Escarapote
Escarapote Scorpaena scrofa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Scorpaena scrofa Linnaeus, 1758[1] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O escarapote, aínda que tamén reciben este nome outras especies do mesmo xénero, ou bispo,[2] Scorpaena scrofa é un peixe da familia dos escorpénidos de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case os 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5–2 kg. Normalmente atópase a profundidades desde os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.
Características
editarDurante o día permanecen aletargados en fendas rochosas, e pola noite saen dos seus agochos para buscar comida, quedan inmóbiles e grazas á súa camuflaxe conseguen capturar pequenos peixes e crustáceos. A súa pel cóbrese de algas e aproximadamente cada dúas semanas realizan unha muda da mesma.
Nome común
editarCoñecido normalmente por escarapote, en castelán denomínase escorpena ou rascacio (hai varias especies do xénero Scorpaena). En Cataluña chámase escórpora e no Cantábrico como cabracho, sendo tamén coñecido en Asturias como tiñosu. En Baleares chámase cap roig e en Murcia como gallina. No País Vasco coñécese como itsaskabra (cabra de mar en éuscaro). Nas Canarias coñécese como cantarero.
Usos
editarEn culinaria é un peixe moi valorado, de altísima calidade. En Cataluña prepárase cocido con patacas, nun famoso prato que se coñece co nome de suquet de peix.
É común facer un pastel deste peixe, coñecido como pastel de escarapote.
Notas
editar- ↑ Nicolas Bailly (2011). Nicolas Bailly, ed. "Scorpaena scrofa Linnaeus, 1758". FishBase. World Register of Marine Species. Consultado o 5 de outubro de 2011.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bispo.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Scorpaenidae |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Escarapote |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escarapote |