Aquarium Finisterrae

acuario da cidade da Coruña, (Galicia, España)
Artigos bos
Este artigo é actualmente un candidato a artigo bo. Un artigo bo debe servir como exemplo para a gran maioría dos artigos da Galipedia, e, polo tanto, agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, deixa comentarios na votación.

Coordenadas: 43°23′1.04″N 8°24′34.66″O / 43.3836222, -8.4096278

O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes, é un centro interactivo situado na cidade da Coruña (Galicia, España) dedicado á divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Ten como obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas cara ao medio mariño, así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña.

Aquarium Finisterrae
Entrada del Aquarium Finisterrae.jpg
Porta, Aquarium Finisterrae, A Coruña
PaísGaliza
CidadeA Coruña
TipoMariño, oceánico
Inauguración5 de xuño de 1999
Na rede
https://www.coruna.gal/mc2/gl/aquarium-finisterrae
editar datos en Wikidata ]

Atópase na costa coruñesa, no Paseo Marítimo, entre a Domus e a Torre de Hércules, que se pode ver dende o acuario. As súas piscinas exteriores están conectadas co Océano Atlántico e están deseñadas cun sistema que as fai sensibles ás mareas. Ademais das súas piscinas e acuarios, contén elementos museísticos que ofrecen experiencias interactivas ao público.

Desde a súa apertura en 1999, recibiu máis de 6 millóns de visitantes.[1]

HistoriaEditar

 
Sala Isabel Castelo, con unha exposición de fotografías.

Creado polo Concello da Coruña, con Francisco Vázquez Vázquez como alcalde, foi inaugurado o 5 de xuño de 1999[2][3][4] a partir dun orixinal proxecto museolóxico de Ramón Núñez Centella, que foi o seu primeiro director ata 2008; aínda que no ano 2003 tivo lugar o intento do Director de convertelo en museo nacional,[5] aínda ten carácter municipal, dentro dos Museos Científicos Coruñeses[6] (xunto coa Domus e a Casa das Ciencias). O seu obxectivo é a educación sobre o mar, prestando especial atención aos ecosistemas do litoral galego. O seu Director Técnico foi Francisco Franco del Amo ata a súa morte en 2021.[7][8]

A localización do acuario na costa permitiu que estea exposto a algunhas das tormentas que azotaron a cidade.[9]

Tras o accidente do petroleiro monocasco Prestige o 13 de novembro de 2002, produciuse unha marea negra que afectou ao Aquarium Finisterrae, que saca auga para a maioría dos seus depósitos directamente do mar, o que afectou ás focas, que comezaron a quedar fóra da auga máis tempo do habitual.[10] Co fin de evitar futuras entradas de hidrocarburos (debido á frecuencia de accidentes deste tipo nas costas galegas), e tendo en conta que estes contaminantes afectan principalmente á superficie oceánica, construíuse un novo túnel de captación de auga a 17 metros de profundidade.[11]

A pandemia de COVID-19 paralizou moitas das actividades do museo, que deixou temporalmente de recibir centros educativos, algo que se retomou en 2021.[12]

ProxectosEditar

 
Zona de Gran Volume na Sala Maremagnum.

O acuario levou a cabo varios proxectos de investigación, como os que propiciaron a cría por primeira vez en catividade de pescada europea (Merluccius merluccius),[13] sanmartiños (Zeus faber)[14] e polbo común (Octopus vulgaris).[15] Outras especies que criaron son percebes,[16] sepias (Sepia officinalis)[17] ou cabaliños de mar.[18]

Periódicamente realizaron actividades divulgativas como a preparación e administración de alimentos para as focas,[19] e outras dirixidas á infancia, como Durmindo cos tiburóns.[20][21]

Outras actividades realizadas no acuario foron:

  • Sesións de teatro.[22]
  • Obradoiros de ciencia, con motivo da IV Edición da Feira Isabel Zendal.[23]
  • Sesións de observación astronómica (na terraza exterior).[24]

Sala MaremagnumEditar

 
Sala Humboldt, con unha das exposicións temporais.

Alberga máis de 300 especies atlánticas,[25] é unha sala de exposicións interactivas sobre o Océano Atlántico. Cada un dos módulos leva por título unha pregunta escollida polos lectores do xornal La Voz de Galicia antes da inauguración do acuario.

Entre os módulos interactivos, destaca a Charca das Caricias, onde os visitantes poden tocar algúns animais mariños como estrelamares ou ourizos de mar. Tamén hai módulos dedicados aos nós mariños, aos cheiros dalgunhas especies mariñas, ao canto dalgunhas aves ou ao coñecemento da cantidade de auga que pode conter unha esponxa.

Outra é a OceanoSfera, unha pantalla esférica rodeada de pequenas bancadas (en semiescuridade), que poden mostrar algunhas películas, e diferentes mapas, tal e como serían vistos desde o espazo exterior..[26]

Tamén hai varios módulos non interactivos na sala, como o tanque de medusas, a pequena exposición de fósiles mariños ou o acuario de cabalos de mar. Na entrada da sala destaca o depósito cilíndrico de 10.000 litros, dedicado á presentación dunha temática concreta, como a lamprea (Petromyzon marinus)[27] ou o choco (Sepia officinalis). Nun extremo da sala, detrás das bancadas de gran volume, está o módulo de augas profundas, reaberto en 2022.[28]

Os 5 acuarios de gran volume están separados por bancadas do resto da sala, e cada un deles representa un ecosistema diferente da costa galega, dende o acantilado ata a plataforma continental. Inclúen, entre outros: moreas, tiburóns, raias, robalizas, escarapotes e sanmartiños.

Sala HumboldtEditar

Esta sala está dedicada a exposicións temporais que cambian cada varios anos:[29] O Mar Caribe (2000); Cabaliños de mar (2002); Con pés e cabeza (2004);[30] Fabricantes de perlas (2006);[31] Farmacuáticos. A botica do mar (2008);[32][33] Muuultiplicádevos (2014);[34]e Sexo azul (desde 2018).[35][36]

Sala NautilusEditar

 
Entrada da Sala Nautilus.

Decorado ao estilo do gabinete do capitán Nemo no submarino Nautilus, é unha sala de observación inmersa nunha gran piscina de 4,4 millóns de litros, onde nadan os peixes máis grandes do Atlántico. Entre eles destaca Gastón, un tiburón touro macho de 2,5 m de lonxitude e 120 kg de peso, que procedía do acuario Oceanópolis de Brest (Francia).

Quizais o animal máis difícil de ver no acuario sexa un peixe anxo dun metro e medio de lonxitude que adoita descansar detrás das rochas e só se deixa ver ocasionalmente, fundíndose co fondo.

Tamén hai varios exemplares de musola (outros tiburóns), ademais de bancos de xarda ou dourada, numerosos rodaballos e ollomois, por poñer só algúns exemplos.

Periódicamente, sincronizada coa música composta expresamente para esta sala por Luis Delgado, ilumínase a zona central que alberga diversos obxectos relacionados co mar, desde un corno de narval ata restos de galeóns afundidos.

ExterioresEditar

 
Piscinas exteriores.

Na terraza exterior expóñense diversas artes de pesca, a cabina do pesqueiro María del Carmen, e a áncora do petroleiro Aegean Sea,[37] que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra.

Desde alí pódese acceder ao Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar, onde se atopan os 3 machos de Phoca vitulina: Altair, Gregor e Hansi. Mirándoo dende o edificio do acuario, á esquerda hai un Xardín Botánico que recolle a maioría das especies presentes na costa galega.

No Piscinarium hai 9 femias da mesma especie de foca: Bine, Deneb, Lara, Paula, Petra, Vega, Antía, Sabela e Lucía.

