Estrelamar
A estrelamar,[1] tamén chamada cercella[2] ou gradicela,[3] é un animal equinodermo que ten polo xeral cinco brazos a partir dun centro con simetría pentarradial. Enuméranse polo menos 1.600 especies repartidas en máis de trinta familias en todos os océanos. As estrelamares non teñen esqueleto e desprázanse mediante pseudópodos. Contan con pequenos tubos na cara ventral, presentes igualmente nos ourizos do mar, que poden proxectar auga e que serven para a locomoción e a alimentación.
Denomínase tamén rañacú, pola súa áspera superficie.
Co nome de estrelamar tamén se denominan dúas plantas:
- Plantago coronopus, acianos, estrela de mar, herba estrela (pola súa forma estrelada).
- Teesdalia nudicaulis
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estrelamar.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cercella.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gradicela.