o libro de estilo siga as indicacións do Manual de estilo do DOG, porque, que pasa se mañá cambian e non nos interesa o cambio? Habería que facer unha redacción explicando como usar esa linguaxe na Galipedia, pero esa redacción xa a faríamos entre todos. Se na enquisa non se está a favor entón xa non perdemos o tempo.
  • deixar o fío de conversa actual, que non vai nin para adiante nin para atrás, e abrir un novo para facer unha redacción do cambio do libro de estilo para engadir o uso da linguaxe inclusiva, do xeito que che comento arriba. En resumo, que sería o mesmo que o de arriba pero sen facer enquisa previa, vamos :) Cal camiño queres seguir? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2018 ás 23:40 (UTC)Responder
Moi ben, e que poñemos no referendo? digo, enquisa :) Que tal isto:?
"Enquisa sobre se engadir pautas de linguaxe inclusiva no Libro de estilo da Galipedia
Boas a todas e a todos, queremos saber a vosa opinión sobre se debemos modificar o Libro de estilo da Galipedia para que se indiquen unhas pautas para usar a linguaxe inclusiva nos artigos. Isto é só unha enquisa para coñecer a posición da comunidade, non é unha votación nin nada semellante. Se a maioría da comunidade estivese de acordo con facer estas modificacións, entón teríamos que traballar entre todas e todos para decidir que pautas aplicar, que poderían ser semellantes (non necesariamente as mesmas, tan só serían unha base de partida) ás do manual de estilo do DOG da Xunta de Galicia. Todas e todos os que queiran participar son benvidos a votar a favor ou en contra, o prazo de votación é de 15 días dende hoxe. Saúdos." Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 12:55 (UTC)Responder

Modiificación en texto de portada editar

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Preparación do servizo ORES na Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos editar

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

O Marisquiño editar

Ola, Lles. Marquei para fusionar os artigos O Marisquiño e Accidente do Marisquiño. Dado que son contidos con moi pouco contido. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de novembro de 2018 ás 10:22 (UTC)Responder

Cuarta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Entrega do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Teresa Veiga editar

Ola!

Entroume a curiosidade: liches algo de Teresa Veiga? Xusto onte editei o ítem dela en WikiData porque a semana pasada merquei un libro seu, o Gente melancolicamente louca. Preguntei a unha rapaza de pt.wiki que adoita editar sobre escritoras (pt:Usuária:Hipersyl) mais non me soubo dar máis información.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2018 ás 13:36 (UTC)Responder

Heteronormatividade editar

Boas Lles, fixen uns pequenos cambios en Heteronormatividade. Nada importante, tan só meter a sección biografía dentro de Véxase tamén xunto ás ligazóns externas. Tamén engadín o Modelo:Control de autoridades ao final. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 5 de decembro de 2018 ás 10:34 (UTC)Responder

Nova firma dos estatutos de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Depuración franquista do maxisterio español editar

Perdoa Lles, fixen unhas edicións de formato en Depuración franquista do maxisterio español, ao que cheguei tras borralo na túa páxina de usuaria. Decateime despois de que aínda estás traballando nel. O mellor sería que engadiras o modelo enuso para evitar situacións similares. Lembra engadirlle as categorías. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 11:06 (UTC)Responder

Penso que con eses é suficiente. Se a alguén se lle ocorre algún máis sempre pode engadilo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 17:52 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

Ola Lles. Hai cousas que aos tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión da última páxina que iniciaches, achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2019 ás 14:05 (UTC)Responder

Si, coido que as referencias quedaron completadas. Grazas.
A cousa é que o tradutor automático "papa" algunhas partes, como o nome dos autores, por exemplo. Por iso despois hai que revisar e completar á man. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2019 ás 07:42 (UTC)Responder

RE:Muller / mulleres editar

Vale, se o ves mellor así, adiante :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2019 ás 11:06 (UTC)Responder

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto editar

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Seguintes pasos burocráticos de A3GAL editar

Boas a todos, fixen unha nova páxina con tarefas burocráticas que hai que facer ou ir preparando para poñer a funcionar a asociación, podedes vela en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Pasos burocráticos. Todas estas tarefas van levar bastante traballo facelas polo que se precisa a colaboración de todos para que a cada un lle toque só unha pequena parte do choio. Así que ídevos apuntando na lista na tarefa que máis vos preste e actualizando coas cousas que vaiades facendo/sabendo/investigando. Se o precisades para algo, podedes facer subpáxinas na miña páxina de usuario, co título "Elisardojm/A3GAL/Nome que vos pareza ben" para achegar a información que vexades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de febreiro de 2019 ás 00:47 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Colaboración en evento sobre normalización lingüística editar

Colaboración en evento sobre normalización lingüística editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Despatriarcalizar editar

Encantada de saludarte y comprobar que tienes la preocupación de la neutralidad en Wikipedia. En realidad despatriarcalizar es neutralizar, totalmente en la línea de uno de los pilares básicos de Wikipedia. Desde hace algunos años el movimiento Wikimedia es consciente de los sesgos de Wikipedia. Faltan mujeres editando y con frecuencia en las ediciones se practica un androcentrismo trasladando el sesgo con frecuencia inconsciente que de manera cotidiana encontramos también en las fuentes primarias en las que nos basamos para trabajar, o en nuestros propios esquemas a la hora de plantear temas o biografías sin haber analizado la neutralidad o no de nuestra posición, por ejemplo, cuando definimos a las mujeres a partir de los hombres de su familia, es hija de, esposa de, madre de ... o la propia ausencia de biografías de mujeres porque con frecuencia no se valora su trabajo. Mucho por hacer y reflexionar en este marco. Un grupo de mulleres empezará a reunirse semanalmente en el Centro de Documentación Feminista de Vigo que está en la biblioteca municipal para aprender a editar y trabajar en esta línea. Sería estupendo que las apoyaras. Mucho por hacer y muchos retos. Si, el libro de Carme Adan da muchas pistas sobre los retos. Seguimos Mboix (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 08:53 (UTC)Responder

Primeira asemblea de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado editar

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Universitarias galegas sen páxina editar

Bos días Lles. Parece que vas ir ao Wikimaraton de Ourense. Non sei se será do teu interese ou de outro galipedista; se non, pido disculpas. No caso de que queirades investigar hai 2 mulleres que non teñen unha páxina na Galipedia e con todo practicaron as súas carreiras. Foron compañeiras de Luisa Marcos Raña en Santiago, moi posiblemente na residencia das monxas da rúa das Orfas. Son Carmen Abal Vieites e Carmen Viana Conde. Teño poucos datos delas pero podedes investigar: Carmen Abal estudou Farmacia e xestionou unha (farmacia) na rúa Urzaiz de Vigo (preto da praza de Fernando o Católico). Creo que non casou nin tuvo fillos. Tiña sobriños (creo o seu apelido e´Pastoriza. Un deles terá agora 68 anos). Carmén Viana rematou Medicina e casou cun primo carnal seu con quen montou un laboratorio de análise clínica en Vigo (quizais na rúa Legazpi ou moi preto). Creo que tampouco tería fillos. Por certo, na orla de Luisa Marcos Raña son oito as mulleres que están nela: non as sei recoñecer ainda que unha podería ser Lola Maquieira (ista, que viviu en Porrans (Pontevedra) coido que non traballou. Cedofeita (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 12:23 (UTC)Responder

Ola, Lles e Cedofeita: contesto aquí á consulta de Lles: Entre as políticas da Wikipedia están WP:NFP, WP:CITE, WP:FF, WP:V... Desas políticas é doado deducir que a relevancia a dan as fontes. Se hai fontes que den relevancia a esas persoas: adiante coas biografías (hai que citar esas fontes nos artigos). En caso contrario... pois non. En todo caso, non hai motivo ningún para desculparse por facer unha consulta!
Por outra banda, recordade que, amais de facer unha consulta a un usuario concreto, pode facerse dun xeito máis xeneralizado aquí e, dese xeito, é bastante probable que sobre o mesmo tema vos dean unha segunda, terceira… opinión (e quedará máis localizable para futuras referencias). --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2019 ás 16:46 (UTC)Responder

Lugar asemblea A3GAL editar

Boas a todos, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL puxen os datos do lugar de celebración da asemblea deste sábado, tamén engadín dúas propostas para tratar na reunión. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 13:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Movemento feminista en Galicia editar

Ola, Lles. Cando teñas tempo, por favor engade contido a ese artigo, porque tal e como quedou (como repositorio bibliográfico) non pode quedar e habería polo tanto que borralo. Con que teña unha mínima introducción e manteña o marcador de enprogreso, valería para saír do paso. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2019 ás 11:52 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019 editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)Responder

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modelo traducido de editar

Ola Lles! acabo de editar a conversa do artigo que acabas de traducir Hilary Rose para introducir o modelo {{traducido de}. É suficiente indicar o tema da orixe dos contidos por tema da licenza, pero o que ten de bó usar este modelo é que crea automáticamente a categoría de páxinas traducidas doutras wikipedias, que é interesante. Copioche as instrucións para usalo que me deixou @MAGHOI: no seu día (graciñas de novo, por certo):

Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza código.

O proceso sería así:

  • Ábrense e péchanse con 2 chaves
  • Escríbese: "Traducido de"
  • Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
  • Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
  • Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
  • Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.

Ups, acabo de decatarme que ando a usar o formato de data con letra e non o de número. Non creo que sexa moi importante, pero máis adiante fago unha revisión dos que fixen así. Se queres cambiar este xa pois agradézocho.

Saúdos! Maria zaos (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 10:27 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)Responder

Aberto proceso de votación á administración editar

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)Responder

Acta asemblea xeral A3GAL 2019 editar

Boas a todos, comecei o bosquexo da acta da Asemblea Xeral de socios en usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019, os que asistiron, por favor ide enchendo o que poidades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de abril de 2019 ás 07:34 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lista de vixilancia editar

Ola, lembra revisar de cando en vez a túa lista de vixilancia. Tes algunhas conversas abertas con suxerencias para os artigos que creaches ou modificaches. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 24 de abril de 2019 ás 17:21 (UTC)Responder

Traducións e formato editar

Bo día, Lles. Noraboa por o volume de traducións que estás levando a cabo nas últimas semanas. Por favor, antes de publicalas no espazo principla revisa que o formato é correcto segundo o libro de estilo da Galipedia. Normalmente esqueces algún parámetro, por exemplo: ORDENAR, Control de autoridades. Ás veces quédanche modelos procedentes da wiki da que tomaches o artigo que non son válidos acó. O mesmo pasa coas categorías, que hai que poñer as que correspondan dentro de Galipedia (se non existisen en galego, logo de comprobalo ben, tocaría crealas). Por favor, nas túas próximas traducións ten estes aspectos en conta. É recomendable que revises os artigos usando a edición de código para ver estes detalles. Se tes algunha dúbida, non teñas medo a preguntar. Ánimo e adiante co traballo!. Maria zaos (conversa) 30 de abril de 2019 ás 08:02 (UTC)Responder

Outras cousiñas. Nos listados de obras hai que comprobar que existan traducións ao galego. Se non houbese indícase o título na lingua orixinal. En xeral xa o estás facendo, pero é que na Galipedia non é relevante indicar que hai traducións en castelán, por exemplo. Unha recomendación: no campo url das referencias é preferible que indiques una ligazón persistente (permalink)( nos repositorios son fáciles de atopar, soen poñer: handle...) A miúdo as ligazóns a pdfs non o son, e pasado o tempo rómpense as ligazóns e prexudicase a verificabilidade. Saúdos. Maria zaos (conversa) 30 de abril de 2019 ás 08:25 (UTC)Responder

Ángeles Ramírez editar

Boas, o artigo Ángeles Ramírez, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 30 de abril de 2019 ás 10:24 (UTC)Responder

Marga Gil Roësset editar

Ola, Lles, que tal? Moi interesante este artigo!. Mira, como hai dificultades para atopar imaxes dos libros, penso que igual era mellor substituír varias (as tres últimas) das ligazóns externas que tes por esta que recolle fotos, fotos familiares, esculturas e bastantes ilustracións. A páxina supoño que xa a coñeces: https://leer.es/proyectos/las-sinsombrero . Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 7 de maio de 2019 ás 09:58 (UTC)Responder

Xestión dun premio editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Probando a conversar editar

--Bolinhodeamor (conversa) 9 de maio de 2019 ás 16:01 (UTC)Responder

Outra vez... editar

Arrancando no Obradoiro de Galipedia...

--Bolinhodeamor (conversa) 9 de maio de 2019 ás 16:07 (UTC)Responder

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ingreso bancario do CCG editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística, coméntase que o Consello da Cultura Galega aboou 340 euros polo obradoiro que se deu alí, e proponse que ese importe se traspase a A3GAL para realizar as súas actividades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de xuño de 2019 ás 22:28 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

María José Arceo editar

Boas, o artigo María José Arceo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 26 de xuño de 2019 ás 23:45 (UTC)Responder

Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Artigos destacados na portada editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Resumo, con atraso, da asemblea de socios editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL engadín un resumo do que se comentou na asemblea, creo que non estaba en ningún lado por despiste. Temos que facer a acta cos detalles, en canto a teñamos tamén se publicará. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2019 ás 11:01 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Chan pegañento editar

Boas, o artigo Chan pegañento, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 21 de agosto de 2019 ás 14:10 (UTC)Responder

Community Insights Survey editar

RMaung (WMF) 9 de setembro de 2019 ás 16:20 (UTC)Responder

Resposta para Lles editar

Moitas grazas pola benvida--Clara Alcerán (conversa) 11 de setembro de 2019 ás 17:40 (UTC)Responder

Reminder: Community Insights Survey editar

RMaung (WMF) 20 de setembro de 2019 ás 19:49 (UTC)Responder

Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín editar

Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.

Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Quinta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

modelo libro editar

Ola! No artigo da novela Fontán, na ficha do libro, retirei os enlaces a Settecento e O xardineiro dos ingleses porque ese apartado queda reservado a obras que teñen relación co propio libro, se por exemplo forman parte dunha saga, unha triloxía, etc. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de outubro de 2019 ás 11:03 (UTC)Responder

Actas de A3GAL editar

Boas, xa están listos os bosquexos das actas da asociación, podedes consultalas en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Actas A3GAL.

Agora os socios que asistiron á Asemblea de socios de marzo poden comentar na páxina de conversa de Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019 o que pensan que debe engadirse ou amañarse, e entre todos iremos mellorando o contido.

Os membros da Xunta Directiva teñen que revisar o resto de actas e comentar na páxina de conversa de cada unha delas as modificacións que vexan necesarias. Se están de acordo deben concordar na páxina de conversa e cando toda a XD concorde poderemos dar por pechada a acta.

Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 17:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikiclubs de editores da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

As mulleres en Galicia editar

Boas, o artigo As mulleres en Galicia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2019 ás 21:57 (UTC)Responder

Suxestión bibliográfica editar

Ola, Lles, que tal? Mira, acabo de topar con este libro e a verdade é que está moi ben e pensei que podería serche de utilidade na entrada de maternidade:

Publicación premio Wikidata en A3GAL editar

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Publicación premio Wikidata hai unha proposta para publicar na web de A3GAL unha nota sobre o premio que recibiu Wikidata. Hai que revisala, mellorala e ampliala entre todos, e se estás de acordo en publicala vota a favor. O prazo de votación será dunha semana, ata o 20 de novembro incluído, e será publicada se é apoidada pola maioría simple dos socios.

Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 14:19 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla editar

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)Responder

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lupita Hard editar

Boas, o artigo Lupita Hard, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2020 ás 13:26 (UTC)Responder

Incendio forestal de Pedrógão Grande en 2017 editar

Boas, o artigo Incendio forestal de Pedrógão Grande en 2017, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2020 ás 09:33 (UTC)Responder

Emma Goldman editar

Ola Lles. Agradezo as correccións que ficxeches en Emma Goldman mais coido que a forma "rescata-lo coche" por "rescatar o coche" tamén é corrrecta. Non si?. Un sáúdo e grazas de novo.--MAGHOI (conversa) 27 de abril de 2020 ás 17:44 (UTC)Responder

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Movemento feminista en Galicia editar

Boas, o artigo Movemento feminista en Galicia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2020 ás 20:58 (UTC)Responder

wikiproxecto 1000 artigos de calidade para 12-16 anos editar

Ola Lles, estes dous artigos As mulleres no traballo As mulleres en Galicia teñen un marcador de borrado porque, agás a bibliografía, teñen pouco ou ningún contido. Supoño que che avisaron no seu momento, xa que aparecen as eivas no resumo de edición do historial de hai varios meses, pero por se che pasou. Vas completalos proximamente? Saúdos.--Maria zaos (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 18:23 (UTC)Responder

Modelo Cita libro editar

Ola Lles, boas noites.

Importaríache aplicarlle o modelo {{Cita libro}} a isto?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2020 ás 22:04 (UTC)Responder

Premios, cando? editar

Ola Lles.

Cando engadas un premio nunha biografía, podería indicar en que ano foi concedido?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2020 ás 14:14 (UTC)Responder

HombreDHojalata, na nova do Premio de Xornalismo Johán Carballeira a Nieves Neira non souben determinar se llo daban por 2019 ou por 2020. A entrega foi este ano. Por iso non cubrín o ano nin na súa biografía nin no premio. Lles (conversa) 21 de setembro de 2020 ás 18:09 (UTC)Responder

We sent you an e-mail editar

Hello Lles,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)Responder

Certame de Narración Curta Ánxel Fole editar

Boas, o artigo Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2020 ás 11:17 (UTC)Responder

artigos solicitados editar

Ola, Lles; en Wikipedia:Artigos solicitados, Cantigas e Agarimos xa estaba incluído na sección de "Música de Galicia". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de novembro de 2020 ás 09:16 (UTC)Responder

Mercedes Expósito editar

Boas, o artigo Mercedes Expósito, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2020 ás 20:50 (UTC)Responder

Do Gris ao Violeta editar

Ola! Moitas grazas polos listados incorporados dende a páxina do Gris ao Violeta. Porén, revisando o aviso legal da páxina, se ben os contidos subidos polas persoas usarias teñen unha licenza compatible, o resto non. Por esta razón penso que poder ser recomendable que elimines as anotacións que acompañan a cada biografiada (as que aparecen con cancelo) no listado da Galipedia ou as substitúas por un texto creado por ti que cumpra a mesma función. Eu entendo que os sistemas de clasificación dos contidos da páxina si son propietarios, polo tanto incompatibles, en teoría. Moitas grazas polas túas achegas e a túa constancia. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 25 de novembro de 2020 ás 13:54 (UTC)Responder

Edicións editar

Ola, Lles;

Pediríache que foses máis sistemática nas túas edicións. Como podes ver en Categoría:Profesións, o criterio empregado até o de agora foi empregar o masculino xenérico. Se se move "Escritor" a "Escritora", cómpre facer o mesmo co resto de artigos similares, pero antes de argallar eses cambios sería oportuno crear unha proposta e que sexa referendada pola comunidade.

Noutra orde de cousas: non creo que Exeria fose escritora (a pesar de que é a descrición do propio título); o feito de que escribise un libro de viaxes sobre a súa peregrinaxe non fai que fose escritora. Creo que é unha afirmación moi ambiciosa.

Doutra banda, como xa che comentei noutras ocasións, pídoche por favor que traballes un pouco máis os artigos. O de Paula Dapena non tiña contidos mínimos, e incluía erros (non é xogadora de primeira división).

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de decembro de 2020 ás 14:34 (UTC)Responder

RE: Varios editar

Ola Lles. En ningún momento dixen que non sexa útil ou importante crear biografías de mulleres, o único que dixen é que iso non é suficiente para loitar contra a discriminación á muller. Entendo como te sintes, é normal que quedes triste, pero agora mesmo iso é o que hai maioritariamente na Galipedia e vexo case imposible que a opinión desas persoas cambie, polo que haberá que esperar a que a corrente favorable ao cambio sexa maioritaria, ben porque se vaian indo as que están ou ben traendo a moita xente favorable a esa mudanza. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 12:19 (UTC)Responder

En uso editar

Bo día. Non creo que haxa maior problema, pero por favor, lembra respectar o marcador "en uso". Un saúdo. Maria zaos (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 12:24 (UTC)Responder

Ola, Usuario:Maria zaos, hoxe participei no Espazo de traballo Wikimulleres do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo en liña e por iso editei nas páxinas en uso da xuntanza. Hai algún marcador para explicar un grupo de edición como o deste caso no que estabamos en liña falando en videoconferencia? Lles (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 12:56 (UTC)Responder

Lles, non están permitidas as contas de edición colectiva. Por outra banda, imaxinei que podería ser o caso, por iso dicía que posiblemente non habería maior problema, pero o certo é que baixo que contexto se está a traballar é algo que de entrada descoñecemos as persoas de administración. Como sabes das wikimaratóns e outras actividades de edición, o marcador en uso está para evitar o conflito de edición. É dicir, se quen está a traballar no artigo leva metido un montón de información nova e no medio entra alguén a cambiar unha coma, isto crea un aviso que non lle permite gardar as modificacións á persoa que estaba a traballar no artigo. Isto resulta moi perturbador especialmente para quen se inicia na edición. Respostando á túa pregunta, que eu saiba non, o máis parecido é crear as páxinas de traballo dentro dun wikiproxecto escolar. Con todo, tede en conta que existe unha política de protección de datos que lle afecta ao traballo na wiki. Un saúdo.Maria zaos (conversa)

Mao / Malo editar

Grazas polo aviso! Non o sabía. --Chairego apc (conversa) 25 de decembro de 2020 ás 20:09 (UTC)Responder

Datos para a configuración do modelo Libro editar

Ola, Lles. Por se che serve, en páxinas como Periferia ou Cando petan na porta pola noite tes algúns datos útiles para un protomodelo de obras literarias. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 31 de decembro de 2020 ás 11:03 (UTC)Responder

Grazasǃ Lles (conversa) 31 de decembro de 2020 ás 12:30 (UTC)Responder

Mitoloxía editar

Agora o miro, pero ese mesmo problema téñoo eu con mais dun personaxe. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 15:24 (UTC)Responder

María Dominguez editar

Ola LLes. Veño de modificar, nas referencias, as súas datas de consulta porque quedaba un pouco "raro" que se fosen consultadas varios anos antes da realización do artigo. :) Saúdos.--MAGHOI (conversa) 4 de febreiro de 2021 ás 09:37 (UTC)Responder

É unha tradución desde o ES Lles (conversa) 4 de febreiro de 2021 ás 09:57 (UTC)Responder

Tonalidades editar

Ola Lles! As notas van en minúsculas, aínda que descoñezo se hai algunha normativa ao respecto para o galego porque o certo é que non vivo en Galicia e o único libro que teño en galego de temática musical aquí é a biografía de Eugenia Osterberger en galego e nel están en minúscula, non sei se dese caso se pode extraer unha norma, pero é todo canto te podo dicir, e que en linguas próximas á nosa tamén as poñen con minúscula. Sobre as tonalidades non teño referencia en galego (dunha ollada rápida no libro de Osterberger non vin nada), eu aplico o mesmo criterio, como en castelán e en portugués poñen maior/menor en minúscula o aplico para o galego. Un saúdo, espero ter sido de axuda. Piquito (conversa) 5 de febreiro de 2021 ás 16:23 (UTC)Responder

Grazasǃ Lles (conversa) 5 de febreiro de 2021 ás 19:39 (UTC)Responder

Efecto placebo editar

Boas, o artigo Efecto placebo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 14 de marzo de 2021 ás 23:42 (UTC)Responder

Mulleres nas matemáticas do século XX editar

Boas tardes @Lles. Acabo de recibir un email con copia de todo o contido, en código, do artigo Mulleres nas matemáticas do século XX e non sei cal é a mensaxe. Só ao final aparece a mensaxe "Este correo electrónico foi enviado por Lles a AmeliaVR2019 a través da función «Enviar un correo electrónico a este usuario» en Wikipedia. Se responde, o seu correo electrónico enviarase directamente á emisora orixinal, e así coñecerá o seu enderezo de correo electrónico. Para xestionar as preferencias de correo electrónico do usuario ‪Lles‬, por favor,  visite <https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Mute/Lles>." Non sei se é normal este correo ou algo e o enviaches ti, podes aclarar cal é o motivo? Un saúdo. AmeliaVR2019 AmeliaVR2019 (conversa) 5 de abril de 2021 ás 15:20 (UTC)Responder

RE: Crítica editar

Ola Lles! Supoño que algunha administradora debería mediar, iso é o que se adoitaba facer, eu conformaríame con que a comunidade é que cando a unha persoa a acusan publicamente de xogar co sistema lle dixeran algo, máis aínda cando a acusación é infundada. De todos xeitos, quero deixar todo o relacionado con ese fío, xa estou demasiado queimado con todo este tema. Un saúdo, Piquito (conversa) 18 de abril de 2021 ás 21:20 (UTC)Responder

Ola, Lles! Como vai?

Anímaste a crear o elemento en Wikidata sobre Tati Moyano? Se puidésemos conseguir unha foto dela, xa sería fabuloso!

Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de maio de 2021 ás 11:07 (UTC)Responder

Micaela Bastidas editar

Ola Lles. Neste artigo, non coidas que compriría obxectivizar algo máis o estilo para que non resultase tan laudatoiro e con tantos adxectivos? Un saúdo. MAGHOI (conversa) 15 de xullo de 2021 ás 09:55 (UTC)Responder

Fixen a tradución sen cambios. Si que pode ser unha boa praxe cara a neutralidade. Lles (conversa) 15 de xullo de 2021 ás 10:40 (UTC)Responder

Modelo traducido de editar

Ola, Lles, que tal?. Porfa, non esquezas incluír o modelo traducido de na páxina de conversa cando traduzas textos dende outras wikipedias. Na entrada de Casandra non o fixeches. Déixoche a explicación superclariña que me deixou @MAGHOI no seu día:

Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza cñodigo.

O proceso sería así:

  • Ábrense e péchanse con 2 chaves
  • Escríbese: "Traducido de"
  • Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
  • Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
  • Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
  • Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.

Por outra banda as notas teñen un formato moi raro. Por favor, comproba 1)se eran citas en liña na entrada da wikipedia dende onde traduciches e que lles pasou para ter eses puntos 2)irán máis acaídas nunha sección de bibliografía xenérica?. En canto as traducións a outras linguas distintas do galegos non se adoita poñelas É lóxico que nunha entrada dunha wikipedia francesa ou inglesa mencionen en ligazóns externas as traducións en francés ou español, pero no noso caso deberiamos indicar as traducións galegas. Nas notas puxeches ligazóns internas a Galifontes, pero non deberían ter esas ligazóns internas; esas informacións van noutro sitio e doutra maneira, co modelo

 Tes un exemplo de como facer en Sun_Tzu

Un saúdo e a seguir! Maria zaos (conversa) 6 de setembro de 2021 ás 16:45 (UTC)Responder

Grazasǃ creo que o seu será non pasar polo paso intermedio de gardar a tradución na páxina persoal para que quede xa gravada como tradución. Avisara que era unha tradución no propio artigo ao gravalo na Wikipedia, mais iso debe ser como o vento para as estatísticas. De momento non me meto a mellorar formatos de textos traducidos, creo que precisaría saber máis. Moitas grazas polo teu traballo. Lles (conversa) 7 de setembro de 2021 ás 08:57 (UTC)Responder
Maria zaos, perdón que me meta onde non me chamaron :), pero penso que no artigo de Casandra non é obrigatorio engadir o modelo pq no historial xa indica "Tradución de [ːesːCasandra]", tal e como se indica na páxina de información Wikipedia:Atribución dentro da Wikipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2021 ás 11:14 (UTC)Responder
Si, iso xa o indiquei as primeiras veces que expliquei o modelo: o recoñecemento da licenza xa se pode facer así, como ben dis,Usuario:Elisardojm . Non é obrigario, pero o modelo permite contabilizar as traducións e de que idiomas veñen de cara a facer estatísticas. Combinadas con outras, e especialmente con vistas ás estatísticas de wikimulleres paréceme moi útil; engadir este modelo é algo que fan habitualmente outras persoas na wikipedia. Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 17:34 (UTC)Responder
Maria zaos Ah, vale, non me decatara de que o tema eran as estatísticas..., eu case nunca uso ese modelo pero non pensara niso, a ver se me lembro para a próxima vez. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2021 ás 12:00 (UTC)Responder

Mary_Beth_Edelson#Bibliografía editar

Ola Lles.

Hai un problemiña en Mary_Beth_Edelson#Bibliografía.

Ti trouxeches ese contido da es.wiki (es:Mary Beth Edelson), pero resulta que eles o fixeron de en.wiki (en:Mary Beth Edelson) e hipertraduciron indebidamente os títulos dos libros.

Poderías corrixilo? (Os títulos correctos están en en:Mary_Beth_Edelson#Further_reading).

Grazas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 3 de novembro de 2021 ás 18:51 (UTC)Responder

Grazasǃ Lles (conversa) 5 de novembro de 2021 ás 08:19 (UTC)Responder

Eva Cárdenas editar

Bos días! Adín o artigo Eva Cárdenas, no que participaches, ao proxecto Translation of the week en Meta-Wiki. Por iso quería pedirche se podías votar nele aquí para que haxa máis posibilidades da proposta saír para adiante e pois o artigo ser traducido a máis linguas. Moitas grazas! --Brunnaiz (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 15:37 (UTC)Responder


Reducción de brecha de género "multilingüe" editar

Hola!

Estevoaei me ha dicho que contacte contigo. Desde WMES llevamos un par de años promoviendo la edición multilingüe en editatonas y actividades para reducir la brecha de género en Wikipedia.

Te comparto la última editatona que hemos hecho este año por si te apetece traducir alguna bio.

Nos encantaría poder colaborar más estrechamente en 2023 con los distintos grupos y personas que tienen como propósito reducir la brecha de género, para lograr que cuando creamos una bio, en cualquier idioma, pueda estar también en otras lenguas, al menos, las cooficiales del Estado y en otras internacionales que se animen.

Saludos cordiales y deseo que 2023 esté lleno de salud y proyectos ilusionantes!

Mentxuwiki (conversa) 24 de decembro de 2022 ás 13:11 (UTC)Responder

Ola, Mentxuwiki, lin a túa mensaxe, grazas por compartir o voso traballo. Saúdos. Lles (conversa) 27 de decembro de 2022 ás 21:53 (UTC)Responder

Mariám Mariño editar

Ola, Lles! Como vai todo? No artigo da Asociación Galega da Muller vin que unha das referencias é un artigo de Mariám Mariño Costales, pero que non ten artigo. Anímaste a crealo? Un saúdo! :) --Estevo(aei)fálame aquí 27 de febreiro de 2023 ás 13:33 (UTC)Responder

Feitoǃ Lles (conversa) 27 de febreiro de 2023 ás 15:37 (UTC)Responder

Manuela Serra editar

Ola, Lles. Estarabillando por aí, din coa páxina Manuela Serra e vin tamén na páxina de conversa os problemas que tiñas. Estiven facendo algúns cambios para que ligase coa portuguesa pero, mirando o historial, tamén vin que, en realidade, semella que regrabaches o contido sobre unha páxina existente, a da neuróloga que mencionabas. É dicir, hai 2 "Manuela Serra". Por iso, se che parece, o que compriría sería separar o contido da túa Manuela Serra nunha páxina chamada Manuela Serra (cineasta), e recupera-lo contido da anterior Manuela Serra, na súa páxina que é máis antiga. Isto non modificaría demasiado o historial. Se che parece, cando me deas permiso, vouno facendo. Saúdos. E a lle dar forte.--MAGHOI (conversa) 22 de maio de 2023 ás 11:24 (UTC)Responder

Si, claroǃ. Grazas. Lles (conversa) 23 de maio de 2023 ás 09:22 (UTC)Responder
  Feito!--MAGHOI (conversa) 23 de maio de 2023 ás 11:13 (UTC)Responder

WikiHelga en gl.wiki editar

Hola, por si te apetece colaborar y/o compartir con las compañersas de gl.wiki

Desde WMES realizamos un taller + editatona en el Museo de Arte Contemporáneo Helga de Alvear. Las 30 primeras las mejoramos con más referencias y datos, por si las queréis traducir!

Contabilizaremos como resultado de la actividad las que tengamos el 5 de junio.

Saludos!! Mentxuwiki (conversa) 28 de maio de 2023 ás 16:00 (UTC)Responder

Fina Miralles Nobell editar

Ola Lles.

Por favor, podes darlle un repaso ao formato das referencias en "Fina Miralles Nobell"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2023 ás 17:54 (UTC)Responder

Mito do amor romántico editar

Boas, o artigo Mito do amor romántico, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 10 de agosto de 2023 ás 22:46 (UTC)Responder

Mariám Mariño Costales editar

Boas, o artigo Mariám Mariño Costales, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 1 de setembro de 2023 ás 20:25 (UTC)Responder

Premio Ágora de Orcellón editar

Boas, o artigo Premio Ágora de Orcellón, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2024 ás 13:07 (UTC)Responder

Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade editar

Ola, Lles! Como vai todo?

Anímaste a mellorar o artigo Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade, incluíndo información como a data de creación ou as premiadas?

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de febreiro de 2024 ás 11:28 (UTC)Responder

Ola, lin a túa mensaxe. Un saúdo Lles (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 20:28 (UTC)Responder