Sala Isabel CasteloEditar

Situado na entrada do acuario, está dedicado á exposición de fotografías, ás veces da natureza,[38] como Wildlife Photographer of the Year,[39] ou de xornalismo, como World Press Photo.[40]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. L., R. (8 de febreiro de 2022). "El Aquarium Finisterrae acoge a su visitante número seis millones". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  2. Peteiro, Loreto (5 de xuño de 2019). "Aquarium Finisterrae: 20 años de historia, cientos de anécdotas". Quincemil - El Español (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  3. Méndez, Mila (18 de setembro de 2019). "Aquarium Finisterrae: 20 años de viaje submarino en A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. El espacio que proyectó el divulgador Ramón Núñez y se ejecutó durante el mandato del exalcalde socialista Francisco Vázquez (...) 
  4. Pardo, Alicia (1 de xuño de 2019). "Dos décadas en el mundo oculto de los peces". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  5. Pardo, Alicia (8 de febreiro de 2003). "El Ayuntamiento intentará convertir el Acuario en museo nacional". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  6. "Museos Científicos Coruñeses". Web oficial dos MC2. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  7. EC (29 de setembro de 2021). "Aquarium Finisterrae: 20 años de viaje submarino en A Coruña". El Confidencial (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  8. "Fallece el biólogo Paco Franco del Amo, director técnico del Aquarium de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de setembro de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  9. A.P., N. (4 de marzo de 2014). "El temporal destroza el mirador de la cafetería del Aquarium". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  10. Pousa, Luis (19 de novembro de 2002). "Las seis focas de la Casa de los Peces fueron las primeras en detectar el fuel". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  11. Pousa, Luis; Ventureira, Rubén (7 de febreiro de 2003). "La Fundación Arao financiará el nuevo sistema de captación de agua del Acuario". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. (...) un túnel de 200 metros de largo y 1,20 metros de diámetro que tomará agua a 17 metros de profundidad, a salvo de la contaminación. 
  12. "Los Museos Científicos coruñeses reabren sus puertas a los grupos de centros educativos". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de outubro de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  13. Ruiz de Elvira, Malen (5 de decembro de 2007). "Merluzas en un acuario". El País (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  14. Nebreda, Marcos (5 de outubro de 2011). "Los primeros 'sanmartiños' del mundo nacidos en cautividad". El Mundo (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  15. "El Aquarium Finisterrae exhibe por primera vez pulpos criados en cautividad". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 7 de decembro de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  16. "La cría de larvas de percebe repoblará zonas esquilmadas". El Correo Gallego (en castelán) (A Coruña). 9 de marzo de 2007. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  17. Kappa Piscium (7 de setembro de 2012). "El Aquarium Finisterrae presenta el ciclo biológico completo de una sepia". Oceanógrafos's Blog (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  18. Operación salvar al caballito de mar (Público TV) (en castelán). A Coruña. 18 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  19. "Regresa al Aquarium la actividad 'aventura con las focas'". La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). 21 de decembro de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  20. "Todos sueñan con los tiburones". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 2 de abril de 2007. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  21. Mosquera, Marcos (5 de xaneiro de 2018). "Dormir dentro de una pecera". La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  22. "El Aquarium programa un espectáculo de teatro en gallego". La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). 29 de outubro de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  23. "La ciencia toma el Aquarium Finisterrae en la cuarta edición de la feria Isabel Zendal". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 28 de novembro de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  24. "El Planetario y el Aquarium Finisterrae lanzan actividades de homenaje a Rosalía". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 21 de febreiro de 2022. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  25. "El Aquarium Finisterrae estrena una guía sobre las especies que lo habitan". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 9 de outubro de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2022. De las más de 300 especies que habitan el museo científico, esta nueva publicación recoge información sobre 124 de ellas entre algas, plantas, invertebrados, peces y mamíferos 
  26. Nebreda, Marcos (17 de decembro de 2010). "OceanoSfera, la Tierra a través del tiempo y el espacio". El Mundo (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  27. Ventureira, Rubén (27 de xaneiro de 2007). "El Acuario recreará el ecosistema del río Miño en un tanque para lampreas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. Una piscina con 10.000 litros de agua acogerá a estos peces en la sala Maremagnum. 
  28. "El Aquarium Finisterrae exhibe especies de aguas profundas". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 27 de xaneiro de 2007. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  29. Franco del Amo, Paco (9 de febreiro de 2012). "Así arrancó la Casa de los Peces". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. El mar Caribe (2000) fue la primera. La siguieron Caballitos de mar (2002), que fue una de las más populares, Con pies y cabeza (2004), Fabricantes de perlas (2006), Farmacuáticos. La botica del mar (2008), Muuultiplicaos (2014) y la actual Sexo azul (2018). 
  30. Fraguas, Antonio (20 de xuño de 2004). "Sorprendentes cefalópodos en A Coruña". El País (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  31. "Una exposición de perlas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 29 de xuño de 2006. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  32. "El Acuario inaugura una exposición sobre la importancia del mar como recurso biosanitario" (en castelán). A Coruña. 5 de xullo de 2008. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  33. "El Acuario de La Coruña amplía su colección biológica con una veintena de ctenóforos". Europa Press (en castelán) (A Coruña). 7 de setembro de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  34. "La acuicultura llega al Aquarium". La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). 19 de marzo de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  35. P.Q., A. (7 de setembro de 2012). "El Aquarium inaugura la exposición 'Sexo Azul'". La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  36. Franco del Amo, Francisco J. (23 de xaneiro de 2019). "O milagre da propagación da vida mariña en «Sexo azul»". La Voz de Galicia (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  37. V., M. (8 de novembro de 2016). "Defensa subasta la extracción de restos del 'Mar Egeo' y el 'Casón' tras más de 20 años". La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). Consultado o 31 de xullo de 2022. Un ancla del Mar Egeo se instaló en 2000 en el Aquarium Finisterrae 
  38. "Las mejores fotos de la naturaleza". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 31 de xaneiro de 2007. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  39. "'Wildlife', en el Aquarium Finisterrae". El Correo Gallego (en castelán) (A Coruña). 13 de xuño de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  40. "El World Press Photo lleva hasta A Coruña las mejores imágenes del fotoperiodismo mundial". El Correo Gallego (en castelán) (A Coruña). 29 de abril de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2022. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar