Conversa modelo:Antiga Biografía

(Redirección desde «Conversa modelo:Biografía»)
Último comentário: hai 11 días de O Breixo no tópico Tenencias nas biografías de nobreza
  • Non sei se vos pasa a vós, pero a min nos artigos que usan esta ficha queda o texto excesivamente pegado a ela, e non é moi estético. Noutros modelos non ocorre, debe ser unha argallada cativa. --Xoán Carlos Fraga 09:25, 28 de maio de 2010 (UTC)

Imaxes de sinaturas e código sobrante editar

Eli: Hai unha cuestión que hai que revisar. Desde esta edición túa, agora, nos artigos que inclúen imaxe da sinatura do persoeiro, aparece código sobrante. --. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2017 ás 22:34 (UTC)Responder

Póñome a miralo agora mesmo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 22:43 (UTC)Responder
Quitei a consulta de wikidata do campo de sinatura mentres non o amaño. HombreDHojalata, podes dicirme en que artigo saía mal para facer as probas con el? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 22:49 (UTC)Responder
Saía (xa non) nestas versións [1] [2], por exemplo, de José Barreras e Samuel de Champlain. --. HombreDHojalata.conversa 30 de outubro de 2017 ás 08:25 (UTC)Responder
HombreDHojalata, agora non sae porque quitei a consulta a wikidata dese parámetro para que quedara ben nos artigos. Agora que teño os exemplos que daban problema farei unhas probas para intentar que quede ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2017 ás 18:31 (UTC)Responder

HombreDHojalata, co último cambio no modelo algúns artigos visualizan mal a sinatura, por exemplo aquí que foi modificado, e o James Cook que aínda sigue mal. Non sei se é que o parámetro estaba a usarse dunha forma (incorrecta) nuns artigos ou o que pasaba, pero hai que buscar unha solución. Segundo o historial do modelo, antes de facer os cambios de wikidata, o parámetro de sinatura tiña o valor de {{{sinatura|}}} co cal había que poñer a imaxe co formato, e agora ten o valor de {{#if:{{{sinatura|}}}|[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|{{{tamaño_sinatura|220px}}}]]}}, co cal só hai que poñer o nome do ficheiro. Entón hai que mirar como amañalo, non sei se hai máis artigos con formato na sinatura ou sen ela, pero habería que saber isto para decidir en que formato deixar o parámetro e amañar os artigos que se visualicen incorrectamente. Non sei se a Banjo se lle ocorrerá como amañar mellor isto... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2017 ás 00:04 (UTC)Responder

  Feito! Banjo tell me 18 de decembro de 2017 ás 00:08 (UTC)Responder
Moitas grazas Banjo! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2017 ás 01:39 (UTC)Responder

Melloras para cónxuxe editar

O parámetro cónxuxe cando se colle de Wikidata pode dar información incompleta porque non está tendo en conta que a persoa pode que xa non estea con ese cónxuxe. Hai que comprobar que pasa nos artigos nos que haxa varios cónxuxes e tamén buscar a forma de engadir as datas de comezo e fin da relación.

Acabo de modificar Elizabeth Taylor para que colla os cónxuxes de Wikidata e saen todos os que ten, pero estaría moito mellor se a maiores se collesen as datas de comezo e fin da relación, así podería saberse se aínda están relacionados cunha persoa ou non.

O que pasa é que isto penso que pode ser un pouco complicado porque non é coller un simple campo, hai que coller dous datos asociados a outro dato. Posiblemente habería que facer unha función específica para obter esta información... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 13:33 (UTC)Responder

formas femininas editar

Nos artigos de mulleres con este modelo, no apartado "ocupación" aparece a forma masculina, aínda que en Wikidata estea traducida a forma feminina. É posible arranxalo? --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xaneiro de 2018 ás 10:18 (UTC)Responder

Pon un exemplo Estevoaei, plis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 12:05 (UTC)Responder
@Elisardojm:: Gerda Lerner aparece como "catedrático de universidade" e "historiador". --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xaneiro de 2018 ás 14:00 (UTC)Responder
Estevoaei, o artigo xa sae ben, ó mellor foi polos últimos cambios no modelo. Se aparece outro problema avisa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2018 ás 22:13 (UTC)Responder

