Eva García de la Torre

avogada e política española

Eva García de la Torre, nada en Sevilla en 1962 e finada en Vigo o 27 de xaneiro de 2022[1], foi unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaEva García de la Torre

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Alcaldesa do Porriño
2015 – decembro de 2021
← Nelson Santos Argibay Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Exerceu como avogada no Porriño. Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira do Porriño polo PSdeG-PSOE ó sela número 2 da candidatura encabezada por Iván Vaqueiro Grandín. Nas eleccións xerais de 2011 foi a número 4 do PSOE ao Congreso pola provincia de Pontevedra[2] sen resultar electa. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa co apoio de UDDL, BNG e EU-Son[3], gobernando en coalición con UDDL ata a súa expulsión en febreiro de 2019. Os comicios de 2019 viron unha repetición dos resultados, cunha vitoria do Partido Popular insuficiente e un acordo de goberno de todos os demais partidos para formaren goberno, polo que Eva García seguiu a ser a alcaldesa, nesta ocasión formando goberno co BNG.

Porén, a finais de 2021 a situación política do concello do Porriño estaba moi deteriorada. A perda de confianza dos seus socios de investidura de EU-Son e os ruxerruxes dunha moción de censura de esquerdistas e conservadores levaron a García de la Torre a presentar a súa dimisión no mes de novembro[4]. Finou dun infarto dous meses despois[5].


Predecesor:
Nelson Santos Argibay
  
Alcaldesa do Porriño
 
2015 - 2021
Sucesor:
Alejandro Lorenzo Alonso

Vida persoal editar

Unha das razóns que sinalou como causantes do seu constante sinalamento como alcaldesa foi a súa orientación sexual[4].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar