LGBT
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
LGBT ou LGTB é a sigla composta polas iniciáis das palabras Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans (transxénero, transexuais e travestís). Agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a esas catro palabras, así como ás comunidades formadas por elas. A expresión tivo a súa orixe na lingua inglesa nos anos noventa, mais estas iniciais coinciden en varias falas, entre elas a galega. O termo é o resultado dunha evolución na que se lle foron engadindo letras co fin de incluír a diversas comunidades discriminadas pola súa identidade sexual. Nun principio, empregábase a expresión «homosexual» ou «gai», mais algunhas organizacións de persoas bisexuais e lesbianas cuestionárona como insuficiente, dando paso á creación da sigla «LGB». Logo de que as persoas transexuais fixeran unha crítica semellante, engadíuselle a letra «T», creando así o termo «LGBT». A orde das letras pode variar segundo o uso de cada comunidade ou de cada país.

Nos últimos anos xurdiron novas ampliacións da sigla co fin de incluír a outras comunidades, como ás persoas intersexuais (LGBTI), queer (LGBTQ) ou asexuais (LGBTA), entre outras.[1] Tamén as comunidades de persoas transexuais e transxénero sostiveron que non corresponde fusionalas nunha soa letra, escribindo a sigla con dobre «T» (LGBTT). Esta tendencia a adicionar letras para incluír novas comunidades e disidencias, deu lugar ao emprego do signo «+» a continuación da sigla (LGBT+).
Significado dos termos Editar
Cada termo da sigla refírese a un grupo específico: lesbianas (mulleres homosexuais), gais (homes homosexuais), bisexuais (persoas senten atraídas por persoas de ambos os dous sexos indistintamente) e transexuais (persoas que senten pertencer ao sexo oposto ao que naceron).
Notas Editar
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LGBT |