Data e lugar nacemento editar

No artigo Mercedes Tella o modelo non amosa os datos correctamente. Resulta que non ten a data de nacemento en wikidata e entón aparece só "Lugar", e logo "Data" e despois "Falecemento", co lugar de falecemento. Isto queda un pouco raro xa que non se sabe de que lugares se está a falar. Quizais habería que facer que o texto "Nacemento" saia sempre e que cando non haxa dato se mostre co valor "descoñecida" para que o primeiro dato de "Lugar" poida asociarse de forma doada ó nacemento. Anótoo aquí por se alguén ten máis comentarios ou pode ir facéndoo porque eu estes días non podo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 16:39 (UTC)Responder

Amañado por Sobreira. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 19:45 (UTC)Responder
No artigo Lena Fernández aparece como data de nacemento século XIX, cando loxicamente é século XX. Porén, en wikidata aparece ben. Eu non sei solucionalo.--Moedagalega (conversa) 13 de setembro de 2018 ás 10:27 (UTC)Responder
Retirei o campo local en galipedia que solucionaba o tema cun ? no campo. En Wikidata marquei manualmente as casiñas do formato data para modo manual e calendario gregoriano. Agora visualizase ben.   Feito!.-- Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2021 ás 18:08 (UTC)Responder

Non funcionan as consultas a wikidata? editar

Acabo de crear o artigo Susan Dimock con este modelo e non lle saen os datos de Wikidata, que si ten. Banjo, sabes que pode estar pasando?

Estevoaei, se comentas algo sobre o tema no wikimaraton de hoxe, ten en conta que é posible que non estea funcionando correctamente... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 12:13 (UTC)Responder

Agora xa apareceron, non sei se é que tardaron en cargarse, se alguén amañou o erro ou que pasou, pero parece que agora funciona... Alguén sabe que pasou? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 13:38 (UTC)Responder

Sinatura editar

Sería de utilidade engadir a propiedade de Wikidata P109, sinatura, para que saia a imaxe da firma de forma automática. Anoto aquí como traballo pendente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2018 ás 09:48 (UTC)Responder

Curso de iniciación á ampliación do modelo Biografía editar

Boas, a petición de Estevoaei, vou comentar algunhas cousiñas para explicar, da forma máis sinxela e detallada posible, como engadir novas propiedades de Wikidata para que todos os que queiran o poidan facer. A maioría das cousas probablemente poidan usarse noutros modelos.

Primeiro, nunca modificar o modelo editar

Os modelos non se deben modificar sen antes facer algunhas probas de que os cambios a realizar funcionan correctamente, e esas probas tampouco deben facerse directamente co modelo, porque se temos un erro e algo queda mal, este erro aplicarase ós centos ou miles de páxinas que o usan, co cal un erro no modelo multiplicarase por tódolos artigos que o usan. Para evitar isto o que se debe facer é traballar e modificar o Modelo:Biografía/probas. Este é o modelo para facer probas, aquí podemos facer tódolos cambios que precisemos e non afectará a ningún artigo porque non se usa (ou non debería usarse) en ningún artigo. Cando queiramos facer unha modificación do modelo, o primeiro que hai que facer é copiar o contido do Modelo:Biografía a Modelo:Biografía/probas, para que se fai isto? Pois para asegurar que imos a traballar coa última versión que ten o modelo, podería ser que nalgún caso (por modificacións que se fixeron en probas, que logo se desbotaron e non se pasaron ó modelo Biografía, pequenos cambios que se fixeron directamente en Modelo:Biografía, etc) os contidos de /probas sexan algo diferentes ós contidos de Modelo:Biografía e se usamos esa versión "desfasada" poderíamos introducir modificacións incorrectas no modelo, ou desfacer cambios de Modelo:Biografía que son correctos.

