Eugenia Pereira Rodríguez

farmacéutica galega

Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895[1] e finada en Barcelona o 27 de xaneiro de 1984,[2] foi unha farmacéutica galega, a primeira muller galega que obtivo a licenciatura de Farmacia de acordo coa Lei de 1910.[3] Anteriormente, Manuela Barreiro Pico obtivera dita licenciatura grazas a un permiso.[4]

Infotaula de personaEugenia Pereira Rodríguez
Biografía
Nacemento3 de abril de 1895 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa nai, Purificación Rodríguez, era comerciante. Non foi recoñecida polo seu pai, César Pereira Munín, avogado e notario, e fillo tamén dun notario, até o ano 1913. Estudou tres anos por libre no Instituto provincial de Ourense, hoxe Instituto Otero Pedrayo.[5] Conseguiu sortear a oposición do seu pai e continuar os estudos na universidade UFC.

Inscribiuse en Farmacia en 1917 na Universidade de Santiago de Compostela combinando a opción libre e oficial e licenciouse en 1922-1923.[5][6] En 1920 tamén realizou na Facultade de Medicina a especialidade de hixienista[Cómpre referencia]. Doutorouse en Química pola Universidade Central de Madrid, e pouco despois en Farmacia. Segundo consta no seu expediente universitario, presentou a memoria Aplicación del Cloro en la depuración bacteriológica de las aguas potables de Madrid na Sociedad Española de Higiene.[6] Foi a primeira galega que formou parte da Sociedade Española de Física e Química, en 1922.[7]

en 1924, foi a primeira licenciada galega en conseguir unha bolsa de estudos da Junta de Ampliación de Estudos a través da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela para ampliar os seus coñecementos en enoloxía en 1923, viaxando a École Chimie en Bordeos,[1] Francia, e tamén conseguiu outra que lle permitiu traballar no Instituto Pasteur de París.[2]

En 1927[8] obtivo a praza de xefa do laboratorio químico da aduana de Barcelona,[9] á que se presentara con vistas á futura creación dunha praza en Vigo. Alí monta o seu propio laboratorio,[10] que inicialmente chamouse Pemur e logo Pereira, situado en Castelldefels.[11] Eugenia rexistrou a seu nome varias patentes[12] relacionadas coa fabricación de pasta dentífrica. Deste laboratorio saíron moitos produtos, entre eles a pasta dentífrica Pemur, o Fluident,[1] lapis de beizos, tratamentos para o calzado, preparados de pólvora, como o Soldent[13] e medicamentos para a muller, como as pílulas circasianas.[11] O primeiro deterxente líquido que se vendeu en España saíu deste laboratorio.[2]

Casou con Manuel Castells e tivo dúas fillas, María Eugenia e Aurora.[14] Maria Eugenia Castells Pereira foi premio extraordinario de licenciatura en Farmacia[15] e en xuño de 2013 figuraba o seu nomeamento como presidenta dunha SICAV.[16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Macho Stadler, Marta (23 de marzo de 2021). "Eugenia Pereira Rodríguez, una orensana pionera en farmacia". mujeresconciencia.com (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rodríguez Villar, Alejandra Juno (2012). "Eugenia Pereira Rodriguez". En Iglesias, Isabel. Proxecto de investigación e recuperación da memoria histórica das empresarias na provincia de A Coruña. FEDACEPE. ISBN 978-84-9812-165-0. 
  3. Brasa Arias, Beatriz (2011). La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971) [tese de doutoramento]. p. 100. 
  4. "Pioneiras de Ciencias de Lugo | Colectivo Egeria". colectivoegeria.org. Consultado o 2022-01-09. 
  5. 5,0 5,1 Cid Galante, Rosa María (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria". Minius (XII): 73–102. 
  6. 6,0 6,1 Universidade de Santiago de Compostela. Arquivo Histórico Universitario. Expedientes personales, Leg. 1.044, Exp. 16
  7. Gurriarán (2011)
  8. "Nombramientos". La Vanguardia (en castelán). 10/2/1927. 
  9. Cid Galante, Rosa María. "Eugenia Pereira Rodríguez". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 10/3/2018. 
  10. "″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″". Praza Pública. 2021-06-01. Consultado o 2021-06-01. 
  11. 11,0 11,1 "Píldoras circasianas, Laboratorio Pereira (Casteldefells)". Pharmakoteka: base de dades de medicaments antis. 
  12. ES0144204 A3 (16.02.1939); ES0144205 A1 (16.04.1942)
  13. "Soldent, laboratorio Pemur". Pharmakoteka: base de dades de medicaments antics. 
  14. "Necrolóxica: Eugenia Pereira Rodríguez". La Vanguardia. 28/1/1984. p. 18. 
  15. "Solemne apertura del curso académico en la Universidad". La Vanguardia Española. 6/10/1956. 
  16. "Sociedades de Inversión". Comision Nacional del Mercado de Valores. Consultado o 15/3/2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar