Robaliza
A robaliza (Dicentrarchus labrax) é un peixe perciforme da familia dos Moronidae, con aletas con radios espiñosos, moi apreciados entre os pescadores polo seu exquisito sabor. Chega a medir 100 cm de lonxitude e o exemplar grande denomínase robalo.
Robaliza | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Dicentrarchus labrax' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Descrición
editarO corpo é alongado, mide entre 10 e 100 cm de lonxitude; con labios carnosos; no ángulo superior do opérculo hai dúas espiñas curtas. A cor é variante, dende gris escuro no lombo ata chegar a ser branco na parte ventral, aínda que na auga se ve prateado brillante, máis plúmbeo no lombo, con irisacións verde oliva.
Distribución e hábitat
editarA robaliza encóntrase nas costas rochosas dos areais, nas desembocaduras dos ríos e sobre todo nos portos, dársenas, peiraos e diques. Este achegamento á costa adoita ser maior nos meses de calor e menor no inverno. Os exemplares novos viven en bancos e vólvense solitarios cando se fan maiores. A profundidade na que se pode encontrar é de 0 a máis de 50 metros non superando normalmente os 100.
Prefire as augas salgadas, aínda que pode chegar a penetrar en augas doces para buscar alimento ou para criar.
Comportamento
editarA época de postas transcorre entre xaneiro e marzo. É moi voraz, a súa dieta componse de crustáceos, vermes, peixes, ourizos de mar e outros animais mariños, así como de algas.
Cría
editarA súa crianza está estendida en moitos países mediterráneos. Os centros de reprodución producen ovos e larvas a partir de individuos reprodutores en condicións moi controladas. Cada femia pode chegar a poñer ata 250.000 ovos por quilo de peso. A desova é espontánea ou inducida e toda a posta é expulsada en só 2 ou 3 días. Durante o seu primeiro mes de vida aliméntanse de organismos vivos. Ao finalizar este mes comézaselles a destetar, e progresivamente inician unha alimentación a base de pensos secos. As robalizas de entre 2 e 10 g están listas para pasar ás unidades de engorde.
As instalacións de engorde compóñense de gaiolas flotantes no mar, tanques de formigón ou estanques de terra. En todos eles aliméntase as robalizas con pensos fabricados a partir de fariñas e aceite de peixe. Cada robaliza tarda entre 24 e 30 meses en alcanzar 400 g dende que eclosiona do ovo. O talle comercial abrangue dende os 180 g ata máis de 1.500 g, momento no que xa se pode comercializar.
Pesca
editarNa pesca da robaliza ao corricán ou cacea hai dous factores primordiais: os cebos e a velocidade da embarcación, que debe de ser o máis aproximado aos 2 nós. En velocidades superiores dificilmente pican. En canto aos cebos, hoxe existe gran variedade de cebos para pescar a robaliza, dende anguías de vinilo, rapalas, pel de porco, culleriñas etc., pero indubidablemente o mellor cebo é o natural.
Tamén se pode pescar con liña ou con palangre.
Lexislación española
editarO regulamento español de pesca deportiva no mar non ten definida ningunha parada (veda) na pesca da robaliza. Non obstante, o tamaño de captura debe ser superior a 36 cm de lonxitude.
Notas
editar- ↑ Freyhof, J. & Kottelat, M. 2008. Dicentrarchus labrax. In: IUCN 2013. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2013.2. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 15 February 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robaliza |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Robaliza |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Robaliza |
Ligazóns externas
editar- Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.
- Xunta de Galicia, Consellería do Mar, ed. (2013). "ANEXO III: Nome vernáculo, científico e código FAO das especies". Anuario de Pesca 2013 (Informe). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 23 de setembro de 2016.
- Via Rural. Peixes de España (en castelán)