Así que teñamos as modificacións feitas en /probas, o que temos que facer para revisar o seu funcionamento é editar un artigo que teña incluído Modelo:Biografía e cambiar "Biografía" por "Biografía/probas" para que use o noso modelo modificado, logo darlle a "amosar a vista previa" e comprobar que os cambios realizados funcionan correctamente. Así que vexamos que a vista previa está ben, debemos saír do artigo sen gardar para que non inclúa o noso modelo de probas. A maiores comentar que non chega só con previsualizar un artigo que amose a nova información, hai que facer probas con artigos que non teñan esa información para comprobar que non aparecen códigos estraños, e tamén hai que probar con artigos que teñan algún valor engadido no artigo para esa propiedade e así comprobar que o valor que se engade no artigo segue amosándose correctamente e non colle o valor de Wikidata xa que neste modelo os valores engadidos no artigo teñen prioridade sobre os indicados en Wikidata.

Recomendación 1: Non fagades moitos cambios ó mesmo tempo, modificade só unha cousa de cada vez, leva máis tempo pero así evítanse os erros e as modificacións son moito máis sinxelas de facer e de probar.

Recomendación 2: Cando xa teñamos listos os cambios en /probas, teremos que copialos en Modelo:Biografía para que se apliquen a tódalas páxinas, pero antes de darlle a gardar, hai que premer sempre o botón de "Amosar os cambios" e revisar que todas as diferenzas que hai son exactamente e unicamente as que queremos engadir. Se non é así, non se poden gardar os cambios e haberá que revisar que problema pode haber.

Isto é o que hai hoxe, outro día máis, se tedes algunha dúbida sobre o comentado agora, preguntade, sobre outras cousas non preguntedes que xa haberá máis temas! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2018 ás 11:05 (UTC)Responder

Segundo, consultar unha propiedade en Wikidata editar

O primeiro que hai que saber para cambiar o modelo é como funciona. Este modelo é realmente unha chamada a outro modelo máis xeral, o modelo:Infobox. O Infobox é un metamodelo, un modelo xeral que é usado para crear outros baseados nel. Para engadir un campo a un modelo que usa o metamodelo Infobox, o que hai que facer é engadir un par de campos, un coa etiqueta (header) e outro co valor (data).

Pero, antes de engadir campos novos, imos consultar en Wikidata os que xa están engadidos no modelo, o outro queda para o seguinte tema ;). Por exemplo podemos engadir a lingua, para iso temos que buscar un artigo que teña esa información en Wikidata. Se consultamos a ficha de Isaac Asimov en Wikidata (accedemos a ela a través do seu artigo premendo na ligazón "editar datos en Wikidata" que ten na súa ficha) atopamos un campo que é "linguas faladas", prememos na súa ligazón e atopamos que é a propiedade P1412, con esta información xa podemos modificar o modelo.

O que temos que facer é cambiar a información que se lle pasa ó parámetro data18 ó modelo Infobox, que é o que contén a información sobre a lingua falada. Para este caso sinxelo que só implica usar unha propiedade, o que se fai é usar o Modelo:Propiedade. Este modelo consulta unha propiedade en Wikidata e devolve o valor en función de como configuremos a súa chamada. Os datos básicos que se lle pasan son: o nome da propiedade a consultar, o nome do parámetro do modelo biografía ó que vai dar valor, e un indicador "prioridad=no" (estes modelos están en castelán porque pola cantidade de código que teñen e a súa complexidade non é operativo traducilos, o que si se procura traducir son todas as "saídas" e categorías que se crean). Todas as chamadas a Propiedade teñen o indicador de prioridade a non, o que significa que, se no artigo se engade información nese campo, esa información será a que se visualice, sen importar o valor que haxa en Wikidata. Nestes momentos, no que Wikidata aínda está en fase de desenvolvemento e crecemento, e non ten tódalas propiedades e valores que hai nas fichas dos artigos, é de utilidade manter esta prioridade, no futuro, quizais isto xa non sexa necesario/non teña sentido.

Entón para o caso da lingua falada o que temos que facer é cambiar o campo data18 dándolle o valor {{Propiedade|P1412|{{{lingua|{{{Lingua|}}}}}}|prioridad=no}}. Poñemos o parámetro lingua e Lingua porque nuns modelos pode estar con minúsculas e noutros con maiúscula inicial. E con isto xa está, quen se anima a engadilo? Iso si, antes probade que non dea ningún problema usando Biografía/probas! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2018 ás 16:14 (UTC)Responder

Limitar edición editar

A edición deste modelo debería estar limitada a usuarios confirmados. . HombreDHojalata.conversa 11 de xullo de 2018 ás 10:33 (UTC)Responder

Xa está limitada a usuarios autoconfirmados HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2018 ás 12:07 (UTC)Responder
Pois si. Non sei como mirei que mirei mal. Grazas. . HombreDHojalata.conversa 11 de xullo de 2018 ás 12:43 (UTC)Responder

Cambiar "Educada/o en" por "Educación"? editar

Traslado aquí a proposta que fixo Wikinña na miña páxina de conversa:
"En lugar da tradución literal de wikidata "educated at" penso que estaría mellor o término "educación" como está por exemplo nos modelos artista ou pintor."
A min válenme calquera das dúas denominacións, o que diga a xente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 09:43 (UTC)Responder

"Educación" é ambiguo, parece que se refire ás titulacións que ten. Eu deixaría "Educado/a en". --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xullo de 2018 ás 15:08 (UTC)Responder
É obvio que tanto o término "educación" (Desenvolvemento das aptitudes ou facultades físicas, intelectuais e morais dunha persoa) como "formación"(Conxunto de coñecementos teóricos e prácticos adquiridos polo estudo e a experiencia, sobre unha materia determinada ou en xeral) refírense entre outras cousas aos títulos que ten a persoa, e "Formación" parece o máis apropiado, e bastante máis noso que a tradución literal do inglés "educated at". --Wikinña (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 08:47 (UTC)Responder

Data e lugar de nacemento outra vez editar

Boas acabo de ver no artigo Eva García de la Torre que no modelo só sae "Sevilla", sen dicir de que é, cando é o lugar de nacemento. Hai que darlle outra volta á forma de visualizar estes datos. Apúntoo aquí porque agora non o podo mirar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 09:07 (UTC)Responder

Boas, mudei as etiquetas (en branco) no modelo por Lugar de nacemento e Lugar de falecemento Así que de entrada está   Feito!
Como xa indicaba @Elisardojm non é o ideal, porque a etiqueta é moi longa e fai dúas liñas no cadro biografía (cando o texto do campo non adoita pasar dunha liña e por isto fai difícil a lectura), pero queda raro sen indicar nada sobre o segundo dato (lugar). Existe a opción de configurar esas etiquetas longas cunha fonte de letra máis pequena, pero tampouco é que sexa unha solución moi estética. A maiores falecemento e nacemento están ben como termos, porque non esixen flexións de xénero (non podemos alternar o texto da etiqueta en función do sexo da persoa e solucións duplas como nado/a están desaconselladas) e usar "en" no canto de "lugar de nacemento" etc. trae o problema das contraccións (que non se realizarían) dos lugares que comezan por artigo. Por esta razón, no modelo Modelo:Biografía/probas alterei un pouco a visualización dos campos. Veríanse así
  • Nacemento-> (lugar de nacemento)
  • Data ->( a de nacemento)
  • Falecemento ->(lugar de falecemento)
  • Data-->(a de pasamento; non hai posible confusión dos campos por repetir a etiqueta, xa que van no lugar que lle corresponde sempre)
Vou seguir a investigar unhas cousiñas (o rango preferente en WD, por exemplo, para evitarmos ter máis dunha data ou lugar). Pero se alguén mira isto, por favor, que probe o modelo de probas e opine. Cando remate gostaría de facer unha proposta con estas cousas coma a orde das etiquetas (se é que gustan). nos cadros semellantes (Escritora por exemplo)Grazas. Maria zaos (conversa) 10 de novembro de 2021 ás 16:25 (UTC)Responder

Outra vez a sinatura non sae editar

Non sae a sinatura, podedes velo en Steffi Graf, na ficha non sae, pero si ten a imaxe en Wikidata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2018 ás 12:34 (UTC)Responder

  Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2018 ás 12:48 (UTC)Responder

Nome de nacemento editar

Ola, anoto aquí que vou retirar o "nome de nacemento" da caixa de biografía. O nome de nacemento é un dato controvertido (candio difire do nome habitual, é por algo), e non debería estar nunha posición destacada nos artigos da Wikipedia.

  • persoas que deciden mudar o seu nome, galeguizándoo por exemplo, poderían aparecer co nome do seu rexistro xudicial.
  • persoas que deciden mudar o seu sexo, seguirían aparecendo co seu necronome.
  • persoas que casan e mudan os seus apelidos, seguirían aparecendo cos apelidos de solteires.

Para evitar isto, retiro ese campo do modelo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de maio de 2021 ás 06:54 (UTC)Responder

Explico mellor o que fixen. O modelo {{biografía}} incluía 2 campos.
  • Un era "nome completo", que erroneamente tiña asignado a propiedade P1477, que é nome de nacemento.
  • Outro era "nome de nacemento", que non tiña asignada propiedade ningunha.
Busquei se había un campo en wikidata que fose "nome completo", para substituír a propiedade. Non o atopei. Non sei se non o hai ou se non o atopei.
Así que borrei os dous campos do modelo de Biografía. O nome de nacemento non debería estar no modelo de Bio, e o nome completo, que quizais si podería, non fun capaz de asignalo a ningunha propiedade distinta da errónea P1477. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de maio de 2021 ás 07:12 (UTC)Responder
User:Xabier Cid: as mudanzas no modelo deben quedar reflectidas, tamén, na documentación do modelo: Modelo:Biografía/uso. --. HombreDHojalata.conversa 9 de maio de 2021 ás 09:30 (UTC)Responder
Moitas grazas, HombreDHojalata. Ao final María Zaos tivo unha mellor idea para solucionalo, así que xa non vou documentar o cambio. Anoto de todos os xeitos isto en tarefas pendentes. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de maio de 2021 ás 21:18 (UTC)Responder
Restaurei o modelo @HombreDHojalata. De momento a solución segue a ser o uso do campo local en Galipedia, por iso non sei ata que punto é necesario documentalo. Estou estudando os modelos da ca.wiki, onde teñen un campo que fai unha mistura de nome máis usado, nome completo e nome de nacemento. Pero en xeral hai que darlle unha volta global ós modelos e os módulos para que poidan recoller o cambios que permiten discriminar os rangos preferentes en Wikidata. Saúdos Maria zaos (conversa) 9 de maio de 2021 ás 21:26 (UTC)Responder
@Xabier Cid casei o nome de nacemento coa propiedade correcta no modelo Biografía/probas. Máis datos acó. Saúdos Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2022 ás 18:54 (UTC)Responder

Estética do modelo editar

@Maria zaos: o modelo non queda ben esteticamente. Antes de facer mudanzas en modelos moi empregados hai que facer moitas probas e estar moi seguro. --. HombreDHojalata.conversa 10 de novembro de 2021 ás 21:24 (UTC)Responder

Concordo. A mudanza respondeu a unha necesidade indicada aló polo 19 de xullo de 2018, como podes ver no fío Data e lugar de nacemento outra vez. Fíxeno antes en probas e non xera problemas técnicos de ningún tipo.Vexo que solucionar cousas pendentes de hai anos non gusta. Bueno, existe o botón desfacer. Nesa mesma conversa abro o tema a participación precisamente polo mesmo que comentas. Por favor, sigamos nese fío, @HombreDHojalata Maria zaos (conversa) 14 de novembro de 2021 ás 23:03 (UTC)Responder

Premios editar

É posible que na sección "premios", que toma a información de d:P166, se indique a data de concesión? Por exemplo: Darío Xohán Cabana recibiu dúas veces o Premio Xerais, e no seu artigo o modelo:biografía pon "Premios: Premio Xerais e Premio Xerais". Sería viable que puxese de forma automática "Premios: Premio Xerais (1989) e Premio Xerais (1994)"?

Mil grazas pola axuda. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de febreiro de 2024 ás 10:19 (UTC)Responder

Seguimento do uso dos parámetros editar

Instalei a ferramenta de rastrexo para detectar o uso de parámetros. NON AFECTA o funcionamento do modelo. Se hai algún impacto, pode reverter o cambio sen problemas. Grazas, Amadalvarez (conversa) 5 de abril de 2024 ás 17:34 (UTC)Responder

Tenencias nas biografías de nobreza editar

Boas @Amadalvarez, ando a traballar en artigos de nobreza medieval (por exemplo Lucidio Vimaraniz), na que o parámetro "tenente" dunha "tenencia feudal" podería ser interesante. Normalmente estas tenencias veñen documentadas nas fontes medievais. A maneira na que estou intentando aplicalo é en "cargo ocupado"-"tenente"-"propietario"-"nome da localidade" pero non aparece representado no modelo. Non sei se hai unha maneira de facer isto ben e fácil ou se é preciso facer cambios no modelo... Grazas de antemán! Saúdos! O Breixo (conversa) 15 de abril de 2024 ás 19:42 (UTC)Responder

Ola, @O Breixo. (respondo en castellano para ir mas rápido. Dsiculpa).
  • Tienes un caso desarrollado con los modelos antiguos ? Para poder ver como salia antes.
  • En general, los Cargo ocupado (P39) contienen posiciones nobiliarias o polítiques sucesorias.
  • El nombre del cargo deberia tener una entrada en WD, permitiendo que todos los miembros de la serie sucesoria usen la misma y así poder -más adelante- otros usos más sofisticados que las infocaixas.
  • Una fórmula alternativa menos recomendables, pero útil si solo hay un par de personas con ese cargo, passaria por poner el genèric del cargo a la P39 (p.ej. "Conde") y añadirle el territorio o jurisdicción, feudo, etc. como un qualificador Organización dirixida por este cargo (P2389).
Si te suena a chino, no te preocupes. Cuando tenga un ejemplo completo para entender como ha de funcionar, ya verás que és fàcil. Amadalvarez (conversa) 15 de abril de 2024 ás 20:03 (UTC)Responder
O problema cando fago isto é que aparece todo no título. Por exemplo: quero poñer que Manuel foi "tenente" de Lugo e Santiago, de maneira que no título poña "Tenencias" e abaixo as tenencias que tivo: Lugo e Santiago. Agora, se fago con "organización dirixida por este cargo" aparéceme no título "Tenente Lugo, Santiago" todo xunto e abaixo nada.
Agora ben, a miña dúbida e se poñelo en "cargo ocupado" ou se facelo doutra maneira... quizais dentro de "actividade" ou non sei.. O Breixo (conversa) 15 de abril de 2024 ás 20:16 (UTC)Responder
Podes ver Lucidio Vimaraniz como exemplo, acabo de poñelo desta maneira. O Breixo (conversa) 15 de abril de 2024 ás 20:18 (UTC)Responder
Visto. Si és un cargo o título nobiliario, lo correcto és que salga en la cabecera: era el "Tinente de Lugo", entre unas fechas y con un antecesor y un sucesor. El formato que tu dices coincide con lo que hace la infocaixa: pone la lista de cargos, pero no són de una línea, sino que tiene una caixa para cada cargo, porquè está pensado para mostrar la información relativa al cargo ocupado.
Hay otra posibilidad que és informarlo como Título (P97). El concepto és similar pero no utiliza una caixa, sino una línia por título.
Mira el caso de Xaime I de Aragón. Los títulos que són hereditarios aparecen como cargos. Más abajo se muestran una lista de "Títulos" que són similares, però que en su caso no eran dinàsticos, sino conseguido (o otorgado) temporalmente. Encaja más ?. Amadalvarez (conversa) 15 de abril de 2024 ás 21:32 (UTC)Responder
Vale perfecto, penso que así xa me apaño. Graciñas! O Breixo (conversa) 16 de abril de 2024 ás 08:26 (UTC)Responder
Volver á páxina "Antiga Biografía".