Pierre Joseph Bonnaterre

naturalista (1752–1804)

O abade Pierre-Joseph Bonnaterre, nado contra 1752 en Saint-Geniez-d'Olt (no actual departamento de Aveyron, Mediodía-Pireneos, Francia) e finado na mesma vila o 20 de setembro de 1804, foi un naturalista francés.

Infotaula de personaPierre Joseph Bonnaterre
Biografía
Nacemento1752 Editar o valor em Wikidata
Aveyron, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 1804 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Saint-Geniez-d'Olt, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCetologista (pt) Traducir , naturalista , botánico , zoólogo , ornitólogo , entomólogo , ictiólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBonnaterre Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bonnaterre entrou no seminario de Rodez en 1772 e foi ordenado como presbítero o 22 de febreiro de 1779.

Exerceu como cura na Rouergue (antiga provincia do mediodía francés que se corresponde aproximadamente co actual departamento do Aveyron), e ensinou historia natural en Rodez.

Foi un dos primeiros naturalistas franceses en romper coa escola de Buffon para adoptar o sistema linnenano. Participou na parte ornitolóxica (1790-1792) e ictiolóxica da enciclopedia tituada Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature.

Bonnaterre contribuíu aos estudos dos mamíferos (e en especial, dos cetáceos), aves, réptiles, anfibios, peixes e insectos.

Tamén se recorda como o primeiro científico que estudou o neno salvaxe Victor de Aveyron (cuxa vida inspirou a François Truffaut no seu filme L'Enfant sauvage.

Bonnaterre identificou preto de 25 novas especies de peixes, e dotou á súa enciclopédica obra con preto de 400 ilustracións.

Algunhas publicacións editar

  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, dix-huitième partie, insectes. Agasse, París 1797.
  • Recueil de médecine vétérinaire ou Collection de mémoires d'instructions et de recettes sur les maladies des animaux domestiques.
  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie, Ophiologie, Erpétologie. Padoue 1795.
  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ophiologie. Panckoucke, París 1790.
  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ornithologie. Panckoucke, París 1790/91.
  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie. Panckoucke, París 1789.
  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Erpétologie. Panckoucke, París 1789/90.
  • Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ichthyologie. Panckoucke, París 1788.[1]

Abreviatura editar

A abreviatura Bonnaterre emprégase para indicar a Pierre Joseph Bonnaterre como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Walters, Micahel (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0

Ligazóns externas editar